|
A fiestra vella. O ceo detrás. A historia agochada entre as pedras vellas e as tellas rotas. O teito caido. Mil historias dormen nas ruinas desta casa. Mil soños. Mil bágoas. Mil bicos. Mil esforzos para por en pé o que agora se vai caendo anónimamente sen que ningén repare na ilusión coa que un día se foi ergendo. Pero o ceo sigue ahí, e o sol tamén, acariciando tódolos pensamentos dos devanceiros. E nada bo morre de todo. Sempre queda un rastro, unha semente que se reproduce, unha foto, un pensamento, unha lembranza, un soño, un anaco de ceo, .... Do ben que facemos sempre ... sempre ... ¡sempre queda algo!!!.