ABERTO VILANOVA
RÚA ALBERTO VILANOVA
(Así empecei no facebook de crónicas do carballiño o 22 de setembro de 2015 a miña teima de lles poñer rostro ós nomes das rúas do Carballiño)
RÚAS DO CARBALLIÑO.
Empezamos por orden alfabético. Hoxe Rúa ALBERTO VILANOVA.
¿Quén foi ALBERTO
VILANOVA?
¿Por qué se lle puxo este
nome a unha rúa do Carballiño?
¿Qué anécdotas ou historias sabemos que teñan que
ver con esta Rúa?
¿Qué cousas hai nesta Rúa?
Onde remata a RUA CARREIRA
empeza a RUA ALBERTO VILANOVA. No principio da mesma, no número 2, está
o bar CASABLANCA. E logo un pouco máis abaixo está Mapfre.
A rúa ALBERTO VILANOVA continúa, pasando por diante da urbanización
MUIÑO DO NETO, e logo por diantre do CENTRO DE SAUDE (onde queda á
súa esquerda o poboado de A PENA), e por diante do edificio da Axencia
Estatal da Administración Tributaria... e chega finalmente ó Instituto
número 1, onde remata.
Ten esta rúa unha lonxitude aproximada
duns setecentos sesenta metros.
Pero, ¿quén foi
ALBERTO VILANOVA?
Na wikipedia atopamos un "Alberto
Ramón Vilanova (4 de septiembre de 1942 - 22 de febrero de 2003) fue
un psicólogo, epistemólogo, historiador de la psicología,
filósofo de la ciencia y autor argentino"
Pero non creo que sexa este home o que deu nome á nosa rúa.
Non fai falta ir á Arxentina. Temos outro moito máis cerca.
ALBERTO VILANOVA RODRIGUEZ,
que naceu en Ourense o 5 de xullo de 1910 e morreu tamén en Ourense o
día 13 de maio de 1985.
Foi ensaísta e profesor de Historia, cursou o bacharelato e Maxisterio
en Ourense.
E fixo as carreiras de Dereito e de Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid.
O seu pai chamábase Sergio Vilanova e foi presidente do Colexio de Practicantes.
ALBERTO VILANOVA empezou xa dende moi novo a inicarse como escritor e como político,
pois xa ós 15 anos comenzou a colaborar coa prensa, e ós 16 participou
na fundación da Juventud Repúblicana de Ourense. Logo foi membro
destacado de Acción Republicana.
Nos días da Guerra Civil estivo preso no Mosteiro de Oseira.
Na posguerra traballou como profesor en colexios privados de Ourense e Chantada.
Logo, no ano 1954 foi a dar unha conferencia a Bos Aires (Arxentina) e quedouse
alí ata o ano 1982. Foi alí onde desenrolou gran parte da súa
actividade intelectual. (Resulta que volvemos a parar á Arxentina...
pero por outro camiño)
Gustaríame que me contasedes cousas de ALBERTO VILANOVA e da RUA ALBERTO
VILANOVA...
Destrás desta virán outras ... e podemos ir facendo entre todos
a historia das rúas do Carballiño...
NEGOCIOS QUE HAI NESTA RUA
do Carballiño, a fecha 27 de setembro de 2015: CAFE BAR CASABLANCA; AUTOTRAC
TALLERES VENTA Y REPARACION; CORLAMA XESTIÓN (gestoría); ACADEMIA
OBJETIVO 10; MAPFRE; IL MIO CAFÉ (con un letrero que pone "sse alquila");
ITELGA,SL; e un bar que hai no baixo do edificio que fai esquina entre esta
calle e a calle CAMIÑO TRAS GASOLINERA, do que agora mesmo non sei on
nome.
Nesta rúa tamén está o CENTRO DE SAUDE DO CARBALLIÑO,
O POBOADO DA PENA, O EDIFICIO DA AXENCIA ESTATAL DA ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA,
E O INSTITUTO NUMERO 1 (IES Nº1).
Investigando ... investigando... nesta web acabo de topar a resposta á
miña pregunta. ¿Cal é o Alberto Vilanova ó que adica
a rúa do Carballiño?.
Neste párrafo temos a resposta:
"Segundo explica Nate Borrajo, unha das responsables do web dedicada á memoria de Vilanova, apunta que “malia a que os seus fondos están na biblioteca da Deputación de Ourense, é practicamente descoñecido na cidade. Ten unha rúa no Carballiño pero porque o alcalde coñeceu a súa figura durante unha viaxe a Arxentina”.
Texto tomado desta web:
http://www.albertovilanova.com/Blog/contenido/99/ALBERTOVILANOVAenculturagalegaorg28052011
En internet atopei tamén isto:
http://www.albertovilanova.com/Blog/contenido/1/Biografia