ANTONIO PALACIOS
RÚA ANTONIO PALACIOS
Antonio Palacios Ramilo naceu
en Porriño (Pontevedra) o día 8 de xaneiro de 1876.
Arquitecto.
Fixo os proxectos de importantes e fermosos edificios de Madrid.
Pero para nós, os veciños
de Carballiño, Palacios é o arquitecto da VERACRUZ.
E puido haber sido moito máis, pois houbera sido o Arquitecto de Carballiño
se se houbera levado a cabo o seu proxecto completo que diseñou para
a Veracruz e o seu entorno... Pero o que non foi non foi... Ainda así
a VERACRUZ é unha verdadeira xoia, e Palacios ven merece unha rúa
na nosa Vila.
Morreu en Madrid o 27 de outubro
de 1945.
Pero... ¿Cal é
a rúa Antonio Palacios no Carballiño?
A pregunta ten máis dificultade da que a simple vista podería
parecer....
Probai a buscala en internet... e veredes que aparece no buscador... pero logo
cando a queredes ver nos mapas ... xa non aparece... Un misterio...
Lóxicamente a rúa
ANTONIO PALACIOS ten que estar cerca da Veracruz. Nesto non hai fallo.
Pero cando miramos nos mapas resulta que o buscador nos leva a un punto no que
aparece o nome da PRAZA DE SAN RAMÓN... e o nome de ANTONIO PALACIOS
non aparece...
¿Entón?
Eu creo que a rúa ANTONIO PALACIOS é a que vai dende a rúa
Curros Enriquez ata a rúa Evaristo Vaamonde, atravesando a que coñecemos
como Praza da Veracruz (que este nome é mais popular que oficial). No
seu primeiro tramo é realmente unha praza e coñécese polo
nome de PRAZA DE SAN RAMÓN. E logo o resto da rúa estivo a piques
de desaparecer absorvida pola propia Praza da Veracruz... De feito quedou como
unha rúa case sen tráfico de coches...
Creo que Palacios está
contento, pois seguramente lle gusta máis que esa rúa quede peonil...
ou que incluso desapareza e quede absorvida pola Praza da Veracruz... antes
de que se convirta nunha rúa ateigada de coches, fumes e contaminación...
Palacios estará mais contento ainda que perda a oportunidade de darlle
nome a unha rúa...
Arredor da Veracruz... Palacios
seguramente quererá mellor a fermosura dunha rúa sen nome para
que xogen os nenos... ca unha rúa co seu nome para que pasen camións...
¿Ou non?
Por outra parte, a rúa Antonio Palacios ten 135 metros de largo, se contamos
dende Evaristo Vaamonde ata a Praza de San Ramón... e se contamos ata
a rúa Curros Enriquez entón serían 180 metros de largo...
(01-11-2015)
https://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_Palacios