galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

ANDALUCÍA


RÚA ANDALUCÍA

ANDALUCÍA é unha Comunidade Autónoma de España. Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Jaén, Málaga y Sevilla.
Ten unha superficie de 87.268 km²
Conta cunha poboación de 8,402 millóns de habitantes, no ano 2014...
Estamos falando do Sur. A terra do sol, da luz e da festa. Alegría.
Pero... no Carballiño, onde está a Rúa Andalucía... Seguramente a maior parte da xente non o sabe.
Pois ben, é unha rúa que está entre o Parque Municipal do Carballiño e os chalets que hai no parque, paralela á Avenida do Parque, por abaixo, por a parte traseira dos chalets... Ten arredor de 360 metros de lonxitude.
Perpendiculares a ela son as rúas das ILLAS BALEARES e das ILLAS CANARIAS...

 

 

 

COMUNIDADE AUTONOMA DE ANDALUCIA

1.- SITUACION.-

Está no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e co Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela - A Mancha, ao este coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

2.- SUPERFICIE: 87.268 km cadrados.

3.- POBOACION: 7.478.432 habitantes. 85,70 habitantes por km cadrado. Esta poboación aséntase principalmente nas capitais provinciais e nas zonas costeiras. A metade da poboación andaluza concéntrase nas 26 cidades de máis de 50.000 habitantes.

4.- CAPITAL: Sevilla.

5.- DIVISION ADMINISTRATIVA: Oito provincias e 770 municipios. As provincias son:
Almería (565.310 habitantes, 102 municipios)
Cádiz (1.155.724 habitantes, 44 municipios)
Córdoba (775.944 habitantes, 75 municipios)
Granada (828.107 habitantes, 168 municipios)
Huelva (472.446 habitantes, 79 municipios)
Xaén (651.565 habitantes, 97 municipios)
Málaga (1.374.890 habitantes, 100 municipios)
Sevilla (1.782.862 habitantes, 105 municipios)

6.- Xentilicio: andaluz, andaluza.

7.- OUTROS DATOS:

É a segunda Comunidade Autónoma de maior extensión territorial de España por detrás de Castela e León. É a primeira Comunidade Autónoma en canto ó número de habitantes.
Os montes de “Sierra Morena” marcan o límite entre a mesetas castelá e Andalucía. Neles está o “desfiladero de Despeñaperros”.
En Andalucía están tamén as cordais Béticas (Subbética y Penibética). Os lugares máis altos de Andalucía están en Serra Nevada, onde están os puntos máis altos da Península Ibérica: o pico Mulhacén (3478 m.) e o Veleta (3392 m.).
Ten moita importancia o val do Guadalquivir.
En Andalucía predomina o clima mediterráneo, aínda que hai bastante variación dunhas zonas a outras.
Os ríos máis importantes de Andalucía son o Guadiana, o Guadalquivir, o Guadalete, e o Odiel e Tinto.

.

 

(01-11-2015)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador