galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

ALEXANDRE BÓVEDA

RÚA ALEXANDRE BÓVEDA.


A rúa Alexandre Bóveda ten unha lonxitude aproximada duns 430 metros, e vai dende o lugar onde remata a rúa Aquilino Sanchez (debaixo do barrio de Flores) ata enlazar coa rúa Alberto Vilanova.
Non sei se fai tempo se lle chamaba camiño da lechería ou algo así...
Fai poucos anos esta rúa foi ampliada, pavimentada e mellorada.

ALEXANDRE BÓVEDA IGREXAS naceu o 4 de xuño de 1903 en Ourense e morreu na Caeira (Poio, Pontevedra) o día 17 de agosto de 1936, fusilado, nos comenzos da Guerra Civil Española.
Seus páis eran Xoán Bóveda Valcárcel, carpinteiro, e María Luísa Igrexas Sánchez, costureira.
Formou parte como tenor da Coral de Ruada e do Orfeón Unión Ourensá.

Estudióu peritaxe mercantil na Coruña, logo participou nunhas oposicións de Hacienda en Madrid onde sacou o número 1, e veu a traballar para Ourense. Con 23 anos trasladouse a Pontevedra despois de aprobar unha oposición para Xefe de Contabilidade. Alí entrou en contacto con Castelao e con Losada Dieguez, que foron os que o iniciaron nas ideas galeguistas.

Participou na elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia.

No ano 1930 casouse no mosteiro de Poio con Amalia Álvarez Gallego, e tiveron cinco fillos.
No ano 1936 presentouse ás eleccións como candidato polo Frente Popular, na provincia de Ourense.
Pero o 20 de xullo de 1936, tralo comezo da Guerra Civil, foi detido, e logo foi xulgado e condenado a morte.

No xuicio manifestou o seu amor a Galicia con estas palabras:
"Mi patria natural es Galicia. La amo fervorosamente, jamás la traicionaría, aunque me concediesen siglos de vida. La adoro más allá de mi propia muerte. Si entiende el tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada la pena de muerte, la recibiré como un sacrificio más por ella. Hice cuanto pude por Galicia y haría más si pudiera. Si no puedo hasta me gustaría morir por mi patria. Bajo su bandera deseo ser enterrado, si el tribunal juzga que debo serlo".

Cando morreu tiña 33 anos (esta idade soame de algo). O seu único delito foi amar a Galicia e intentar defender a liberdade.

Deixou viuda encinta e catro fillos pequerrechos.

Foi galegista, profesor e pensador.

NEGOCIOS QUE EXISTEN NESTA RUA DO CARBALLIÑO: a día de hoxe, 27 de setembro de 2015, NINGÚN. Esta é unha rúa na que non hay nin bares, nin restaurantes, nin outro tipo de negocios; Pola esquerda desta rúa hai prados e algunha casa, e pola dereita alternan os chalets coas hortas con berzas. Estamos xa no remate do casco urbano. Pero é unha zona moi ben orientada, moi soleada.

http://www.manueljabois.com/2009/09/alexandre-boveda-descansa-con-su-amor.html

 

(1-11-2015)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador