Fotos de Galicia. Pontevedra. Rodeiro. Val de Camba e Casa Camba.
Juan
21/05/2005

página 1 de 2 Siguiente

DSC08266 arando arandovalcamba casacamba casacamba00
DSC08266.jpg         arando.jpg         arandovalcamba.jpg         casacamba.jpg         casacamba00.jpg        
casacamba01 casacamba02 casacamba03 casacamba04 casacamba05
casacamba01.jpg         casacamba02.jpg         casacamba03.jpg         casacamba04.jpg         casacamba05.jpg        
casacamba06 casacambaescudo casacambaescudo1 casacambatorre casaconcellorodeiro
casacamba06.jpg         casacambaescudo.jpg         casacambaescudo1.jpg         casacambatorre.jpg         casaconcellorodeiro.jpg        
rodeiro sanjuancamba sanjuancamba02 sanjuancamba03 sanjuancamba04
rodeiro.jpg         sanjuancamba.jpg         sanjuancamba02.jpg         sanjuancamba03.jpg         sanjuancamba04.jpg        
sanjuancamba05 sanjuandecamba sanjuandecamba01 vacascamba1 valcamba12
sanjuancamba05.jpg         sanjuandecamba.jpg         sanjuandecamba01.jpg         vacascamba1.jpg         valcamba12.jpg        
valcamba13 valcamba3 valdecamba valdecamba1 valdecamba10
valcamba13.jpg         valcamba3.jpg         valdecamba.jpg         valdecamba1.jpg         valdecamba10.jpg        

 

O CONCELLO DE RODEIRO, O VAL DE CAMBA E A CASA FORTALEZA DE CAMBA

(ano 2005)

Datos físicos e de poboación

    Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, que está situado no centro de Galicia. Ten unha superficie de uns 166 kilómetros cadrados e unha poboación de 4.232 habitantes. O concello ten 20 parroquias e 143 aldeas ou lugares.

     O concello de Rodeiro está asentado no Val de Camba e nas ladeiras da Serra do Faro. A altitude das terras deste concello vai dende os quinientos metros ata os mil cento e pico. Pero a maior parte das terras do concello ten unha altitude entre 600 e 700 metros (nesta altitudes atópase o Val de Camba).

     A pel do concello está sulcada por moitos regatos e ríos. Os máis importantes son o Río Arnelo, o Río Rodeiro, o Río Pequeno e o Río Torubelo.

Economía

     Na economía de Rodeiro ten moita importancia o sector primario. A gandería é a actividade máis importante. Hai explotacións de vacas adicadas á producción de leite. Pero tamén hai explotacións adicadas á producción de carne de vacas, porcos, polos, coellos...

     A agricultura é de subsistencia (para consumo propio). Produce patatas, verduras, legumes e cereais (millo, trigo e centeo). Moitas das terras que antes se adicabas á agricultura foron convertidas en pradeiras artificais, para o pasto do gando.

     En canto ó sector industrial hai que destacar o matadoiro de coellos de Cogal, as empresas adicadas á extracción e aserrado de pedra de granito, e as empresas da construcción.

     E falando da economía de Rodeiro non podemos esquecernos das feiras de Río (o día 15 de cada mes) e de Rodeiro (o día 28 de cada mes).

Actividades

     Como actividades de ocio pratícales a caza (coellos, lebres, perdices, paspallás..., e tamén xabaríns, raposos e corzos) e a pesca (troitas, anguías...).

     Outra das actividades que se poden levar a cabo en Rodeiro é o senderismo, pois existen varias rutas que nos amosan a beleza natural deste concello.

Gastronomía

     A gastronomía de Rodeiro está baseada na exaltación dos productos naturais propios da zona como son os queixos, o pan, os embutidos, a caza e as carnes de tenreira. Existe no municipio unha verdadeira tradición na preparación dos coellos. E tamén ten moita sona o cocido de Rodeiro.

     Un producto moi apreciado é o pan de Rodeiro, que ten moita sona e que se vende tamén en outros pobos e vilas de Galicia.

Historia   

     Como testemuñas da prehistoria tópanse en Rodeiro varos castros e case que 90 mámoas (entre estas destaca a do Coto dos Mouros, na parroquia de Salto).

     Da idade media consérvanse fermosas igrexas románicas (Santa Mariña de Pescoso, San Martín de Asperelo, San Xulián de Pedroso...).

     Pero a edade dourada de Rodeiro atópase na alta edade media e coincide co nacemento e dominio da Casa fortaleza de Camba. Esta casa está asentada no centro do Val de Camba e nela vivíu a familia dos Camba que participou nos acontecementos históricos da Galicia feudal. Un dos seus membros, que se chamaba Fernando de Camba, participou na toma de Granada, polo que foi premiado polos Reis Católicos. A Casa Camba é unha casa fortaleza, que ten, entre outras cousas, unha torre. Como anexo á casa a familia Camba construíu no século XII unha capela patrimonial, que ainda existe, e que hoxe é a igrexa parroquial de San Xoan de Camba. Hai un pasadizo entre a casa e a igrexa construído para que os moradores da casa poidesen ir á misa sen ter que sair á rúa e sin mollarse cando chovía.

     Ademáis da Casa fortaleza de Camba, hai outras moitas construccións importantes no concello de Rodeiro, entre as que podemos destacar o Pazo de Trasulfe, na parroquia de Fafián.

Rodeiro, roda, camba

     CAMBA é unha palabra (ó parecer de orixe celta) usada para darlle nome a cada unha das duas pezas curvas de madeira que forman parte da roda dos carros. A palabra "camba" está relacionada coa idea de "curva". Collendo un bo diccionario galego e mirando o significado de palabras que empezan por "camb-", atópanse moitas relativas a cousas curvas. Exemplos: CAMBA: cada unha das pezas curvas que compoñen a roda do carro. CAMBALEAR: non camiñar dereito. CAMBAR: andar torcendo as pernas. CAMBEIRO: dise do que está torto, principalmente as pernas. CAMBELO: que ten as pernas tortas. CAMBRAR: curvar un talo, un vergallo ou unha vara para facer un obxecto.

 

Roda

 

     A Casa de Camba está situada no Val de Camba, unha zona xeográfica na que o terreo vai facendo suaves curvas. E no escudo da casa de Camba atopámos como símbolo principal a roda do carro. E dúas rodas de carro xunguidas por un eixe fan un rodeiro. E Rodeiro é tamén precísamente o nome do concello no que se atopa o Val de Camba. E tamén no escudo de Rodeiro atopamos a roda. A roda, peza curva do carro tradiccional galego, forma parte do escudo de Rodeiro e do escudo da Casa Fortaleza de Camba.

Escudo da Casa Fortaleza de Camba. Nel vemos catro rodas.

Escudo de Rodeiro. Nel tamén vemos unha roda. E as letras dicen: CONCELLO DE CAMBA RODEIRO.

Veleiquí unha foto dun rodeiro vello.

PARROQUIAS E LUGARES DO CONCELLO DE RODEIRO (As parroquias en azúl, e debaixo de cada parroquia os lugares que comprende)

Parroquia: Álceme (Santa María)

Álceme
Campo de Rañestras
Carballo, O
Latiza, A
Paredes
Rañestras

 

Parroquia: Arnego (Santiago)

Casar de Seta
Cuñarro do Cabo
Cuñarro do Medio
Farán
Mourigás
Padín
Toiriz

Parroquia: Camba (San Xoán)

Aboldrón
Ermida, A
Fervenza
Fontelas, As
Lamas
Lamazares
San Xoán de Camba
Vilameá
Vilanova

Parroquia: Carboentes (Santo Estevo)

Agrosagro
Alén
Antas, As
Bardelás
Baroncelle
Barregallos
Carboentes
Castugares
Mariñaos
Mesón de Augalevada
Remesar
Torre de Carboentes, A

Parroquia: Fafián (Santiago)

Aciveiro
Covelos
Fafián
Outeiro
Trasulfe
Vilachá

 

Parroquia: Guillar (Santa María)

Adelán
Arcas
Guillar
Outeiro, O
Torre, A
Vilares, Os

 

Parroquia: Negrelos (San Cibrao)

Barbeitos
Lama de Mena
Negrelos
Penerbosa
Puza
Rubiás
Vilameá

 

Parroquia: Pedroso (San Xiao)

Eirexe, A
Laxas
Pazos
Penela, A
Ponte, A


Parroquia: Portela, A (San Cristovo)

Borrigueiro
Coreixas
Perros
Portasilva
Portela, A
Vilafrío


Parroquia: Río (Santa María)

Barbeitos
Casasoa
Devesa, A
Feira, A
Leboro
Mouriz
Romaces
Veiga, A
Vilar


Parroquia: Riobó (San Miguel)

Aldea de Baixo
Aldea de Riba
Campo do Mato
Vila do Fondo, A


Parroquia: Rodeiro (San Vicente)

Cavada, A
Devesa, A
Eirexa, A
Gaiola, A
Ramos, Os
Rodeiro
Veigas
Vence
Vila, A

 

Parroquia: Salto, O (Santo Estevo)

Alemparte
Antas, As
Calque
Casardixo
Casares
Couto, O
Espasante
Faílde
Granxa, A
Quintás


Parroquia: San Cristovo do Az (San Cristovo)

Areán
Az, O
Cristimil
Mamoelas
Río de Camba
Vilameá
Vilaravide
Vilarmaior
Vistuíde


Parroquia: San Martiño de Asperelo (San Martiño)

Asperelo
Barrio
Caxide
Couso
Ourín
Pereira

 

Parroquia: San Paio de Senra (San Paio)

Pobanzas, As
San Paio
Senra de Baixo
Senra de Riba

 


Parroquia: San Salvador de Camba (San Salvador)

Agrochouso
Fondevila
Fornas
Melide
Parrocha, A
Ponte, A
San Salvador
Toiriz
Xabalde
Xabaldiño


Parroquia: Santa Baia de Camba (Santa Baia)

Barrio
Loureiro
Santa Baia
Soeirexa
Verlás
Vilaxuste


Parroquia: Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña)

Achacán
Cabanas
Corroliño, O
Coto, O
Paredes
Pescoso
Quintá
Saa
Santa Mariña
Suíme

 

Parroquia: Vilela (Santa María)

Bagarelas
Baiuca, A
Cantelle
Saborín
Vilela

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador