-
28-06-2009: Magnífico
día nas Illas Cíes: onde se xuntan, abrazan e confunden
a Terra, o Mar e o Ceo. Rillamillas bateu todos os seus records: 69 camiñantes
xuntos. E iso que algúns se deron de baixa a última hora
porque pensaban que ía chover... non sabían que, como dixo
Bernardo, "rillamillas sempre trae bo tempo"...
Coma sempre, o noso mellor cronista, deixanos este sabroso relato: "¡Como
sempre! Os metereólogos non dan unha, debesen preguntar a RILLAMILLAS
onde van a pór a súa pegada para adaptar a predición,
e tamén, como sempre, as saídas dos RILLAS saen malladas
(incrible que aínda haxa quen dubide) como sempre, éxito
de asistencia na benvida ao verán e fin da primeira parte da tempada,
como sempre boa elección do destino, como sempre cada un camiñando
ao seu aire, como sempre felices, como sempre algunha queixa, como sempre
a “non organización” funcionando (con axuda de San
Judas) como sempre, moitos dicindo que van a seguir en RILLAMILLAS ¡XA!
Como sempre, cansos pero ledos por pasar un día máis, pero
un gran día e distinto, como sempre…Non ¡Como nunca!
O presi non falou ás multitudes, non agradeceu en público
a asistencia non…Parecía non estar ¡botouse en falla!
Como sempre, viraremos (aínda que non o paréza) o 6 de setembro
cos 25 km. de Carballiño. ¡Como
sempre! saúde". Fotos.
-
14-06-2009: Conta o
cronista: "Comenzouse con serenidade o camiño pois era comodo
e curto, máis unhas pingas de chuvia lembráronnos que ás
veces as rutas pódense complicar, pero só foi un amago e
fixemos cume no monte de Man de Moura con calma e acougo; xa descendido
para a vertente do Maquiáns o asfalto acompañounos ata o
lugar de Vilaverde ao que se accedeu tras cruzar unha fermosa zona de
estrugas, charlouse con algúns veciños máis non souberon
informarnos sobre a cova Man de Moura pero si nos deron explicacións
sobre a rocha do gorila. Seguiuse polo campo de petanca dirixíndonos
para o comezo da ruta dos muíños do Brull-Outeiro, verdadeira
razón ou orixe desta saída RILLAMILLAS, bastante distinto
con respecto ao 2005; por aquel entón dixérase de repetila
en primavera e a verdade que todo esta en plena sazón e floración,
escollemos o mellor domingo para camiñala, Corpus, e camiñamos
sobre unha auténtica alfombra floral, claro que hai flores con
espiñas, que llelo pregunten ao do pantalón curto; non obstante
todo, río, muíños, flores, silvas, ortigas, pole,
árbores caídos, indiana e seu machete, contribuíron
a que o pasásemos MOOOOOI BEN".
-
06-06-2009: 10ª
andaina de Muiños ou do Xurés. Non podía ser menos:
os rillamillas estuvemos alí. E choveu. Vaia se choveu. Tanto que
non nos quedou nin unha soia idea sen lavar. Aproveitamos ben a xornada
de reflexión: mañán toca votar nas eleccións
europeas... Fotos aquí.
-
31 de maio de 2009:
ANDAINA - ROTEIRO SAUDABLE DO CONCELLO DO CARBALLIÑO, pola ruta
dos Arrieiros. Uns 10 Km, lineal,
Fonteantiga - Plaza Maior do Carballiño. Arredor de 150 camiñantes,
dos cales, polo menos 20 eran rillamillas. Sol a barrer. Bo ambiente e
ledicia. E ío final sorteo de premios: tocoulle ó Sr. Francisco,
tocoulle a Manuel... e o primeiro premio tocoulle á Paz!. Que entre
150 dous premios, entre eles o "gordo" lle toquen a un mesmo
matrimonio... é estatisticamente moi dificil... Eu ca vos hoxe
mesmo xogaba á lotería... ¿Que nos conta o cronista
desta pateada?... Veleiquí está: "Pateada
saudable, a saber, segundo as caras poderíase interpretar o que
algún sentía de saudable e de pateada. En xeral estivo aceptable,
o día estupendo, parecía que nunca ía chegar o sol
e chegou cunha morea de calor, ata o Carrás non desprendía
o mal cheiro doutros días e o camiño esta empezando a ser
un carreiro máis real e bonito coa súa vexetación
pletórica recuperando o que lle roubou a zahorra, claro que non
deixa de ser un punto de vista, outros (había unhos 150 pares de
ollos) o verán máis bonito con zahorra, cunetas, pasamáns,
sinais varias… e que o límpe algún organismo oficial.
Polo que atinxe á parte non camiñable houbo que esperar
un pouco dado a escaseza de autobúses pero o final foi redondo
cunha fin de semana en Mondaríz para un par de RILLAMILLAS (merecédelo?
Felicidades) así que ben esta o que ben acaba".
Fotos aquí.
-
30 de maio de 2009:
andaina de ALLARIZ, a andaina das andainas, a Reina, os 50 km de Allaríz,
en 3 etapas, con avituallamentos, con centos de camiñantes, con
historia, con carácter.... A clásica máis clásica
de tódalas clásicas... Varios rillamillas estiveron alí
(Francisco, Bernardo, Gonzalo, Luisa, Angeles...).
-
17-05-2009:
Roteiro saudable do concello de Piñor. Nove rillamillas estivemos
alí. Choveu. E non parou. Camiñamos por corredoiras cheas
de bulleiro. Fermosas corredoiras nas que latexaba moi viva a alma da
Galicia eterna. Fermosos sendeiros, entre balados, paredes e soños
vellos... Respirando aire puro, arrecendo de carballos, e bicos de vellos
dinosaurios... Camiños dos antergos, dos bisabós, camiños
dos de sempre... dos que non se inventan... Valeu a pena. Fotos
-
03-05-2009:
Ruta do día das mamis. Así nolo conta no foro unha delas:
"Será casualidade??
Pateada pola nosa casa...
(tiran as raices).
Maioria sección fiminista. (¿fiminista ou feminina?)
Flores, flores, sendeiros perfumados que nos transportan ó manantial
do que manamos.
Unha camiñada onde se conxuntan as pontes do pasado coas pontes
do presente.Donde as augas de dous ríos se atopan, se funden, se
alean.
Pateada sen esforzos, con tranquilidade, suave, sin riscos...pero con
tenacidade.
Unha cronista en vez dos cronistas.
Unha alineación perfecta de circunstancias que nos guian hacia
un mesmo camiño.
CASUALIDADE!!!!!!
Non será que foi un día especial??
O DIA DAS MAMIS.
E todo isto guiado por FRANCISCO, e seguido
de 14 rillamillas, que o seguiron río arriba".
-
19-04-2009:
Roteiro Horacio. Polo canón do Arnoia. Inventando lembranzas de
camiños mortos fai mil anos. Subindo, escalando, furando coma as
toupas por entre unha maraña de mimosas. Soio para dez rillamillas
selectos. Forzas escollidas. Territorio da lexión. Xuntanza dos
que fixeron a mili alá na dura África. Cando chegamos ó
alto fixemos reconto da xente: dez vivos e ningunha baixa. Entón
adicamonos a imaxinar un castro. Os fosos. As "murallas". As
forxas. Os tesouros. Todo segredamente soterrado. Cuberto polas sombras
escuras do tempo. Pechamos os ollos, e escoitamos o latido lento dos corazóns
de celtas mortos fai dous mil anos. Baixamos logo ó pais dos mil
pozos. E subimos á semiderruida Torre de Sande, logo de pasar por
unha granxa de ovellas onde un rillamillas famento pediu un anaco de pan.
E déronllo. Comemos ó pé da Torre, acariciados polo
mesmo sol que nos cocera en África fai anos, soio que agora aquí
o sol é máis garimoso. Retornamos logo coa morte a costas
e volvemos a pasar polo lameiro da gadaña negra. Chegamos ós
coches... e conducimos cara casa Horacio: o territorio do bo viño,
das boas patacas cocidas, das costelas guisadas, e das conversas longas...
Alí rematou unha andaina de mil anos.
E o cronista díxo: "Soberbia
a ruta, soberbias as fotos e soberbia a crónica do amigo Juan,
especialmente atinado o de “selectos” tal como o viño
do Sir Horacio, no que se pode oír o Iguazú, ulir un carballo
milenario e saborear froitas vermellas a pouco que se utilicen os sentidos
ou se escoite ao anfitrión como durante a mesma camiñada,
canto se pode chegar a vivir.Rutas
Horacio: ¡só para escollidos!"
Fotos.
-
05-04-2009.
Domingo de ramos. Ruta "sr.francisco" arredor de Carballiño.
Dez rillamillas: os nove da foto e mais Juan que estaba detrás
da cámara (prégase encarecidamente ó sr. Luciano
que non se esqueza de contar a Juan, que este ano estáse aplicando
un pouco máis ca o pasado... e ¡vaite tí a saber se
non estará a fin de ano disputando o trofeo botiñas!). Capitaneados
polo Sr Francisco. A ritmo lixeiro. Sin pausas. Camiñamos mais
ou menos quince kilómetros. Carballiño, a Saleta, Ponterriza,
Moldes, Bouteiro, Sagra, Mesego, Carballiño. Unha ruta circular,
moi ben enfiada, de camiño en camiño, por terra, case sen
carretera, e apenas sen obras... Un aplauso para Francisco. De verdade,
unha ruta para repetir calquera día... Ah, por certo, botamos en
falta a algúns, coma Luciano e Luisa, pero, ainda así, pasámolo
moi ben...
Así o comenta Bernardo:
" Chegou Chato e Pablo (rillamillas máis junior) xa pasadas
as 9.30, e o guía Francisco (rillamillas máis veterano),
xa estaba inquedo e co sangue fervendolle para escomenzar a marcha. Escasa
asistencia: faltas notorias (Luisa no Camiño, Luciano na cama,
o Presi sabe deus...). Enfiou o guía con pé veloz polo parque,
atravesamos o rio en dirección á Saleta. Non se despistar
para non quedar descolgados. Saleta, Godás e polo camiño
de Pazos ate Moldes. Bouteiro, Reguenga, Sagra, Mesego e xa polo Espiñedo
ate o Cruce de Ribadavia onde despedimos a Francisco e o felicitamos pola
puntualidade: 13.Km e remate ás 13.00. Non se pode pedir máis.
Non houbo tempo nin de queixarse. Veremos as fotos de Juan, pero nolas
imaxinamos xa. A primavera está reventona e foi o roteiro típico
de Francisco: raudo, informal e de multiples recursos. Non hai ninguén
na contorna que controle mellor os arredores do Carballiño.
Fotos.
-
22-03-2009:
Roteiro de Zobra. Monte do Coco. 23 camiñantes. Rillamillas e andaríns
de Pontevedra. Fermoso. Conta o cronista:
"Polas montes do Testeiro desenvolveuse a saída 140, un roteiro
especialmente fermoso para conmemorar tan redondo número, sensacional
o labor dos veciños de Santa Mariña de Zobra mantendo os
camiños sen as barbaridades feitas noutros sitios nos que se abusou
da zaorra ou outros materiais que nada teñen que ver co camiño
que pretenden ensalzar, neste caso están sen maleza e coas rilleiras
dos carros ou coas bostas das vacas tal como foi toda a súa vida,
agás algún novo ponte de madeira para pasar por riba de
magníficos rios de montaña cun auga xa difícil de
ollar noutros sitios. A verdade que é un roteiro moi aconsellable
para quen guste do sendeirismo, non para os que só queiran andar
pois talvez é un pouco duro. No que fai a RILLAMILLAS dá
gusto ver á xente nova con ganas de subir costas, de camiñar,
de aventurarse en novos camiños, xa están na porta os novos
RILLAMILLAS parece que isto vai continuar. Noutra orde de cousas colaboramos
coa ciencia achegando un novo descubrimento: o home tortus, coetaneo do
homo erectus, e que vimos na subida ao Coco, distínguese por levar
a cabeza por diante do resto do corpo. Se o queredes estudar non tedes
máis que ir camiñar polo roteiro de Zobra paga a pena".
Fotos.
-
08-03-2009:
Andaina do Barallete, por Nogueira de Ramuín. 29 persoas, procedentes
de Pontevedra, Vigo, Portugal, Carballiño e outros lugares de Ourense...
Os de sempre, os novos, os amigos de outros lugares... rillamillas estivo
máis rillamillas ca nunca. E para rematar un bo xantar por dez
euros e medio... ¿Quén da mais?
Conta o cronista, moi ben contado: "O
tratamento parece estar surtindo efecto na loita contra o abatimento,
apatía, melancolía, procesos depresivos…A fórmula
baséase no ben que senta camiñar e inclúe varias
receitas, na de hoxe tomamos unha cápsula un tanto cumprida, difícil
de tragar nun día gris, pero factible nun día primaveral
como o que nos caeu en graza.
Os doutores de turno tratáronnos cunha serie de estimulantes camiños
por o concello de Nogueira de Ramuin e un complexo vitamínico constituído
por fermosas vistas, petroglifos, petos de ánimas, igrexas, capelas,
agraciados pobos, árbores centenarios e moita parola.
Como en todo proceso adoita ter efectos secundarios, aínda que
neste caso son á súa vez beneficiosos, a saber: compartir
procedemento con vellos e novos pacientes-camiñantes e un cansazo
físico que esperta o espírito. Seguindo o tratamento correctamente
chegaremos tamén ao 23 aniversario, ou máis".
Fotos
de Juan. Fotos
de Chus.
-
22-02-2009:
Conta o cronista: "Oito
afoutos RILLAMILLAS camiñaron no domingo de entroido polo cuadrante
sur do concello de Carballiño e aínda que poida parecer
que pasaban do entroido, o certo é que case a metade estiveran
de jarana a noite anterior e iban en comparsas pola tarde, pero como o
de camiñar é nutritivo e do que se trataba era de pasear
parolando nunha mañá asollada, alí estaban ao pé
do guía, que este si, como bo profesional deitárase cedo
para estar fresco e conducir a tropilla sen problemas reseñables,
acaso algúns restos do klaus en forma de ramas, pedras en metade
do camiño con non se sabe que fin e o Carrás que segue sendo
un río de merda como dixo algún día unha compañeira
(haber cando volve) despois de caer nun vadeo complicado. Ao final todos
a pola cachucha que xa se acerca dona Coresma". Fotos
L.
-
08-02-2009:
Ruta pola Ribeira Sacra. Concellos de Chantada e Saviñao. Circular.
17 km de ledicia e fermosura. Arquitectura popular: bodegas na Ribeira,
muíños. Aldeas fermosas. Igrexa de Diomondi (San Paio).
Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño. Presa de Belesar. Dificultade
media (chégalle ben). 13 rillamillas, todos positivos.
Juan comenta
no foro: "A Ribeira Sacra é un deses lugares cargados de beleza
e de enerxía positiva... un dos lugares nos que un sempre se sinte
ben... un lugar no que é moi facil ser feliz...
Hoxe o amigo Xano levounos por unha ruta fermosísima, polos concellos
de Chantada e Saviñao, Miño abaixo, Miño arriba...
Eu tiven a sensación de estar vendo as paisaxes mais fermosas de
Galicia...
Fomos de sorpresa en sorpresa. Viñas, socalcos, aldeas encantadas,
e o Pai Miño ó fondo, deitado, transmitindo paz-serenidade-confianza...
E de pronto apareceron sagradas e fermosas igrexas románicas, coma
se estiveran saindo dun conto...
Todo foi coma un soño fermoso...
Pero foi tan real!!!" Fotos: O
grupo. A comida. Concello
de Saviñao. Concello
de Chantada. Fotos
L.
-
25-02-2009:
Cóntanos Ángeles que: "o
domingo día 25 houbo 11 atrevidos que desafiaron ó temporal
e puxeronse a camiñar cara o puzo do Lago. Esto é verídico...aunque
non houbo fotografos que nos afirmen que foi así..bueno algunha
foto de aficionado poida que apareza.
A ruta salvo as aventuras de sortear piñeiros que atravesaban o
camiño non tivo demasiada dificultade.
Houbo unha nena de nove anos que hasta animou a súa avoa para vir,
e tamén unha nova incorporación Geli...que cando rematou
dixo quedar moi a gusto de camiñar con nos.
Bueno o cronista oficial do rillamillas que si nos acompañou, pode
igualmente facer a súa versión dos feitos, isto é
solamente un comentario para que quede ahí..."
Angeles.
E o cronista dí así: "O día estaba máis
para xogar ás cartas que para camiñar, non obstante alí
estaban os suficientes para camiñar e para formar un pau de barálla
incluído o 8, nova a estrear, como case os de todos os naipes ¿Que
pau formarían? Tal vez o dos Bastos, porque hai que ser un pouco
bruto para saír a camiñar coa que estaba caendo, ou o das
Espadas por ser duros como o aceiro e non amedrentarse por unha tormentiña
quizais o de Copas por ser uns campións que saen a camiñar
e vencen o mal tempo.
Acaso o de Ouros porque hai moito valor en saír a pasearse co que
parecía ía caer. Pero non foi tan malo como dicían
nin tan bo como nos gustaría e como sempre pasamolo moi bien, incluíndo
algún punto de ruta cascabel nunha ruta señor Francisco,
dando como resultado unha grata partida de cartas na que os triunfos pintaron
RILLAMILLAS."
Fotos.- Fotos (teléfono)en http://picasaweb.google.es/xanogon/PuzoLago#
-
11-01-2009.-
O
novo curso dos Rillamillas -ano 2009- inciouse o domingo dia 11 de xaneiro,
cun roteiro a cabalo entre os Concellos de Piñor e o de San Cristovo
de Cea. Ainda que ó final, o roteiro non pudo ser a cabalo, porque
se presentaron máis rillamillas (16) que cabalos (0), e a ruta
tivo que ser a pé, coma sempre, ainda que diferente, pois esta
vez andivemos todo o tempo porriba da neve. A bronca levouna Darío,
que fora o que quedara de traer os cabalos e apareceu sin eles. Se conoce
que as arcas dos rillamillas andas "floxas" e non deron para
mercar os equinos. Fotos. Fotos
L.
-
28-12-2008:
Andaina por Brues. Xantar. E entrega do premio Botiñas. Así
nolo contan os que saben contar:
Cronista: Publicidad
-Rematou outro ano RILLAMILLAS
-Pois si, ainda parece que foi onte cando estabamos correndo coma tolos
polo camiño dos arrieiros
-Bueno hai que decatarse tamen que chovia de contino, e ganas de camiñar
habia, pero non de mollarse
-Falando de mollarse, algunha bágoa si que nos humedeceu na seguinte
andaina lembrandonos do amigo Pepe
-Certo, pero pasamolo ben pola Martiña, fixo un dia de sol moi
bo e canta xente nos xuntamos para ir ata Oseira
-Si o, pero mais para comer en Cotelas
-No Paraño tamen houbo un golpe de xente e un dia fermoso
-Si, pero o de comer non foi o mesmo, menos mal que Maria trouxo unhas
cuantas viandas
-A baixada do final, por o cortalumes, moito me gustou
-Gustar, gustar a min o que me gustou foi o porco celta en Beariz
-Mira que eres larpeiro, pois eu recordo que ese dia choveu e o chan estaba
esvaradío senon que llo pregunten a Luisa
-Para consultas a do 9 de marzo
-A, é verdade coincidiu coas eleccións e ó primeiro
non tiñamos claro para onde ir, pero ahi estan a Pontarriza, Eixán,
Fondo de Vila...moito que elixir
-E tanto, mira que ata deu para facer a seguinte saida
-Si con moito piche e pouca xente
-Xente a que atopamos no Candán, todos aqueles de Vigo
-Certamente, cando iamos por entre as tarabelas que unha delas parecia
unha trécola do ruido que metia, daba medo
-No, o que metia medo era o dia que nos veu cando fomos a Pena de Francia
¡canto choveu!
-Moito, e cantos alecrins vimos cara o berce do Arenteiro
-O Arenteiro tamen nos acompañou o dia catro de maio ¿recordas?
-¡Home! era o dia da nai e tamen as flores saltaban a vista
-Si, pero para vistas as de Coto Novelle
-Desde logo, mereceu a pena subir todas aquelas costiñas e escoitar
os chistes de sempre para ver o Ribeiro a vista de paxaro
-E no Ribeiro seguimos na saida 123, ainda que ó nivel do Miño
no encoro de Castrelo
-Si, pero tamen subimos o mirador de Santa Marta para ollar cara Ribadavia
e ver a desembocadura do Avia
-Falando de rios, que fermoso é o Tea e que bonito é Mondaríz
-Que raro que non fales de comida neste caso, mira que nos tratou ben
Maria ¡sublime!
-É que como na seguinte fomos en barco, non queria mesturar non
me vaia marear
-É verdade, Ons, que ben o pasamos, e ganou España a eurocopa
-Despois veu o parón do verán
-Xa o dito “nin no agosto andar nin no nadal pescar”
-O sete de setembro volta ó camiño
-Volta, volta O Carballiño 25 km na 1ª andaina da vila
-O, e tamen fermosa a volta por a serra da Groba, cociñada o punto
por Roberto e Pili
-Ti e os fogóns, por certo tamen Fran e Oscar cociñaron
unha xeitosa
-A Cruz da Grade, e ademais incorporaron novos RILLAMILLAS
-Si pero tantos como se xuntaron o dia 19 de outubro non ¿e?
-Lembrome, 54 pares de pes no revuelto CAMINHANTES-RILLAMILLAS
-Do que eu me lembro é dos chubasqueiros verdes de Berán
-Camiño Xacobeo do Ribeiro, bonita camiñada rematada con
magosto
-Si pero o magosto “oficial” foi o de Vilarderei
-Saimos algo queimados este ano, ainda que moito rimos
-Bueno e na cuarta do Carballiño decidiuse o BOTIÑAS
-Si,dirixida por o señor Francisco, faciache tempo que non viña
-Igual que a neve ¡como a gozamos no Paraño!
-Rematamos con un branco bautizo, e eso que xa ten aniños o neno
-Xa ten algúns, xa, que boa idea a de darlle o premio BOTIÑAS
a un dos pais da criatura
-Pois si, e ven a descubrirnos o segredo do bo camiñar da gañadora
do premio botiñas ¡un gran corazón!
-Hui canto pasteleo, para o ano hai que presentar mais competencia
-Si, e celebralo outra vez, si é posible, donde o Angel, moi ben
nos tratou e moi ben o pasamos
-Estou de acordo, é Nadal, feliz ano novo
-Feliz ano novo.
Luisa: Pero ???!!!!
De donde sacas tantas ideas???
A verdade que cada vez me gusta mais leer as crónicas...SON XENIALES!!!!!
Todo un ano... de extenso nada de nada.
Que bonita e orixinal forma de recordarnos todas as vivenzas de un ano,os
altercados,as risas,as mollas,os contos,as paparotas...A amizade en xeneral.
Todas, e cada unha perfectamente representada.
Que sigamos por moitos anos co mismo humor e ganas de pásalo
ben.
QUE O 2009 NOS TRAIGA FELICIDADE E MOITAS, MOITAS GAÑAS DE CAMIÑAR.
FELIZ ANINOVO RILLAMILLAS!!!!!
Darío: Rematou o ano 2008 dos RILLMILLAS,cun roteiro
extraordinario, onte, que transcurriu polo entorno de Bruès (Boboràs)
e que tivo coma colofòn unha suculenta comida de confraternidade
- a cargo de Angel e a sùa señora nunha estupenda casa vivenda
vacacional- que serviu coma marco da entrega do Iº PREMIO "BOTIÑAS"
, que nesta a sùa primeira ediciòn tivo coma gañadora
à nosa compañeira e amiga Luisa Lorenzo , pero que nun xesto
de altruista xenerosidade cedeu iste galardon ò noso amigo e compañeiro
Bernardo, coma recoñecemento a sùa fidelidade ò colectivo
dende o seu inicio. Tamen houbo un recoñecemento a o noso compañeiro
e colega Luciano que mantivo unha dura pugna ata o final coa gañadora
na desputa desta distinciòn.
Pois ata aqui o 2008,
Grazas a todos
Felices Festas e Feliz Aninovo
Saùde a tòdolos rillamillas
Ata o ano 2009!
Fotos
L
-
14-12-2008:
Roteiro Padre Sarmiento e épica nívea dos rillamillas. Conta
o cronista que: "Custounos
chegar pero volvemos axiña, e é que a pesar do agradable
do paseo e da gran oratoria de Carlos contando lendas, recitando poemas...
E aínda que el se acendía con recordos aos xestores políticos,
nós arrefriabámonos con tantas paradas nunha mañá
un pouco xélida, no entanto a ruta do Pai Sarmiento merece a visita.
¿Volta para casa? Non, saímos a camiñar e como a
oportunidade pintábanos de cor branca no Paraño alí
que nos baixamos para facer uns sete quilómetros por neve, sensacional,
ata tivemos intres de sol e loita de bólas níveas, encantador
percorrido gozando dunha sedutora paisaxe e divertíndonos co renxer
do branco meteoro baixo as nosas botas. Ao final tivemos un opíparo
banquete para celebrar o níveo bautizo RILLAMILLAS e así
prolongar o goce de tan branca xornada.
¡Vivan os sete padriños!" Fotos
L.
-
30-11-2008:
Andaina polos arredores do Carballiño. Así nolo conta Luisa:
"Cando
ia cara a estación de autobuses, atopeime cun coñecido que
me dixo: "Pero ti estas tola!!! Vas a camiñar???" Pegoume
a risa e contesteille: "Pois teras razón!!!!".
ISO MESMO ÍA PENSANDO EU, E PREGUNTÁNDOME SE APARECERÍA
ALGUEN.
Despois dunha longa noite de choiva, e das boas predicións meteorolóxicas
que nos "adiviñou" o noso amigo o home do tempo...
Pero segundo baixaba, para a miña sorpresa, estaba a chegar alguén
mais, e logo outro mais, outro mais... Ata que nos xuntamos SEIS "TOLIÑOS"...ufff
non estou soia!!!!
Hai un dito que ten moita razón (a mal tempo boa cara). É
totalmemte verdade.!
Comenzamos a camiñada, fixemos o tramo novo que abriron a pé
de río dende a Garda Civil ata o Muiño das Lousas, logo
collemos un cacho do camiño dos arrieros. Por certo, !houbo un
tramiño, en que un raiño de sol nos acompañou nos
nosos andares!...Que como resultou?...XENIALLLLL coma sempre, e o tempo
portouse excepcionalmente ben connosco.
Foi unha maña chea de boas cousas, soio había que porlle
boa cara.
Votaredes en falta a crónica do noso cronista. (a falta de pan...)
é o que hai.
Pero quíxolle dar ventaxa ao seu rival e deixou caer unha porta
enriba dun pe...Por tanto non poido sair a camiñar. Faille ben
as curas para poder voltar pronto. Fotos.
-
16-11-2008:
Andaina por Cenlle. ¡Canto rimos!. Camiñamos despacio. Paramos
para facer fotos. E rimos moito. Moito. Logo houbo cocido e magosto. Para
andar estabamos 18. Para comer... moitos máis. ¿Será
que comer é mais facil que andar?...
Conta
o cronista: "Hai unha lenda sobre a camiñada-magosto de RILLAMILLAS
que fala dunha dureza extrema con fortes subidas e extenuantes distancias,
conta á súa vez que existe unha boa organización
cunha formulación clara onde os horarios respéctanse ao
segundo e en todos os cruces a dirección a seguir está ben
definida, din que apenas queda tempo para mirar o que bordea ao carreiro
que doutra banda é diferente cada vez, coméntase que é
un geto, un circulo pechado no que sempre esta a mesma xente aburrida
e con pouca graza pero con ganas para comer o que din gran cocido. Ata
aquí parte do mito, a historia real é que a andada foi suave
como un algodón de azucre, a distancia como a dun corredor de calquera
dos Pazos vistos, a organización democrática a moreas, decidía
cada cruzamento en asemblea e sen importar nada o tempo nin o meteorolóxico
nin o do reloxo, houbo manga ancha para fotografiar e mirar entre a néboa,
e algún camiño repetido, poucos iso si, unha amiga primeriza,
seguramente volve, e sobre todo falamos e rimos en cantidade, sen as présas
doutras veces sabendo que nos esperaba un magosto-cocido… suculento
para algúns, e para outros…Ás veces as lendas sobreviven
á historia real".
E hai moitas cousas
que non conta o cronista... e que tamén sucederon... ¿Ou
soñeinas eu? ¿Ou é que non se poden contar?... ¡Demos,
cánto rimos!
Fotos. Fotos
L.
-
02-11-2008.-
Conta o cronista:
"O primeiro domingo de novembro xuntou unha morea de xente na esplanada
do balneario de Beran coa intención de reclamar un titulo para
un camiño.De todos os xeitos coido que o obxectivo real era pasalo
ben, por que sinceramente, os camiños non necesitan reivindicacións,
necesitan ser camiñados, especialmente nesta zona do Ribeiro onde
entre fermosas paisaxes acumúlase unha rica e interesante historia
gravada na pedra e na memoria de xentes como Pablo e Eduardo que nos levaron
por Camiños Reais, e fóseno ou non, o certo é que
alí están, polo tanto existen realmente e son dignos de
conservar e necesariamente usar para gozar dunhas paraxes deliciosas e
duns pobos notables como Berán, Lebosende ou o conxunto de Pazos
de Arenteiro ao que nos achegamos logo de pasar polo abandonado Viñoá,
por si só suficiente motivo para facer esta travesía. Tras
repor forzas cunha grata comida nunha das casas restauradas no barrio
da igrexa de Pazos de Arenteiro, continuouse camiño ata Móldes
onde un magosto esperaba aos valentes que decidiron facer a subida e completar
así o programa previsto.
Se é un camiño Xacobeo, haberá que chegar a Santiago
de Compostela ¿para cando a seguinte etapa? Nesta pasámolo
moi bien". Fotos
de Luisa.
-
-
Domingo
05-10-2008: Andaina. A senda de Vilatuxe. Inicio no Alto da Cruz da Grada.
Camiñando por pistas forestais dos concellos de Irixo e Lalín.
Qué nos conta o cronista?. Esto: "Nunha mañá
de climatoloxía estupenda botámonos a camiñar pola
demarcación ente as provincias de Ourense e Pontevedra, nos límites
dos concellos de Irixo e Lalín. Empezamos e acabamos en Cruz da
Grade, durante unhas tres horas percorremos un monte aínda libre
de aeroxeradores, unha illa entre tanto parque eólico que se vía
desde a cima dos Agüeiros (creo que libre por pouco tempo) continuamos
por Pena Queixeira e baixamos a Ermida da Asunción e continuando
polo Campo dos Lobos cruzar o Val da Costa acercándonos a Bustelo,
aldea da provincia de Pontevedra que deixamos á nosa esquerda para,
subindo polo coto dá Moura, achegarnos con calma ao comezo e final
desta preciosa pateada organizada polo amigo Fran, xa un veterano RILLAMILLAS,
e axudado por Oscar (camiñando para veterano). Parece que o grupo
esta crecendo e renovando, de feito dos 15 camiñantes 3 eran novas
incorporacións incluíndo un RILLAMILLAS xa de terceira xeración,
non hai que esquecer como se pasa nas saídas RILLAMILLAS ¿lembrades?
Pois eso: MOI BIEN MOI BIEN". Fotos
de Luisa.
-
DOMINGO
21-09-2008: Andaina pola Serra da Grova. 20 persoas. Isto era o
que estaba previsto: "Percorrido: 17,100 quilómetros. Desnivel
máximo: 319 metros
Puntos de interes:
• Chan da Lagoa: Km. 0, altitude: 335 mts.
• Monte Facho: Km. 3,160, altitude: 428 mts.
• A Groba: Km. 8,725, 654 mts.
• Chan da Lagoa: Km. 17,100, 335 mts.
Aprovisionamento de auga: existe unha fonta na saída e outra na
metade da ruta. Este carreiro circular discorre pola redondeada montaña
que está por riba de Baiona. Nesta andaina, á parte do moi
coñecido Sendeiro das Greas, que percorre os montes e vales do
municipio de Vigo e da súa Mancomunidade, coincidiremos con algún
tramo do P.R.G. 62 – Sendeiro dos Petroglifos, que vén de
Baiona e, despois de percorrer estos montes volve ao mesmo lugar.
A ruta permite visualizar a franxa costeira que alcanza Baiona e A Guarda,
desde a Serra da Groba ata o Monte Tecla; as Illas Cíes, coa pouco
coñecida vertente Oeste da illa Sur; a Bahía de Baiona,
con Praia América e Monteferro; e, tamén, a ría de
Vigo.
Se o día está despexado observarase a Costa da Vela, dende
Cabo Home atá as Rías de Aldán e Pontevedra.
A ruta está considerada de baixa dificultade.
É unha proposta feita por Roberto e parécenos interesante
para a nosa saída 128"
E isto foi o que resultou, según nos conta o cronista: "Preparación
dun Serra dá Groba:
Cóllase o derradeiro día da estación estival, aderécese
cun tempo cálido e asollado, macérese un pouco afastado
da zona habitual de cocción, engádanse vinte areas de sal,
vértanse unhas pingas de fermosas paisaxes, unhas relas de bos
camiños, un chisco de grandes vistas e condiméntese ao gusto
con ganas dedisfrutar. Pasado un bo anaco, sírvase acompañado
de ansia por camiñar.
Este prato foi preparado con mestría e agarimo polos cociñeiros
Roberto e Pilar, saíndolles tan exquisito e abundante que ata se
compartiu cun par de veciñas.
NOTA.- aínda que resulte pesado, é básico maceralo
afastado da zona habitual de cocción para acadar novos e sorprendentes
sabores.
Bo proveito".
Vos me diredes qué vos gusta máis. Fotos
de Luisa.
-
-
8 de agosto de 2008:
Andaina nocturna. Conta o cronista:
"O outro día, bo, na noitiña houbo a dicir dos astrónomos
unha alienación de planetas, pois ben, si houbo alguén que
ollase para o castro de san Cibrao ou mesmo para o san Trocado e mais
si viu os corenta comensais da cea de Laias, chegaría a conclusión
de que non eran planetas ¡eran satélites! Pois nunha noite
moi clara viuse como daban voltas ata estabilizar a súa órbita
o redor dunha luz mais forte que ben puidera ser un planeta, facendo un
estudio detido dos sons que se oían pódeselle chamar a este
planeta o planeta queimada, aínda que ben mirado puidera ser un
sistema parecido o solar, con unhos 20 planetas orbitando o redor dunha
estrela de luz amarelo-azulada; pero si o observador é paciente
verá que unha vez extinguida a luz os posibles planetas volven
a moverse de forma errática, incluso mais que antes, móvense
no espacio por outra órbita e entre fermosas estrelas fugaces que
os acompañan ata o mais fondo da Cida onde se esvaecen, mentres
o lonxe escoitase o canto do paxaro Ulu-lu chamando a súa femia
nunha noite máxica para esta extraordinaria “Bágoas
de San Lourenzo” " Fotos.
-
20 de xullo de 2008:
Conta o cronista: "Como era unha extraordinaria
non se buscaron novos camiños, así e todo, e mais ser unhos
camiños moi pisados por nos, parecéronnos descoñecidos
ofrecéndonos unhas estampas ben distintas das que tiñamos
mirado, e como os carreiros levábannos polo Ribeiro falamos de
beber viño, e bebelo nas cuncas de pedra meténdolle a uña
do polgar para que non escorregase, cousa seica pouco hixiénica
a dicir de Sanidade e retiradas por mor da saúde, e entre leria
e leria chegamos ó comedor, bebemos por vaso de vidro que é
moito mais limpo, e tomamos o café nun pocillo de cartón
cheo de propaganda ¡cousa hixiénica,chico! E como a cousa
estaba de saúde, camiñar é boísimo que imos
dicir nos, comer ben é macanudo e fixémolo. Pois fomos rematar
a piscina do Cándido, e sentounos de perilla por que xa sabedes
que a auga é saúde, sobre todo si esta quieta e morna, como
foi o caso". Fotos
de Luisa
-
29 de xuño de
2008: Bus. Barco. Illa de ONS. Sol. Bandeiras de España. Un día
fermoso, que rematou con España gañando a Eurocopa. Cronista
dixit: "Volvemos
a illa de Ons para ver como evolucionou despois da nosa colonización
alá por o 10 de xuño do 2007 e a verdade que vai parecido
a como vai o vello continente, aumentando o cemento e as comodidades ¿?
O dia foi perfecto a organización sobresaínte e a pesares
de ser moitos os que camiñaron por a mañá e poucos
os da tarde o sistema foi RILLAMILLAS nas dúas veces, uns corren
mais que outros, pero chegamos todos o mesmo sitio e gozando cada un a
súa maneira. Houbo baño e un regreso sosegado no mar e un
pouco alborotado en terra, as novas xeracións de andaregos querían
ver o balón-pe, o futuro pódenos traer algún tirano,
todo rematou ben, chegamos para ver o final da primeira parte toda a segunda
e o que lle colga, e ganaron os roxos.
Apetecíame rematar co estribillo dunha canción dos vellos
Tequila, que volven soar, aquel que di: que el tiempo no nos cambie, pero
igual non nos viña mal algunha pincelada.
Ata setembro". Fotos
aquí. Fotos
de Luisa.
-
22 de xuño de
2008: Roteiro A SENDA DE OURO, organizada pola cruz bermella do Carballiño.
-
15 de xuño de
2008: Andaina por Mondaríz. María invitou a churrasco. Xenerosidade.
Graciñas. Fotos
-
8 de xuño de
2008: Andaina do día do deporte. CONVOCA: Concello do Carballiño.
ORGANIZA: Luciano. DIRECTOR DE ORATORIA: Darío.
Nais, pais, nenos, nenas, mozos e mozas...
un pouco de todo. 45 persoas tomamos a saída na Estación
de Autobuses ás dez da mañán. O concellal de deportes,
Manolo Dacal, estaba alí para regalarnos camisetas, panos, gorras,
unha botelliña de auga... Darío explicounos por qué
estabamos alí... e Luciano púxose en cabeza para dirixir
a marcha. Parque. Mesego. ¿Seara?. Pena Cobertoira. Pontarriza.
Godás. Carballiño. Unha fermosa camiñata por sendeiros
inéditos, vírxenes, alfondrados de sombras e follas de carballos,
entre fentos e flores, entre silencios e conversas... Na Pontarriza (de
"ponte terriza" =de táboas cubertas de terra, como nos
explicou Bernardo) visitamos o museo etnolóxico. Pero antes de
entrar no pobo xa poidemos ver ó aire libre unha leira sementada
de botellas de plástico penduradas no aire, unha das máximas
expresións da idiosincrasia imaxinaria da terra galega.
En todo momento Darío foi cerrando
a marcha, coidando de que ninguén se perdese, labor que fixo coa
súa acostumada eficacia.
Chegamos á Carballiño á
unha e media, con británica puntualidade, para saborear uns pinchos
ofrecidos polo Concello.
Fotos aquí.
-
1 de xuño de
2008: Cóntanos o cronista: "Tiña
o ano 2004 un mes de vida cando nos achegamos por primeira vez aos camiños
da parroquia de San Paio, tal foi o agrado da experiencia que no outono
dese ano repetimos visita. Catro anos máis tarde volvemos para
comprobar que nos seguen gustando, ata co aspecto de selva que están
adquirindo algúns dos tramos, especialmente no monte de Santa Marta.
Como novidade esta vez subimos ao mirador que hai na cima do monte para
gozar das vistas sobre a Foz e Ribadavia mentres tomabamos con calma un
refrixerio. En resumo, nunha mañá atoldada pero calorosa,
9 amigos camiñamos amodo os 10km da ruta, algún traía
encima 50km do día anterior, así que mellor con calma que
tampouco esta RILLAMILLAS para perder partidarios. ¿Que como o
pasamos? Virvos á próxima e verédelo.
P.D. a próxima é a saída 125 e será en Mondaríz
Balneario".
-
18-05-2008: Roteiro
polo Coto de Novelle. Así nolo conta o cronista: "Só
un dos que subimos ao coto fai cinco anos presentouse en Santa Maria de
Castrelo, tres RILLAMILLAS que aquel afastado 30 – 03 - 2003 non
estiveron e un servidor fixemos de recibidores a unha nova incorporación
e a 6 visitantes, entre todos e a un ritmo tranquilo e divertido (o dos
chistes, haber si empeza a cambialos ¡que xa é hora!) fomos
tomando altura sen pausa ata alcanzar Coto Novelle onde, esta vez si,
gozamos das vistas e dos tentempiés, logo dun intre distendido
comezamos o descenso, si a subida ten miolo a baixada tamén ten
faragulla, ata escaleiras no Rial, de volta en Castrelo comprobamos a
diferenza de maduración das cereixas en só 600m. de diferenza
de altitude, en Reigoso non valían pero en Padreiro si (houbo catadores)
Camiñada bonita e entretida, a pesar de que ao principio algunha
mociña bocexou nada máis pór o pé en terra,
pasouno, pasámonolo moi bién".
Fotos.
-
04 de maio de 2008:
Luisa cóntao así: "Primeiro
domingo de maio. Oito rillamillas dispostos a facer unha camiñada
corta e rapidiña... polos arredores do Orcellón. Entre pisada
e pisada, contos e mais contos...
O Penedo: flores,flores e mais flores...
Un cacho da ruta dos Arrieiros: mais contos, risas e flores.
Lebozas: aparecen moi finas, tímidas,
discretas, mansiñas unhas Gotiñas, que nos serven para refrescar,
e mais para facernos mais ierresistibles as flores.
Recordos, lembranzas...volta a mais tenra infancia.
Bouteiro: pisadas mais meudiñas...
flores, flores, día de flores, e volta por Miomas entre flores,
risas, lembranzas....Ó fin 18Km recollendo flores para todas as
MAMÁS". Fotos.
-
20 de abril de 2008:
Conta o cronista: "Recibiunos
a Pena de Francia con chuvascos intermitentes (os do tempo cada vez atinan
mellor) e nada máis pór os pés no chan empezamos
a subir cara ao punto geodésico, nunha mañá gris,
que o foi menos grazas ao amarelo dos alecrins que enmarcaban o carreiro
cara ao berce do Arenteiro, lugar que acadamos logo de cruzar os pobos
de Roiriz, Pallota e Cabana, todos eles envolvidos no característico
cheiro dos produtores de boa carne. Tras pór o goretex a proba
polo Val das Eguas chegamos de volta á capela da Pena de Francia
cando a choiva deixou de ser intermitente para chover a fío, pero
xa estaba andado o camiño, e gozado pois a andada foi fermosa"
Fotos.
-
6 de abril de 2008:
Ruta pola serra do Candán, concello de Forcarei. Saida dende
o Mosteiro de Aciveiro. Ruta circular. Primeiro subir e logo baixar.
Día de sol. Xa facía tempo que non sentía correr
o suor polas costas camiñando cos rillamillas. Arriba os eólicos
daban voltas e voltas sen parar. Un deles tiña un "rodamiento"
aveirado e facía un ruido inapropiado. Vacas leiteiras polo
camiño. Prados e prados verdes. Xa cerca do alto vimos que
viñan en dirección contraria un grande exército
de sendeiristas. Preparámonos para a batalla. Estabamos dispostos
a loitar. Pero ó final todo se resolveu nun amistoso diálogo.
"¿Así que vos sodes os famosos rillamillas?".
"Sí. E vos?". "Somos de Vigo". E todo quedou
nun encontro amizoso. No exército dos rillamillas camiñamos
no día de hoxe 18. E como diría o noso cronista, pasámolo
ben, moi ben. Fotos por aquí.
-
-
23 de marzo de 2008:
Ruta de pascua: Así nos conta o cronista o que pasou: "¡Só
tres camiñantes! fixémoslle a pascua á boa media
de asistencias que levaba RILLAMILLAS nos últimos tempos. Poida
que o frío da mañá, o ter que comprar ovos a última
hora (hai moito padriño descoidado) as vacacións en Rapa
Nui, as procesións...O asunto é que tres andaregos entre
conto e conto completaron unha camiñada de moito asfalto entre
os concellos de Boborás e Carballiño, pasárono ben
e santas pascuas".
-
9 de marzo de 2008:
ruta circular por cerca de Carballiño. Con asistencia de 13 ou
14 rillamillas. Así o conta o cronista: "Día
frío, pero a porcentaxe de participación foi alta, 43´75
% de participación feminina e 56´25 % masculina. A pesar
de non ter as ideas claras empezamos a camiñar con todas as nosas
forzas, chegando ao primeiro punto dubidoso do camiño e tras empregar
cabeza e corazón decantámonos pola opción de centro,
seguindo este camiño levounos a outras paraxes conflitivas pero
dado que en Galicia todos os recunchos e carreiros son bos optamos por
Galicia decide o que nos achegou o punto de inicio onde tomamos unhas
cervexas para celebrar que todos saímos gañadores nunha
camiñada moi democrática". Fotos
de Luisa aquí.
-
2 de marzo de 2008.-
Ruta por Castrelo de Miño. Conta o cronsta: "Primeira
extraordinaria do ano 2008, fomos para facer bulto(e fixemolo porque ainda
eramos ben deles) nunha competición acuatica no Ribeiro, cousa
curiosa esta de que o viño sempre este en sitios nos que abonda
a auga.De paso,ou millor, a pasos fixemos unhos fermosos seis kilometros
, visitamos unha bodega de cubas vellas, que non cheas, e ceibamos un
pardau preso nunha rede que tapaba un alcouve, achegamonos a beira do
encoro cando ós primeiros regatistas, asemade que iles acadamos
o Club Náutico de Castrelo onde aplaudimos ós deportistas,
e saido o sol nosoutros marchamos (os pinchos pasaban a tarde)eso si,
denantes fomos degustar o viño de J.Ramón, recen trasegado,
asi e todo estaba ben bo.
Alguns ainda tiñamos gana de andar e despois de xantar fomos por
a outra beira do Miño, entre Barbantes e Laias.
P.D. esta non conta para BOTIÑAS".
Fotos de Castrelo
de Miño.
Fotos
de Luisa aquí.
-
24 de febreiro 2008.
Roteiro por Beariz. O cronista cóntao así:
"Porque non o valía Verín
Optamos por facer unha
Ruta en Beariz
Conducidos por Bernardo
Onde non estaba seco
Camiñamos en mollado
Empuxando contra o dente
Limpamos moi ben os pratos
Todos ficamos fartos
Aproveite. Vémonos na siguiente".
Fotos aquí.-
-
10-02-2008.- Andaina
polo Paraño. Así o conta o cronista: "Como
subiu todo! É incrible o costa arriba que se poñen algunhas
cousas, mesmo algúns sitios como os camiños do Paraño,
subiu todo tanto que ata a participación nas camiñadas RILLAMILLAS
esta en máximos históricos. Onte corentantos, hoxe trintantos.
Poida que a todo isto axudase o día, especialmente belo, pero é
de supor que o bo facer e a acollida RILLAMILLAS tamén ten parte
nesta ampliación de clientes. É tal a boa marcha (cada vez
máis rápido) do produto, que están xurdindo ideas
moi interesantes para optimizar as ofertas, tal é así que
acabamos cunha forte baixada, posibilitada polos beneficios acumulados
durante toda a mañá, aire limpo do Testeiro, bocadillos
caseiros de Maria e preciosa ruta a dicir dos accionistas, que felicitaron
ao promotor alimentando igualmente o seu espírito.
¡Hai que manter a cota de mercado!" Fotos
aquí
-
27-01-2008: 43 rillamillas
camiñaron polo Camiño de Santiago, de Cea a Oseira, lembrando
ó amigo Pepe Castro. Familiares e amigos de Pepe sumáronse
cos rillamillas habituais... convertendo esta andaina na máis "multitudinaria"
de toda a historia dos rillamillas. Fixo un bo día. Despois da
andaina seguiu unha comida en Cotelas, onde 52 persoas compartiron mesa,
mantel e sentementos. Un día emotivo e fermoso.
O noso cronista cóntao
deste xeito: "¿Memoria? Hoxe,
día primaveral a pesar de estar en pleno inverno, saímos
a camiñar unha especie de lexión romana, e aínda
que hai moito RILLAMILLAS, o habitual é que sexamos unha guerrilla
de galos. A ruta que pretendía ser relaxada e suave foino algo
menos do esperado. Como é costume en RILLAMILLAS, a velocidade
de cruceiro, sensacional: 14 Km. en 3 horas. E iso que o guía tiña
unha lene coxeira...A organización que frecuentemente é...
non é, neste día foi insuperable. A comida, que parecía
ía ha ser triste polo feito de recordar a un amigo que xa non está,
volveuse alegre como el era, o que me fai pensar que o non velo non implica
que non estivese alí con todos nós, é máis,
creo que cada quince días está na estación de autobuses
para ir coa guerrilla ata onde faga falta. E é que as aparencias
ás veces engánannos".
Pilar
Abraldes viuno así: "RILLA
MILLAS, RILLA Millas, Rilla Millas…Ás doce e cuarto do mediodía
deste domingo, vintesete de xaneiro, coroaron os novecentos sesenta metros
da Serra da Martiñá os corenta e tres Rillamillas que subiron,
subiron, dende Cea, e tocaron un dos ceos de Galicia.
E aló,
ben alto, cada quen contemplou o amplo e despexado horizonte desta atalaia
que é a Martiñá. E máis dun lembrou ó
Rillamillas ausente, que, vixiante, empurrou e deu alento.
Camiñaron a presa polas carballeiras
do tramo do Camiño de Santiago, entre a agua, a lama e a bosta;
pegadas, sons e cheiros da Galicia da infancia dos que imos cumprindo
anos. Ascenderon lixeiros, coa vista sempre na Martiña. E baixaron
cáseque correndo, por atallos algúns, con Oseira como meta,
obxectivo e premio, todo nun. Oseira, emociona sempre. Polo norte, polo
sur, polo leste e polo oeste, por onde chegaron os Rillamillas.
Compartiron xantar en Cotelas, compartiron
sensacións, compartiron recordos.
RILLA MILLAS, RILLA Millas, Rilla Millas…
no contorno enteiro escoitouse esta voz, que o eco levou ata O Carballiño
e ata Pepe Castro.
Para quen escribe, queda este día,
na súa memoria íntima, como o da primeira ascensión
á Martiñá. Tan preto, tan lonxe. Pagou a pena".
"... a beleza e a amizade son eternas..."
(Bernardo) .
Está claro que esta andaina
foi especial.
Fotos. Fotos
de Luisa.
-
13-01-2008: 18 rillamillas,
arrieiros, paragüeiros. Ruta dos arrieiros. Chovía. Por iso
nos convertimos en paragüeiros. Camiños novos. Demasiado novos.
Ainda que as follas do outono os cubriron, facéndoos mais suaves
e levadeiros. O noso cronista cóntao así: "Volvemos,
e para empezar saímos da estacioooooooooooooooooon de autobusessssssssssss
¡corre! chegamos ao Penedooooooooooo pasamos Cornedooooooooooo ¡non
pares! tocamos Corval ¡UF! Logo dunha visitilla ao lagar e ao Pazo
salimooooooooooos cara a Sagra, Trigas, Covela, Varón ¡rápido!
Fixemos frechas para os rezzzzzzzzzzzzagados ¡marcha! subimos cara
a Sona alcanzamos outra vez o Peneeeeeeeeeeeedo camiñamos polo
centro de Carballiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiño e desbandada. 12 Km. Para
dezaoito andaregos nunha mañá chuviosa, pero apenas nos
mollamos: non lle demos tempo ás pingas de choiva.
E como o pasamos? Pois depresa". Foto.
Fotos de Luisa.
-
16-12-2007: 12 rillamillas
rillamillearon tempo e tempo. Longa andaina dos apóstolos. O cronista
cóntao así:
"Desde un punto de vista obxectivo, creo que ao guía desta
camiñada deulle un ataque de ansiedade por ver tan próximo
o fin de ano e saber que era a última ruta da tempada. O medo a
un futuro incerto empúxouno a levarnos por todos os camiños
posibles, non vaia ocorrer que non volvamos camiñalos. E isto converteu
o paseo final, ruta 113, nunha xornada maratoniana de 20km, nunha circular
que tocou o concello de Irixo á altura de Cangues, e que por Valfrio
e Dornelas achegounos á parroquia de santa Uxia de Lobas, onde
grazas á amabilidade da señora Celia visitamos a igrexa
do mosteiro, explicándonos ademais como se fixo a I festa do ovo
fritido no destro de devandito cenobio.
Aconteceu tamén o primeiro accidente
nunha ruta RILLAMILLAS e todo debido ao escaso mantemento que se fai das
instalacións municipais no rural, por sorte todo quedou nun susto
e unha ferida desinfectada co alcol que levaba un dos asistentes, o do
cheiro xa é mais difícil de quitar sen unha boa ducha e
unha lavadora, e é que o río non estaba para baños,
nalgún punto xeado en toda a superficie. E seguindo pola súa
marxe esquerda, baixamos ata Arcos, onde vimos o mural sobre o pulpo;
e como se achegaban as tres da tarde corremos con ansia para chegar polo
menos á segunda quenda do comedor.
Isto así foi ¿o 2008? Quen o sa?". Fotos.
-
02-12-2007: Conta o
cronista: "Fomos
31, camiñamos dirección Saleta e volvemos pola Pontarriza.
Día seco e soleado. Hai centos de retratos. Pasámolo...".
-
18-11-2007.- Ruta circular
por Ribadavia. 17 rillamillas, máis ou menos. Así a conta
o cronista: "Agora que están
de moda os cursos de perfeccionamento e reciclaxe, non estaría
de máis facer un en RILLAMILLAS. Hai quen esquece que as condicións
do tempo non nos baixan da burra de camiñar. ¡mira que terlle
medo a néboa do Ribeiro!. O dito: hai que facer cursos.
O caso é que houbo acordo e fomos para Ribadavia. Chegados á
Veronza non había nin pinga de brétema e sí un fermoso
día soleado. Así que a camiñar. Ó principio
ruta urbana, incluso con escaleiras, cousa fina para quentar os xeonllos.
Despois de furar por un carreiro enmarcado por valados, saímos
a un mundo de costas que subimos a fume de carozo pasando sen pausa por
Franqueirán e coroando o Man de Moura sen parar ata entrar no concello
de Melón por A Ibia e rousando cara Ribadavia por a vella N120,
zona esta de moito piche e mais lixo. Baixamos por un camiño a
Francelos onde ó fin paramos a carón da ermida de san Xes.
Outra vez en marcha para cruzar a vía con medo ó paxaro
(AVE) e por a beira do Miño subimos ata a desembocadura do Avia
seguindo por a súa banda e decatándonos de que era un ruta
refrescante xa entrando en san Francisco, 10 cm. de xeo no chan e carambos
de metro, chegamos de volta á Veronza.
Remate en Barbantes, onde Cándido e Pili nos serviron un lacón
con grelos e moitas máis viandas. Se alguén se marchou con
fame foi por que quixo. Incluso se fixo un magosto tradicional, con frouma
(nin tixolas, nin bidóns) lume e castañas sen picar.
P.D. pena de conducir, a augardente era un pracer censurable". Fotos
aquí
-
04-11-2007: Magosto
rillamillas 2007. O bó tempo e o cheiro das castañas animóu
á parroquia e xuntouse na festa máis xente ca nunca. 31
persoas estaban na línea de saída dunha andaina que percorreu
os vellos camiños de terra de Cenlle, por entre viñas, por
entre hortas, por entre mimosas... Fermosa senda... Un pouco de niebla
pola mañanciña... E un pouco de sol despois... Pero temperatura
moi agradable en todo momento.... Estaban os habituais... algúns
primeirizos... xente de caminhantes de Vigo... Ó remate da andaina
o amigo Soto improvisou un ximnasio e púxonos a todos a facer estiramentos...
Todos os corpos e unha boa parte das almas agradeceron a sesión
de ximnasia...
Logo, para a comida, empezou a chegar xente
e xente. Rillamillas xubilados. Familiares e amigos de rillamillas...
Ata chegar a máis de sesenta persoas. Nunca se xuntaran tantos...
O noso Presidente, Darío, emocionouse e empezou a decirnos "unhas
palabras"... Logo o xantar: cocido,castañas, postre, café...
Un forte aplauso para o noso amigo Pepe Castro... E logo guitarra, música,
e festa... Todo en boa harmonía... Un día para lembrar...
Pilar, que sabe andar e mirar, viuno así:
"E a Vilar de Rei fóron
os Rillamillas o primeiro domingo deste mes de novembro. Adentráronse
polas terras de Cenlle que van dar onde o Miño discorre por unha
das máis fermosas paixases do seu tránsito cara o Océano.
Camiñaron, os Rillamillas, entre viñas dun Ribeiro que,
aínda deixado a monte, emborracha màis aínda os sentidos
neste outono de luces, cores, e calores. E así, gañados
polo hedonismo de andar, foron quen os Rillamillas de facer altos no camiño.
Vilar de Rei, A Lama, Ervededo-avituallamento privilexiado sobre o Miño-A
Pena... fotografías incesantes para as retinas.
Algo
máis de trinta Rillamillas camiñaron a paso decidido.
Á cabeza, os máis novos, que xa collen o relevo. As fadas,
que non meigas, Lucila e Elena. Os correosos Pablo e Pablo Marino. E
os serios, Lucas e Raúl, cada un ó seu. Houbo incorporacións
amigas e queridas. Benvidas sexan e por moito tempo. Animou o anuncio
do Magosto. Sentou, á mesa dos veciños de Vilar de Rei,
á parentela menos correosa. Cocido, viño do Ribeiro, postres
da casa, licores, castañas e, cómo non, as voces da terra,
que tamén as dá o Ribeiro.
Contan
as crónicas que o noso cronista esperaba o desafío a propòsito
da andaina dos Rillamillas polos seus dominios...
A propósito.
Os recén chegados somos, se cadra, algo pesados. Pero está
ben eso de andar e mirar" .
Fotos
aquí.
-
21-10-2007:
Ruta dos callos. Cada ves está mais claro que "os rillamillas"
é un grupo primeiramente gastronómico... e que ademáis,
de cando en cando, se adican a camiñar... Hoxe, sen ir mais lonxe,
o arrecendo dos callos que chegaba dende Corzos... atraeu ós feligreses
e na parroquia rillamillas xuntaronse ata 22 persoas. Camiñaron.
Perdéronse. Agatuñaron por unha cloaca para atravesar por
debaixo da autopista... e finalmente chegaron, ¡todos vivos!, a
Corzos. Alí agardaban os callos... Sete dos 22 foron xantar á
casa, pero os outros 15 comeron e beberon en boa sintonía... Tal
como estaba previsto... a paparota multiplicou o número de rillamillas...
O cronista cóntao así: "Camiño de regreso, é
a definición mais apropiada para a camiñada do 21 de outubro
de 2007. Ao principio eramos un grupo de xubilados, vendo as obras do
AVE e a autovia, fomos rexuvenecendo á vez que nos metiamos por
unhas hortas buscando un camiño que resultou ser o mesmo que deixaramos
uns metros antes, logo dun refrixerio na bonita casa da promotora da ruta
(Angeles) sentímonos como adolescentes, e xa pasado Fontaiñas
pasamos a ser nenos, rebeldes e aventureiros, saltando valos e coándonos
por tubaxes cara a un destino incerto, logo de rirnos un intre e arrastrar
as nádegas polos terrapléns, chegamos a Corzos onde a maioría
quedou a gozar dos callos preparados por Paz e Manolo, máis dun
co bandullo cheo durmiuse como un bendito bebe. Unha auténtica
regresión ata a máis tenra infancia. Mimiños".
Fotos aquí.
-
07-10-2007: Ruta por
Beariz. Pili, a nosa mellor periodista, cóntanolo así: "…E
mentres os valerosos Rillamillas do Camiño entraban, o domingo,
na vella Iruña... os Rillamillas da Xirazga ascendían os
cumios da Terra de Montes de Beariz. Tiñan ante sí as Terras
de Montes do outro lado, Soutelo e a Lama. Deixaran detrás e ben
abaixo Correa, Alén... con Doade e Beariz ó fondo, entre
as brumas do outono, e o Faro de Avión e Pena Corneira, vixiantes
dos camiñantes. Emprendían, sen sobresaltos, a baixada cara
Santo Domingo, coa sensación de liberdade que propician os horizontes
sen fin da montaña, A Serra, por onde centos de cabalos andan libres.
Deixaron constancia do seu paso pola
ermida e a mámoa de Santo Domingo, traspasaron as cancelas coas
que as poucas xentes que quedan en Ricobanca se protexen dos animais.
Lembrou Rodiño, camiñante xubilado de Fenosa, as veces nas
que, na oficina do Carballiño, recibían o temido aviso de
que alá, na Serra de Beariz, quedaran sen luz. A duras penas chegaban.
Eran outros tempos, nos que os veciños se valían do muíño,
agora restaurado, onde a ponte medieval. Os Rillamillas, toparon alí
descanso o domingo. E de presa, de presa, chegaron ata a Portela da Cruz,
nos límites de Pontevedra con Ourense Toparon os máis persistentes
o camiño de volta a Correa. Seguiron outros ata Doade. “Non
hai atallo sen traballo”, lembrou alguén.
Moi boas sensacións està deixando
a temporada ós Rillamillas recén incorporados. Xa somos
máis. E seremos máis. O domingo, vinteún do mes que
andamos, toca ruta por Garabás. A unha novata, Ánxeles,
correspóndelle a honra de organizala, con Corzos como punto de
partida e regreso. Hai callos de premio. Xa arrecenden...
Por certo, os máis pequenos din que
os temos olvidados. A ver se facemos algo."
-
04-10-2007: 7 rillamillas
van nunha furgoneta Mercedes rumbo a Saint
JEAN DE PIED DE PORT (FRANCIA) para
darlle principio ó Camiño de Santiago. Dez días mais
tarde chegan a Santo Domingo da Calzada, onde rematan por esta vez, e
volven para a casa, coa idea de volver ó Camiño no mes de
marzo, para seguir movendo os pes e o corazón de cara Santiago.
-
29-09-2007: Hoxe a
familia rillamillas está triste, moi triste. Morreu Pepe Castro.
Un bo amigo, moi ben querido na familia rillamillas. Como homenaxe e como
pequena mostra de cariño para él e para toda a súa
familia, poño aquí algúns dos comentarios que foron
escritos no noso foro:
"Rillamillas, hoy inicio nuestro mejor escalador de subidas, y buen
amigo, CASTRO, su subida mas larga, en su caminata definitiva, tened confianza
en que una vez más va a salirse con la suya para conseguir llegar
a la meta, como otras muchas veces lo hizo, nuestro mejor recuerdo para
EL, y nuestro acompañamiento una vez mas, CASTRO, los rillamillas
estamos a TU lado, en esta nueva andaina, esperamos que alla donde llegues
dejes bien alto a los Rillamillas. CASTRO, estamos todos contigo y con
Tu familia...".
"Sempre coa teima de non parar "veña camiñade
que nos arrefriamos, non vos paredes". E segues, agora dáseche
por comezar antes que ninguén a única ruta que temos programada
no noso calendario, aínda que sen data definida.
Chao, compañeiro Pepe, ata a próxima."
"Un domingo que non tocaba roteiro foisenos o amigo Pepe Castro.
Saiu só e colleu o camiño das estrelas sin esperar por ninguén.
O próximo verán, alá polo San Lourenzo ,subiremos
outra vez ó San Trocado para esculcar o ceo por se apareces detrás
dalgunha. Sempre camiñarás connosco polas corredoiras e
faremos un brindis polo amigo despois dos ágapes dos rillamillas.
Algún día camiñaremos xuntos outra vez polos roteiros
da eternidade".
-
23-09-2007: Ruta por
Piñor. Así a conta o noso cronista: "¡Que
ben nolo pasamos andando! E que bo tempo fai este mes de setembro. Para
exemplo este domingo: sobre as 10 da mañá un tempo buenísimo
para camiñar cunha ducia de amigos, ás 11:30 aproximadamente,
fixo un tempo estupendo para perderse (axudados polo mantemento da ruta
e polos matices RILLAMILLAS) pasadas as 13:30 o tempo era ideal para irse
a comer logo duns fermosos 14 Km. A tarde trouxo un tempo variable; bo
para a sesta, bo para o cafeciño, bo para...
PD.Ruta moi recomendable, aínda que, necesita un mellor mantemento".
Fotos
-
09-09-2007: Andaina
por terras de Silleda, que o cronista conta así: "Cada
comezo de curso é unha ledicia, atopámonos outra vez cos
nosos amigos con outros novos e con algún repetidor, pero tamén
unha magua, xa que o verán pasou, somos máis maiores, e
o desempeño ha realizar máis esixente, o primeiro día
foi duro, bastante duro, a calor do verán aínda axexa e
os corpos piden rebumbio e non laboura. Neste primeiro día déullenos
ha saber o horario do curso coas materias máis importantes: Coñecemento
do medio (espectacular neste caso) e Gastronomía, posiblemente
o prato forte do día. De todas as maneiras e a pesar da cantidade
de CARNE posta no espeto cumprimos como bos alumnos, empezando o curso
cunha ruta moi lucida.
Pero ollo non nos durmamos nos loureiros" Fotos.
-
10-agosto-2007: Andaina
nocturna extraordinaria, que o noso cronista conta así: "Xa
somos maiores, saímos de noite e deitámonos tarde. RILLAMILLAS
medra a pasos axigantados e para mostra a II extraordinaria feita o día
10 de agosto de 2007, unha nocturna cun poder de convocatoria abafador,
28 comensais na cea ao aire libre organizada no mesón Lembranza
de San Amaro, e 24 asistentes á camiñada nocturna, certo
que fallou xente notable de RILLAMILLAS motivos? Ha saber, pero estaban
outros non menos importantes como Luisa e familia, achegando todo o necesario
para facer unha gran queimada, incluíndo un portátil co
conxuro e fotos de distintas andainas para facerlle a boca auga a mais
dun.
A ruta elixida consistía en saír do aparcadoiro do castro
de Sanciprian de Las (a Cida) cruzar o castro de oeste a este pola calzada
central, baixar cara a Ourantes e subir polo camiño do santo ata
a capela do monte San Trocado, observar as Perseidas, queimada e volta
ao comezo pola pista asfaltada. Dado a hora de inicio 01:00 acordamos
repartir o grupo (estilo familia real) para que sempre quede alguén
en caso de emboscada; 13 andaregos seguimos o plan previsto mentres outros
11 subiron doutra banda.
San Lorenzo non nos obsequiou con gran cantidade de estrelas fugaces pero
si cunha noite cálida e doce (especialmente a queimada). A festa
do Lago foi o broche a unha xornada inusitada.
P.D. tomamos nota do do chocolate con churros (grazas Zalo por achegar
ideas) .Coa venia".
E LUISA respostoulle así ó cronista: "Anda o conto
estes días de que no Castro de San Cibrao se avistaron unhas sospeitosas
luceciñas a altas horas da noite. Que se mobían dunha forma
moi rara,andaban dun lado para outro, en círculos, da diante para
tras...Parecía que non sabían para donde tiñan que
ir!..parecían confusas!!. Pero de repentente!Seica se avistou umha
luz máis grande, máis luminosa ca todas as demais,fixo que
todas se puxeran a fila e a camiñar. Contan que sabía do
camiño...contan que é o seu lugar. Esta luz guiou a todas
as demais por entre casiñas redondas,entre sendeiros de pedras
nos que poideron percibir as falas,as risas,os bicos,os cheiros...dos
nosos ancestros. Camiñaron entre o poblado sen presa,con gañas,sen
medo, con forza...percibindo,sentindo... Estas luceciñas din que
foron camiñando ata o monte que se chama Santrocadro. Ali cóntase
que asentaron e que se viron ata o amencer, logo desapareceron,e non quedou
nin rastro!! Solo o que se conta,o que vai de boca en boca. Hai quen di
que era a Santa Compaña!!! Hai quen dí que non ía
á busca de ningunha ánima escarriada. Din,que só
ían ver as bágoas de San Lorenzo.
O agradecemento a Xano,o noso guía,que foi quen fixo posible
este noso camiño, e tamén a Zalo e mais María que
non dubidaron en acompañarnos a pesar das distancias.
XA FALTA MENOS PARA O NOVO CURSO...APLICARSE
"
.
Finalmente ZALO apuntalou o tema con este breve e sabroso comentario:
"Coa ilusión que algúns lle poñedes á
cousa esta non haberá camiño que se vos resista. Nin de
día nin de noite. Apertas a todos". Fotos
-
25-xullo-2007: Andamillas
por Oseira. Así o conta Pili, a nosa periodista:
"Mércores, vintecinco de xullo.
Día fermoso. Segunda andamillas familiar. O noso destino, Oseira.
Madrugamos. Ás nove e media, na estación de autobuses. Alí
estamos Ánxeles, Xabier, Lucía, Lorena, José Luis,
Belén, José Antonio, Mariam, Luisa, Rita, Rubén,
Pablo, Rául e Pili. Catorce. Estupendo. Collemos os coches e tiramos
para Cea Ó carón das piscinas, está o punto de partida
da nosa tirada, pola Vía da Prata, Camiño de Santiago.
Pouco antes das dez
e media, emprendemos a ruta. O ceo está sorprendentemente azul.
Pisamos a lama formada tralas chuvias recentes. As carballeiras do camiño
dannos a sombra agradecida. A Martiñá, a serra, vainos guiando.
A auga fresca dos manantiais destas terras altas sacia a sede dos rillamillas.
Pastan
as vacas da montaña nos prados. Xunto a elas, as ovellas. Falámolles
ós nenos da importancia do noso medio. Cánto mal fan os
incendios. E os muíños, os aeroxeneradores desa enerxía
eólica que nos invade. Xa non se libra a Madanela.
O
camiño propicia relaciòns. Qué lle pregunten a Xabier…
Á
altura de Pieles, temos as nosas dúbidas. Fáltannos Juan
e Marcelo, que, por dúas veces, inspeccionaron a ruta. Luisa e
Rubén experiencia e memoria, deciden ben. Mantémonos à
marxe da estrada e volvemos atrás no tempo. Cruzamos Ventela, unha
aldea totalmente abandonada. Marcharon as sùas xentes. Deixaron
as casas os enseres. “A terra quere pobo”, di Xosé
Luis Barreiro Rivas.
Oseira
anúnciase. Bordeamos o antigo muro do mosteiro que se nos aparece;
de súpeto. Emociana sempre.
É
a unha da tarde. Qué ben se portaron, unha vez máis, os
pequenos rillamillas. Agora, os camiñantes teñen sede e
fame. Arrecenden os pementos da señora Conchita, da Casa Escudo.
Xantamos na área recreativa, o pé do Arenteiro. É
un ambiente agradable. Compartimos mesa e mantel -Ánxeles, estás
en todo- e as claudias, do Regueiro, en Mariñamansa, na capital,
e de San Clodio, no Ribeiro. Saben todas.
Temos
presa. Quedamos en que repetiremos cos Rillamillas que faltan. Espérannos
o mosteiro, o museo Liste e a fervenza que tanto lle gusta a Luisa.
Juan, non te libras. Estiveches con nos ó comezo, durante e ó
remate do camiño". Fotos
de Luisa
-
Saída especial
os días 13-14-15 de xullo de 2007. Rutas pola costa. Base de operacións
en Beluso (Bueu). O cronista cóntao así: "A extraordinaria":
"Excepcional, non polo feito de pasalo
moi ben, que iso en RILLAMILLAS é o habitual, se non por ser unha
saída extraordinaria, fóra de calendario e con moitas novidades,
por iso é polo que máis que unha crónica isto sexa
unha historia do acontecido. En primeiro lugar a hospitalidade e preparación
para o fin de semana por parte de Manolo e Paz raiando a perfección,
a camaradería e bo ambiente na xornada do sábado que foi
unha especie de exercicios de convivencia, con ruta pola costa (aquí
podemos indicar o único fallo de todo o fin de semana, darnos a
volta sen parar a tomar unhas cañas -pregunten a Zalo-) Na sobremesa
chegou o noso gran Presidente integrándose no grupo. Pola tarde
praia e montaxe de tendas, aquí incorporouse Pepe e fóronse
tres amigos de Vigo que tiñan compromisos para o domingo. A noite
trouxo charla, queimada (cun conxuro memorable) cambios de parella e coa
noite avanzada choiva moita choiva, pero as tendas responderon ben, de
feito Darío non se mollou nada! aínda que estivo a punto.
O domingo amenceu sombrío, pero tras un opíparo almorzo
fómonos a facer outra ruta, neste caso de interior por fermosos
camiños e o tempo mellorou de tal xeito que rematamos comendo unha
fenomenal paella a beiras do mar, finalizando o día na praia da
Tulla. A grandes liñas esta foi a historia da primeira extraordinaria
RILLAMILLAS que se podería catalogar como fin de semana de PAN
e CIRCO é dicir ben comidos e ben divertidos".
Fotos.
-
23 de xuño de
2007: Rotundo éxito do I andamillas infantil, xuvenil e familiar.
Unha idea: xuntarnos para convivir. Unha data: 23 de xuño ás
9:30. Un lugar: o de sempre, estación de autobuses do Carballiño.
Unha ruta: a mellor que temos na comarca, a que vai de Carballiño
a Pazos de Arenteiro. Unha organización xenial: ningunha organización
visible. Un detalle esencial: non chove, fai un día fermoso. ¿Aparecerán
os camiñantes na hora e lugar marcado? ¿Seremos tres, seremos
cinco....?... E chega o momento. Yeni foi a primeira en aparecer. Logo
foron vindo outros. No Muiño das Lousas sumáronse dous mais.
E en Godás outros dous. ¡Éramos mais de vinte camiñantes!.
Alucinante. Rosa, Lucía, Rosi, Juanpe, Jeny, Pili, Raul, Pablo,
Rita, Rubén, Virginia, Pedro, Gemma, Marce, Sara, Iria, Bea, Rita,
Elisa, Juan, Carmen, María... Non sei se se me esquece algún...
Rita e Rubén foron dous pilares fundamentales para a organización
da andaina. Rita púxose na cabeza e dirixiu con temple e maestría.
Rubén iba na cola coidando de que naide se quedase descolgado.
Polo medio andaba Marcelo que tamén axudaba en todo o que facía
falla. Todos os participantes colaboraron e todo foi perfecto. Ou case
todo. Pois, por poñer algún pero, podemos deixar constancia
de que no tramo entre o Muiño das Lousas e a Ponte de Godás
estaba o camiño sen limpar, cheo de ortigas, silvas e outras herbas
de mal vivir que nos puxeron as pernas todas acribilladas... Pero os nenos
e nenas aguantaron o tipo coma campeóns. En Moldes paramos para
comer un tente en pé. En Cabanelas bebemos e refrescámonos
nas varias fontes que alí hai. E en Pazos xantamos os nosos bocatas,
bebemos, e incluso tomamos xelados... Logo viñeronnos a buscar
en coches... E todo resultou perfecto. Un día redondo. Ver
fotos.
-
17 de xuño de
2007: remate da tempada con andaina e comida na casa de turismo rural
de Figueiredo (San Amaro). 18 rillamillas. Ben. Así
o conta o cronista: "Exame de final de curso. 12 alumnos avantaxados
presentáronse á última proba para examinarse de Física:
¡aprobado! todos en bastante boa forma, Meteorología: un
aprobado raspado,tiñamos o dia pouco despexado, Gastronomía:
Cum laudem, aos churrascos e cocidos do ano súmanse os patés
(e tamén alumnos de novo ingreso). Logo de facer a media ímonos
de vacacións cun aprobado alto.
Despedímonos ata o 9 de Setembro do 2007 con intención de
regresar aos camiños, para descubrir e aprender novas cousas, que
moitas quedan, pois se di de Galicia que cada árbore ten unha lenda,
cada pedra garda un tesouro e cada casa é un mundo. E de Galicia,
Carballiño é". Fotos
de Luisa.
-
10 de xuño de
2007: Roteiro pola illa de Ons. Así
o conta o cronista: "Abriuse a época dos grandes descubrimentos,
iniciándose co coñecemento da illa de Ons a cargo de RILLAMILLAS
Orcellonenses e Ribeiroenses. O equipo dirixido con decisión e
aptitude polo gran capitán tomou terra en Punta dás Dornas
o 10 de Xuño do ano 2007. O descubrimento abriu novas rutas e foi
de suma importancia na orde socio ambiental dado a facilidade para comunicarse
e tratar cos nativos, incluíndo encontros con animais salvaxes,
algún destes ata lles acompañou mentres facían o
recoñecemento, que se prolongou durante bastante tempo para tomar
notas fotográficas dos distintos miradoiros, pozos, fontes, praias...
E sorprendidos pola natureza atopada allende os mares o grupo emprendeu
o regreso cunha mar embravecida, con ondas que nalgún momento pasaron
sobre as súas cabezas, pero o azar quixo que todo chegase a bo
porto, sendo este o de Bueu e coincidindo coa festividade do Corpus o
que axudou a propagar a noticia do descubrimento, mentres a unidade, venturosa,
pensaba en acometer novas empresas".
Fotos de Luisa aquí.
-
3 de xuño 2007:
Os rillamillas participamos na andaina
de Esgos e na andaina de Muiños ou do Xurés.
En ámbalas dúas con éxito. Por certo, que as crónicas
contan que a primeira muller en rematar a andaina do Xurés este
ano foi unha rillamillas (Luisa). Fotos
da andaina de Esgos.
-
27 maio 2007: ¿Houbo
andaina?
-
26 de maio 2007: Andaina
de Allariz: 50 km. Alí estivemos, entre outros, os rillamillas
(Bernardo, Ignacio, Luisa, Gonzalo e Juan). Botamos de menos a outros,
como por exemplo ó sr. Francisco. Foron varios os camiñantes
que nos preguntaron por él. Todos rematamos os 50 km da proba,
sen problemas. Este ano non fixo calor, a diferencia do que ocurrira no
ano pasado. Por eso todo foi mais doado. Bernardo recibiu como agasallo
unha camiseta da Andaina na que ía gravado o seu nome. Esto soio
llo deron ós grande heroes que facían por décima
vez a proba, é dicir a aqueles que estaban xa na 1ª andaina
de Allariz, fai dez anos, e que non faltaron a ningunha das que despois
se foron celebrando. Constancia. Perseverancia ... Gonzalo fixo a súa
5ª andaina.
Connosco camiñou tamén Roberto, igual que o fixera na rota
dos Carboeiros. Tamén nos topamos con xente do grupo dos caminhantes
de Vigo, como Iovana. O cal foi unha grata sorpresa. E falamos con outra
moita xente. Se os tivera que nomear aquí un por un ... non me
chegaría esta folla... Aquí
están algunhas fotos.
-
19 de maio de 2007:
I CAMIÑADA DE MONTAÑA. Rota dos Carboeiros. 50 kilómetros.
Saida ás 9:15 da maña na área recreativa do Torrón,
en Castrelo do Val. PRIMEIRA ETAPA: 22 km, con remate en Campobecerros.
SEGUNDA ETAPA: 21 km con remate en Castrelo do Val. TERCEIRA ETAPA: 7
km, circular, con remate en Castrelo do Val. Entre os soios 17 que heroicamente
rematamos a proba contábanse tres rillamillas.
Fotos
e crónica aquí.
-
13-05-2007: Contra
o cronista que ... "Concello de San
Cibrao das viñas, parroquia de San Miguel de Soutopenedo, 13 de
Maio. 3 Persoas distintas camiñamos simultáneamente como
un ser único: o trillamillas; e fixémolo partindo da Boutureira,
empezando pola ruta C, completando a B (Boutureira outra vez) tomando
para rematar a ruta A, e como bos RILLAMILLAS ao revés da sinalización,
o que nos complicou algo o seguir esta última ruta. Os camiños
leváronnos polos pobos de Outeiro Calvo, Laxe e Rego onde vimos
os seus pazos; achegáronnos á capela de san Roque e ao río
Barbadás para ver os seus muíños. Todo iso adobado
cun bo tempo que nos deu auga, sol, vento nas costas e na cara. Como un
auténtico tripartito (o momento manda) rematamos os 13 Km. e puxémonos
de acordo en que o pasamos pipa despexando corpo e ánima".
Veleiquí a raza e a coraxe incomparable dos rillamillas... heroes.
Por iso iste grupo é inmortal... E sobrevive en calesquera circunstancias...
adaptándose ó que faga falla... Fotos
de Luisa
-
29-04-2007: 14 rillamillas
buscaron (e toparon) ouro nas Médulas. Así o conta o cronista:
"¿Medo ás Médulas?
¡ca! Como as pebidas de ouro, escasos pero brillantes ¡que
bén o pasámos!". Fotos
de Luisa. Fotos de Diz.
-
15-04-07: Ruta por
Paraños. Debeu ser apaixoante. Así a conta o noso cronista:
"Carballiño 15 de abril 2007.
Un grupo de once avezados exploradores tomamos camiño cara ao leste
da provincia de Pontevedra, seguindo ao gran Bernardo entramos en terra
de montes onde, logo de parlamentar coas xentes de Paraños, empezamos
unha ruta que, pola beira do río Xabriña e con marcha filarmónica
levounos ata un prado de difícil saída, baste dicir que
alí estaban os restos do esqueleto dunha vaca incapaz de saír,
pero conducidos polos guías locais (desbrozadores ocasionais) Karina,
Cris, a amiga Tea... E con Sendín á cabeza saímos
por un paso aberto nas silveiras. Cruzados unhos casales con cobras e
petos de ánimas, chegamos á Lamosa onde vimos varias eiras
para o traballo da cera, aquí xunto ao santuario da Virxe dos libramentos,
o grupo separouse para, mentres uns facían xestións oficiais
outros visitaban un lagar da cera (lagar curioso e lugar precioso). Reagrupados
en Paraños, comemos xunto ao río Xabriña, sentíndonos
como auténticos Marco Polos pola ruta da “cera”".
Fotos
-
01-04-2007: Ruta por
Partovia. Camiño dos arrieiros. O cronista relátaa así:
"Fixemos unha
ruta tipo cadeneta (varias circulares unidas) enlazando fermosos camiños
por o val do Carras, usando incluso o campo a través e vendo parte
da futura ruta dos arrieiros, é triste que tapen con zaorra as
relleiras feitas por os carros dos arrieiros nun camiño que leva
o seu nome, por o demais 13 andaregos (falten ou veñan levamos
un tempo que sempre somos 13) pasámolo ben guiados por os amigos
Tato e Dario neste 1 de Abril, Domingo de Ramos".
-
18-03-2007: Unha fermosa
ruta polo concello de Cotobade. Sol radiante. 10 rillamillas. Tres guias
magníficos. Camiño. Muiño. Mulas amigas. Vacas pacendo
pacíficamente. Lameiros verdes verdes. Unha subida "pindia".
Fermosas vistas dende o alto. Baixada relaxante. Apoteósica explicación
de Chato acerca da formación dos petroglifos. Dudas acerca de se
faciamos outro cacho da andaina. Decisión afirmativa. Baixada sobre
auga de cara o río Lerez. Auga limpa no río: sorpresa. Limpia
cristalina. Subida longa polo camiño de volta. Chegamos ós
coches pasadas as duas: cansos, pero contentos. E logo unha comida. Tarta
de cumpleanos para Marga. Grata sorpresa. Risas. Un día para non
esquecer. Fotos
aquí
-
04-03-2007: Estupenda
ruta polo concello de Vilamarín. Disfrutamos do río Barbantiño.
Fotos aquí.
-
18-02-2007: Por fin
fíxose a ruta, mantendo así a sagrada tradicción
dos rillamillas de sair cada 15 días, pase o que pase. Este é
o sabroso comentario que o noso cronista fai dese roteiro: Malia
o entroido e o bulir para evitar a loita vulpécula, 5 amiguiños
acudimos a cita para camiñar o PR-G4 Camiño Real de San
Pedro de Rocas. 42’ de desprazamento por cortesía de Chato
e postos no punto de partida, para, por un camiño que ningún
coñeciamos pero moi ben sinalizado (felicitar o concello de Esgos-
ou a quen corresponda- por o seu mantemento) e de unha grande bonitura,
achegarnos o mosteiro de San Pedro de Rocas, case metade do percorrido,
onde fixemos un alto para que a compañeira Marga nos iluminase
co seu capital-cultural a igrexa do cenobio. Despois desta precisa parada
seguimos subindo cara Quintas do Monte, onde xa notamos o aire entroideiro
que nos recordou que no grupo habia trouleiros o que nos fixo baixar mais
a presa cara Esgos para que chegaran a tempo ás súas comparsas
e poder facer o desfile da tarde, rematando unha xornada de gran valor.
O RILLAMILLAS existe ¡xente de pouca fe!" Fotos
aquí
-
04-02-2007: A ruta
coméntaa así no foro "Cerraportelos": "Ali
estábamos 10 rillamillas na parrillada de saida,para un roteioro
corto. Rodas novas,frenos revisados,motores a relentí... Todo a
punto! Cando se ia a dar a saida. PLAFF!!!! Un rillamillas tubo un pequeno
roce con outros. Que si se facía trampa,que si había que
respetar as datas, que si tiñamos que ver ben os semáforos,
que si había que ter conta nos cruces... Esto fixo que se nos retrasara
un pouco a saida. Chegados a un acordo dispuxémonos a facer o roteiro,
por certo, un roteiro moi desexado por un dos rillamillas mais veteranos,
o roteiro a Corneda. Fomos por a Gouxiña,pasamos por Souteliño
todo moi normal e tranquilo ata que chegamos a Campeliños donde
un dos compañeiros resultou ser moi coñocido na zona. ¿A
que se debería?. Pillin,pillin... Iste rotiro decidímolo
bautizar co nome de "O roteiro da ex de Mon..." Ó final
resultou mais longo do previsto. Pero coma sempre pasá molo moi
ben, moi ben, moi bennnnnnnnnnnn..
BIKIÑOS E A SEGUIR PREPARANDO OS MOTORES"
Fotos de Luisa. Fotos
de José Antonio.-
-
21-01-2007: O noso
cronista comentou así a ruta: Tal
cual se dixo así se fixo. Coches na parrillada dos Hermida, e andando
cara Soutelo pero pasada a Mesa dos Bispos torceuse cara o Marcofan e
por pistas llanas e con moita parsimonia (non parecíamos o RILLAMILLAS)
seguimos con sosego pasando por a Chancela (mámoa) e pasando o
petroglifo( ou reseña de unha morte dos anos 50 séculoXX-
según o amigo Diz ruta do 6 – 11 – 05) e o río
Magros, encaramos a costa ata o portelo da Fenteira (808 m.) onde fixemos
un alto o pe do ídolo alí existente, que data da época
dos vigilantes dos incendios DC. Camiño de Sonelle botamoslle salsa
RILLAMILLAS (toxos, camiños sin salida, ríos de auga fría…)
que é o que nos gusta, e chegando a Sonelle o cheiro a comida e
a hora fixonos coller trote RILLAMILLAS por eso nin paramos a falar con
unha veciña que se alegraba de ver xente por o barrio é
que ainda nos quedaba algo para completar os 18Km da camiñata.
¿Xa sabedes como o pasamos? Pois eso.
-
07-01-2007: Primeira
ruta do ano. Así a comenta o cronista no foro: "A
ruta de hoxe inda que fora de tempo tivo unha atmosfera navideña,
primeiro consenso (¿) entre os quince presentes cando se acordou
cambiar a ruta prevista, incluindo cambios sobre a marcha (en Moldes acordouse
ir a Groba e de aquí a Nonás). Non nos amolou a chuviñada
de toda a mañá, nin siquera desorientarnos nun lameiro entre
Boborás e Almuzara, nin o malestar do corpo despois de un tempo
parado, mesmo nos recibiron con foguetes en Astureses, tamen nos acercamos
a Fondo de Vila a ver un presebe con idea de montar un posible Belén.
Fomos tan buenos que os Reis Magos nos deixaron un agasallo en forma de
visita e compañía de catro amigos do Club de Caminhantes
de Vigo. Pasamolo divino". E Zalo, un cos caminhantes
de Vigo, deixou este fermoso comentario: "Fantabulástico día
o que pasamos hoxe convosco!!. Grazas por acoller a estes camihantes descarriados
e nos pasear polas vosas terras e polas vosas tabernas. Non sabemos de
maneira mellor de pasar un domingo. Isto non pasa en Alemania!!. Haberá
mais días. Apertas para todos!!" Fotos
de Luisa E aquí tedes un
fantástico RELATO desta ruta, escrito por Zalo.
-
-
03-12-2006: Foi unha
ruta invernal. Cóntanolo o cronista: "Alguen
dixo: hai que mollarse. Pois eso fixemos pese ós nove paraugas.
Acordouse suspender a parva na casa do amigo Tesouro o que causou a retirada
de algun dos presentes, os que nos agarramos o pau do paraugas fixemos
unha camiñata corta e rápida para poñernos pronto
o acolleito.Pasamolo coma sempre pero mais humedos".
-
19-11-2006.- Ruta do
viño novo. Así a conta o cronista: "Empezamos
con auga, terminamos con viño, e nada de chuvia por o camiño.
Incríble ¿verdade? Pois esto non e nada, houbo mais sorpresas
como a de facer unhos tres kilómetros totalmente novos incluindo
unhos 400m por carreiros de xabaril que nos deixaron o pe do Puzo dos
Fumes e todo esto malia camiñar por unha ruta clásica do
RILLAMILLAS (Moldes vainos nomear fillos adoptivos) A propósito
moi perigosos os tramos de madeira no Puzo dos Fumes que estaba espectacular
por o caudal do rio, e o viño de Cabanelas vale para escribir unha
novela ¡canta tinta! Só fomos cinco e pasamolo, si señoras-es,
moi ben". Fotos
de Luisa
-
05-11-2006: Andaina
por Cenlle e Magosto. Este foi o comentario
do cronista: "Moi ben o equipo técnico que fixo o montaxe
das fotos que nos acompañaron mentras comiamos, moi acertadas as
rutas escollidas: unha urbanita, outra sen camiños e unha mais
fora de Galiza, para que se vise todo o que abarca o RILLAMILLAS ¡excelente!
Por certo nas fotos de grupo de final de magosto (05 - 11 - 06) vense
caras de cansancio ¿que foi? por moito RILLAR ou por as MILLAS
feitas". Fotos.
-
22-10-2006: Estaba
previsto un roteiro pero tivo que suspenderse porque chovía e chovía
sen parar, coma se o ceo estivera roto. O
Cronista cónato deste xeito: "Según as miñas
fontes a ruta do 22 - 10 - 06 presentaronse 5 RILLAMILLAS (valentes) un
deles con tanta ansia que foi media hora antes, e vendo que ainda non
habia ninguen e escampara aproveitou para facer unha camiñata por
a zona do mutis pisando parte do foro. Os outros catro chegaron a sua
hora e despois de escoitar o presi e facer unhos minutos de cortesía
por si viña alguen mais, marcharon por a parte das Pingueiradas
, Arroida e Bategada para chegados a Augas de arriba voltar para casa
completando unha pequena ruta pola zona de Ningurestan ¿pasarono?
seica unha choiva de ledicia".
-
8-10-2006: 14 rillamillas
saímos das termas da Chavasqueira (Ourense), subimos a Velle, cruzamos
pola presa, baixamos a Outariz, cruzamos a pasarela, e volvemos a subir
ata chegar de novo á Chavasqueira. 16 km arredor do río
Miño. Unha boa andaina, na que non pasamos frío. Destacar
a participación da rillamillas mais nova (debe andar polos 8 anos)
e dun dos rillamillas máis vellos (Francisco, que xa pasa dos 70).
No medio estábamos tódolos restantes.
Fotos
de Ourense.
-
Domingo día
24 de setembro de 2006: Roteiro de Carballiño a Corneda, ida
e volta. 16 km. Choveu. E logo volveu chover. E non parou de chover.
A auga non enrugou ós 13 rillamillas que, parachoivas en ristre,
seguimos os pasos raudos e veloces do Sr. Francisco... ata que nos
perdemos de vista... e logo volvemos por onde millor nos pareceu.
Un día mollado ... pero fermoso. Fotos
aquí.
-
Día 16 de xullo
do 2006: Peche do curso 2005-2006. A tempada foi longa. As notas boas.
O cronista comentou o peche deste xeito: "Hoxe
xuntamonos, entre os que fomos andar, os RILLAMILLAS xubilados, os que
viñeron xantar, e os futuros RILLAMILLAS, mais de 12 e menos de
20 almas para fextexar o peche do curso e de paso ensalzar a organización
RILLAMILLAS que é (por suposto das millores) do tipo goma, moi
elástica, pois deu para camiñar, para celebrar un cumpleanos,
para bañarnos, para falar, para cantar (cancións de culto
no grupo: camino verde, una piedra en el camino….). En fin, unha
xornada chea, rematada cerca das 23 “o clo”. E esto acabou
pero como escribiu o poeta: “¿que me espera a la vuelta del
camino? Una fuente, un castillo, tal vez que continua el camino”.
Que non e pouco. Vémonos en setembro para pasalo como acostumbramos,
efectivamente, MOI BEN". Fotos
do peche da tempada aquí.
-
Día 25 de xuño
de 2006: Soio catro rillamillas se presentaron na saída. Pero foi
coma sempre unha ruta fermosa. E os catro andantes cabaleiros/as pasárono
moi ben. O cronista comentouno no foro deste xeito: "4
RILLAMILLAS disfrutamos do palleiro, porque mais que andar fomos calcar
na herba, e entre feixe e feixe gozamos dunha mañá serena,
a única brisa que notamos foi a que xeraban as bolboretas movendose
en gran cantidade o noso lado. Tamen tivemos tempo de falar da maneira
correcta de abrir unha lata de sardiñas das abre facil: agarrar
forte coa izquierda e tirar coa direita, agarrar forte coa direita e tirar
coa izquierda, tirar coa anilla e usar un abrelatas...e como quitar as
manchas de aceite posteriores (o debate quedou aberto). Xa sabedes como
o pasamos os RILLAMILLAS: moi ben". E unha
rillamillas envioume por mail este comentario: "A ruto levouna
Xano e fomos hacia Longoseiros, Enfesta, Eixan... pasamos por fondo de
Cima de Vila... Levounos por un tramo a pe de rio que é moi bonito,
ensinounos o porquiño de pedra e falamos de moitos temas (moi interesantes
por certo). Vimos moitas mariposas, e hasta atopamos a cáscara
dun ovo dalgun paxariño. Foi unha maña moi tranquiliña.
Por certo seica era a última andaina da temporada, pero xa falamos
de organizar outra para rematar a tempada xa que faltou moita xente, e
non se pode rematar así". Fotos
de Luisa.
-
Día 11 de xuño
de 2006: cinco rillamillas fixeron unha ruta por terras de Carballiño
e Moldes. E outros catro rillamillas fomos á andaina da serra
do Xurés.
-
Día 4 de Xuño
de 2006: éxito rotundo dos rillamillas na 3ª andaina Cidade
de Ourense, de 42 km. Fixo un día de sol e calor. Soio remataron
a proba 121 dos máis de 400 participantes. Os rillamillas cumpliron
os seus obxetivos. Ignacio, Suso e mais Juan chegaron ata o final dos
42 longos km da andaina. Foto
-
28 de maio de 2006:
Os rillamillas estabamos convocados coma sempre ás 9:30 na estación
de autobuses para facer unha nova andaina. E sucedeu un feito inédito,
pero que ennoblece ós rillamillas e que nos enche de orgullo: soio
apareceu a persoa que estaba encargada de guiar esa ruta. Naide mais.
A pesar diso, o feito de que o guia non fallase, ainda que lle custou
ir e que tiña moitas outras cousas que facer, é algo moi
de agradecer. E outra cousa alucinante é que, seguindo a filosofía
rillamillas, a ruta fíxose igual, pois a ruta mantense cada quince
días vaia mais xente ou menos... O guia e cronista camiñou
en compañía da súa amiga soidade, e cónstame
que a súa muller non sentiu celos... E contounos a etapa no foro
con estas sabrosas palabras: "Este
Domingo pasado fixose unha ruta aprobeitando cachos de rutas marcadas
por ós concellos de Carballiño e Boboras, e outras marcadas
por RILLAMILLAS (montes do moucho) unindos con camiños, carreteras
e incluso o ferrocarril, dando lugar a unha circular de mais ou menos
12 Km, pasando por Longoseiros, Gódas de Arriba, Enfesta, Eixan,
Montes de Franza, Medela, Vilar e volta a Carballiño (RUTA DE moitas
RUTAS). Pero si por algo pasa a historia é por ser unha das rutas
de menos afluencia de persoas: un servidor e a amiga Soledad.Vese que
a falta dos pesos pesados (defendendo o pabellón en Allariz) e
o moito calor ¡acobardou! os RILLAMILLAS. E andivemos un chisco
e oimos o son do camiño (a compañeira é realmente
silenciosa, ainda que moitas veces moi agradable) e vimos sitios curiosos
coma unha pena que mesmo parecía o traseiro dun porco, e pasamolo
moi BEN eu e a amante inoportuna (sig. SABINA)"
-
DIA 27 de maio 2006:
5 rillamillas (Francisco, Bernardo, Luisa, Gonzalo e Juan) participamos
na andaina de Allaríz: 50 km en doce horas. A primeira etapa, de
16 km, foi fermosa e levadeira. Pero a segunda, de 22 km, fíxose
larga, moi larga. O calor empezou a apretar. A subida que hai despois
do Rexo presentouse cando levabamos máis de 20 km nas pernas, cando
os reloxos marcaban as 14:30 horas e cando os termómetros falaban
de 37ºC... Todo esto xunto fixo que esa longa subisa se puxese moi
costa arriba. A posterior baixada camiño de Allariz, pasando por
Aguasantas, tamén se fixo longa. En troques, a derradeira etapa,
de 12 km, resultou moito mais levadeira.
O calor fixo mella na xente. E dos setecentos
e pico que empezaron soio rematamos cento e pico. Pero o pabellón
dos rillamillas quedou moi alta, pois completamos a proba o oitenta por
cento dos rillamillas que a empezamos. Foto
-
14-05-2006: Ruta polo
río Arenteiro, subindo pola marxen esquerda e baixando pola orela
dereita. 16 km, máis ou menos. Moi bo día para camiñar.
Fotos de Juan. Fotos
de Luisa.
-
30-04-2006: Roteiro
Lago de Sanabria. Dificil, pero fantástico. Unha andaina das que
crean aficción. O
Parque Natural do Lago de Sanabria foi creado en 1978, anque está
protexido dende 1946 como Sitio Natural de Interés Nacional. As
súas 22.345 Ha. engloban unha paisaxe dominada polas serras Segundera
e Cabrera, e foi modelada pola acción dos glaciares da Era Cuaternaria.
Dende Pena Trevinca (2.124m) desprendianse varias linguas de glaciares
de impresionante tamaño que , o retroceder polo quentamento do
planeta, deixaron ó descuberto profundos vals en forma de U, numerosas
morrenas e un importante conxunto de máis de trinta lagoas.
Fotos de Juan. Fotos
de Luisa.
-
16 abril 2006: Ruta
do románico. Xano, o noso mellor cronista, comentouna así:
"Dia de retorno, non
houbo moito tráfico nos camiños, sólo nos topamos
6 RILLAMILLAS que fixemos o viaxe sin revesés pese a que o tempo
deixou as vías algo humedas. Circulamos con fluidez agás
pequenas retenciós en Astureses (na iglesia, esplicaciós
do guía) e Xubencos (iglesia e ovellas na calzada). O regreso por
Moldes, Pontarriza e Godás deixounos a porta do Carballiño,
onde para evitar atascos algún tomou desvios alternativos, chegando
todos sin problemas para o xantar.
P.D. non vimos matrículas foraneas, os 6 OU"
.
Fotos
de Luisa.
-
02 de abril de 2006:
Andaina polo Irixo. CIRCULAR DE ALEMPARE, que o noso cronista comentou
no foro de xeito maxistral, con estas palabras: "Ruta
case que toda na parroquia de Loureiro (Irixo), por camiños neste
tempo, pero vendo ós de outrora gracias a paixón do guieiro
que nos falou dunha época na que nos pobos non había randieiras,
pero si rapaces que usaban as penas coma esvaradoiros, caso da Pena da
Vella que tiña de todo, mesmo retrete. Movémonos entre prados
nos que pacían vacas e hoxe hai bosques, vimos como fumegaban as
carboeiras onde as uces dan flores, pasamos por un abastecemento de auga
o Carballiño (que non chegou a ser) e hoxe son muiños e
pontillón abandonados, voltamos a Alemparte, pobo cheo de xente
gracias as minas das Grobas,e agora 8 veciños, e de acordo con
algun dos 16 RILLAMILLAS presentes, a ruta podese catalogar de SEMI-HORACIO
(camiños, cortalumes, lendas e final con viandas na casa do anfitrión)
¿E pasamolo? efectivamente, moi ben.".
Fotos
de Luisa.
-
19 de marzo de 2006:
Catro rillamillas e un guia fixemos o fermoso roteiro de Xirazga.
Fotos
de Juan.
ROTEIRO DE XIRAZGA
Inicio/Fin: Xirazga.
Lonxitude: 15 Km,
Duración aproximada: 7 horas.
Desnivel: 260 m,
Dificultade: alta.
Núcleos de poboación: Xirazga, Ricovanca, Doade.
Conenza
o roteíro a carón da Igrexa parroquial onde tamén
se atopa un fermoso cruceiro do escultor Cerviño.
Iniciamos o roleiro por unha písla
asfaltada en díreccíon o lugar de Alén, a 600 metros.
Dende Alén collemos unha pista de terra en dirección á
paraxe de O Casteliño, a 900 metros.
Dende O Casteliño seguimos pola mesma
pista duranle uns 4.000 metros, ata a ermida de Santo Domingo, onde
ademáis da ermida temos unha área recreativa, un cruceiro,
unha mámoa e os restos dunha cista megalítica.
Dende a ermida de Santo Domingo collemos unha
pista en dirección W. que tras 1200 metros de recorrido nos levará
ata a paraxe de a Serra onde se localizan minas de estaño.
Dende as minas collemos unha pista de
terra durante uns 2.000 metros ata a aldea de Ricovanca, onde poderemos
visitar a súa ponte medieval, por onde pasa o camiño Breeiro,
que comunicaba Ribadavia con Santiago de Compostela. Na aldea tamén
se conserva un muiño e un forno comunal.
Dende Ricovanca seguímo-la estrada que
se superpón ó mentado camiño Breeiro, e a uns 1.400
metros atopamos a paraxe da Portela da Cruz, onde un túmulo megalítico
serve de linde entre as provincias de Ourense e Pontevedra.
Dende este túmulo seguimos por pista
de terra en dirección E. durante 2.000 metros ata a estrada de
Brues-Pontecaldelas, a cal seguiremos ata a aldea de Doade, a 1.100
metros. En Doade podemos ver o único peto de ánimas do
concello e a capela da virxe do Carme.
Dende Doade collemos un camiño tradiccional
en dirección N-E, a 350 metros atopamos a paraxe do Batán,
cun pontillón e varios muiños.
Dende o Batán seguimos por outro camiño
tradicción en dirección N-W. ata outro muiño a
300 metros. Seguimos o camiño durante uns 800 metros antes de
chegar á aldea de Xirazga, non sen antes visitar outro muiño.
-
05-03-2006: Ruta por
terras de Boborás que o noso magnífico cronista comentou
no foro con estas verbas: "Algúns
RILLAMILLAS acudimos o concello de Boboras para facer unha camiñata
por as parroquias de Brués, Xurenzás, Xendive e Moreiras,
vendo minas de ouro, grandes hórreos, pombales, casas grandes e
pequenas, igrexas e mámoas, tendo como eixo o rio Viñao(un
dos mais bonitos da provincia).Ruta de suor e sangue, primeiro por que
algún abrigouse de mais pensando no frio(e non fixo tanto) e por
os 12Km do camiño que se convertiron en 16Km, e sangue (NON, non
houbo accidentes) sangue nova xa que incorporouse outro socio que despois
de aturar o trote RILLAMILLAS cumpliu coa graduación(incluido bonete)
o final da ruta. En resumo 11 andaregos para facer 16Km nunha mañán
estupenda e ¿pasamolo? Efectivamente, BEN" . E Luisa
fixo fotos, que estou desexando ver, e que moi pronto serán colgadas
na web.
Fotos
de Luisa
-
19-02-2006: Nova ruta,
que o cronista, comentou no foro deste xeito: "16
fieles acudimos o acto programado por os RILLAMILLAS para este domingo,
e frente a tanta devoción o tempo permitiunos camiñar sin
vento e case sin chuvia, fixemos unha pasada rápida polo Carballiño,
baixamos Flores, e cruzando un cheo Carrás, fomos cara Dacón
por Señorin, despois por cerca do ferrocarril fomos deica o puzo
do golf ou o campo do Lago, e despois de deixar a Paz e compañia
no camiño, fomos dirección Agro de Quinta, onde visitamos
uns muiños no alto Carrás, e por a via de servicio da carretera
¿de Cea? ¿de Ribadavia? camiñamos e chegamos outra
vez a casa da Paz, onde ela e algún mais nos confortaron con un
grande XANTAR.¿que como o pasamos? eso, a fartar. P.D. os callos
estaban para pecar (de vicio)".
E contan as malas lenguas que comendo callos había moitos máis
dos 16 que foron camiñar. Hai quen fala de 40 comecallos.
Fotos
de Luisa
-
05-02-2006: Ruta por
terras de Astariz. Este foi o comentario
que o cronista puxo no foro: "¡Vaia!
¡vaia! cacho ruta rutera todo por o monte ren por a carretera. Completa
a mais non poder: agatuñamos por penedos, arrastrámonos
por baixo de rochas, vadeamos o rio Fragoso, movémonos por unha
fortaleza castrexa perdida nunha selva de carballizos, loureiros e sobreiras.
Demos 21 opinións (fomos a camiñar 21 RILLAMILLAS) sobre
un morteiro xigante, bebemos na fonte santa e na bodega do anfitrión.
En definitiva unha ruta Horacio 100 por 100: bo camiño (algún
había) e millor viño". Outras
versións contan que foi unha ruta "Quetzal". Camiñando
por sendeiros que existiron en tempos remotos e dos que agora soio queda
o recordo envolto nun mar de toxos e silvas. Ruta orixinal, sorprendente,
pero fermosa. Unha ruta na que os asistentes o pasaron moi ben. Das que
crean aficción..
E María Luisa enviou este comentario:
"5 de xaneiro 2206.Roteiro de uns 9km, non
moi longo pero moi, moi intenso. Escomenzamos en Astariz, 22 intrépidos
rillamillas con Horacio o fronte quen nos guiou e instroiu. Resultou unha
camiñata moi interesante, con to do tipo de accidentes xeográficos
(e algun que outro persoal). Arrastrámonos coma serpes, fixemos
escalada, cruzamos un rio, andivemos por sendeiros e non sendeiros para
logo subir ó coto, onde se di que hubo un poboado castrexo. Tamén
vimos todo tipo de vexetacion, aquelo parecía unha auténtica
selva. Logo fomos a fonte santa, onde algunhos catamos a auga que por
certo e moi fresquiña. Despois de tantas emocións voltamos
para o pobo, onde Horacio con moita amabilidade nos convidou a un viño.
En fin,pasámolo coma cativos. Dámoslle as graciñas
a Horacio por aturarnos". Ver
fotos
-
22 de xaneiro de 2006.
Este é o comentario
da ruta que fixo Luisa: "Andaina circular de uns 11Km, dia soleado,
frio e con algo de neboa.¡Marabilloso,explendio! para ós
dezasete rillamillas que saimos do Castro de San Cibrán de Lás,
onde estivemos a ver o antigo poboado celta, "culturizándonos".
Logo fomos por un lado de Ourantes, pasamos por Xinzo, onde por certo
había matanza (case levamos os porcos non poidemos, por peso, non
pola idea). Saindo do pobo collemos un camiño forestal que nos
levou ata o S.Trocado, donde hai moi boas vistas. Frescos coma rosas voltamos
o punto de saida. DIA REDONDO". Fotos
de Luisa
E este é o comentario que fixo Diz: "A
saída foi da área de servizos do Castro de San Cibrán,
para comezar ascendendo deica ó cuimio do castro e votarlle unha
ollada ós traballos que están a facer alí, como é
o caso da reconstrución da muralla oeste. Logo de atravesar a estrada
comezamos a baixar deica chegar ó pobo de Xinzo, onde andaban unhos
veciños a dar conta de un par de marraos e xa comezaran o despiece.
Baixo a "batuta" de Gonzalo seguimos a baixar ata o nivel da
néboa por medio de bosque de piñeiros e abundante monte
baixo, todo por a vertente de Laias. O regreso foi unha boa ascensión
ó cumio do San Trocado, con parada na ermida e algúns valentes
que inda chegaron a sobir a punta do "geodésico" para
otear na lontananza, pese a que a abondosa néboa non permitía
ver o cauce do Miño. Ó remate a traveso do Castro de San
Cibran, esta vez por a cara leste, para ver o resto das obras de restauración
que están a facer, inda que o centro de interpretación se
atope parado, seica que por mor de que o proxecto non é o máis
axeitado para o entorno do castro. Algúns inda acertaron a degustar
o "polbo a feira" no Lembranza de San Amaro, para poñerlle
un bo remate gastronómico á xornada"
E aquí tedes outra crónica
da mesma ruta: "Vexo as cronicas de Luisa e de Diz e coido que fixen
unha ruta distinta da que fixeron eles,todo vai tal como din eles o principio,
o medio, pero o meu final foi diferente, pois si, empezamos no castro
(a Cidá),pero rematamos nun sitio con moitas pedras ben postas,
que tras razonar e pensar que si: Celtas, Iberos, Celtiberos, Godos, Visigodos,
Romanos, Unos e Outros chegamos a conclusion que aquelo foi unha viña
en socalcos, e para tornar o xabarin fixeronlle un valadiño o arredor.Asi
que comenzamos no Castro e rematamos nunha viña traballada (de
aquela) en bancales. Porcerto as fotos son moi feitiñas".
Esta é a crónica que Xano nos puxo no foro.
-
08 de xaneiro de 2006.
Ruta circular saíndo de Carballiño, río abaixo ata
A Ponterriza, pasando logo por Moldes e por Paradela, baixando a Castro
Cavadoso, subindo a Banga, e volvendo logo para Carballiño. Arredor
de 16 km. Mañan alegre e fresca. Estupenda para camiñar.
11 rillamillas. Ledos coma sempre. Unha fermosa camiñata. Fotos
aquí. Máis
fotos aquí.
-
18 decembro 2005: Roteiro
marabilloso pola Serra do Candan. 12 km. Circular. Dificultade media.
Nas proximidades de Forcarei. Visita ó mosteiro de Acibeiro. Comida
ó rematar a ruta. Día despexado e soleado. Fresco. Alegre.
Magnífico. Fotos
aquí.
-
4 decembro 2005: Rua
dos Muiños, pola beira do río Brull, pasando pola Barcia,
seguindo logo ata a Vilaverde e voltando pola montaña, polo interior.
Ruta serrucho (de sube e baixa), fermosa, excitánte, mollada...
Chovía e paraba. Nin frío nin calor. O río Brull
pletórico de auga e paisaxe. Muiños, presas, penedos, xigantescos
ovos de avestruces dinosáuricas... Vexetación, paisaxe e
xente. Os camiñantes ledos. Foi unha fermosa mañán.
Unha ruta das que crean aficción. E quedamos con ganas de volver
a facela na primavera. O percorrido foi de 10 km máis ou menos.
Aquí
pódense ver algunhas fotos.
E aquí algunhas das fotos
que fixo M.Luisa.
-
20 novembro 2005: Magosto
rillamillas. Fixemos pola mañan o Roteiro da Freixa. 18 km con
grandes costas. Algúns chegaron coma se nada pero outros chegaron
reventados. Pero o bó chegou despois da camiñata: xantar-magosto
(cocido estupento) no local social de Vilar de Rei. Aquí
hai algunhas fotos da camiñata.
As fotos do cocido non se poñen para non dar envexa.
-
6-11-2005: Ruta por
terras do Paraño, O Regueiro, A Fenteira... José Luis Diz
anunciounola así: "Esta
é a rota prevista para o domingo, por terras do Regueiro e da Fenteira.
A saída do Bar Melchor camiño de asfalto durante unhos 500
mts., a estrada vai para As Ventelas, segue e máis adiante a da
dereita sobe ó alto de Marcofán, pero seguemos por o llano.
Entramos no piñeiral, e saen camiños por a dereita e por
a esquerda, nos seguimos por o llano ata saír do piñeiral,
que comeza a baixar deica ó regato que ven de Regueiro e vai a
Magros. Por a dereita ven una pista que baixa de Marcofán e outra
lévanos deica Magros, pero non collelas. Seguimos baixando deica
ó regato, o camiño fai unha gran ese e antes da ponte vese
á dereita a parede do miniencoro que hai alí abaixo, e nunha
laxa hai como se fora unha lápida sepulcral comemorando un morto
alí nos anos 50. Pasamos o regato e comeza a subida deica a caseta
de incendios da Fenteira, que unha vez pasada teremos que baixar por a
pista da dereita antes de entrar na estrada de asfalto. Baixamos como
un km. e na bifurcación hemos de coller a esquerda, xa que por
a dereita imos a Feás e máis a estrada de Feás-Beariz.
Imos baixando-llaneando por baixo da torreta da Fenteira, un camiño
ancho bordeado de eucaliptos pero con auga das escorrantías da
parte alta do monte. Chegando a ver o bar do Paraño, temos que
coller á esquerda e sobir por a pista de Becoña-Paraño
para rematar na explanada do bar, (Se queren facer alpinismo poden acortar
o trazado por un cortalumes empinadísimo por baixo do bar do Paraño,
pero xa sabedes, "non hai atallo sin traballo"). O total do
recorrido é de 16 km., a maior parte llano-baixada, e tan só
dúas subidas: O pasar a ponte do regato que ven do Regueiro e no
tramo final na pista de Becoña, que sobe ó bar do Paraño.
Que vos aproveite!!!." Mapa
da ruta. Fotos
de Pilar. Fotos
de José Luis Diz
Despois de feita, José Luis Diz describiu
a ruta así: "En total 14 "rillamillas" afrontaron
a rota do domingo día 6 por as terras de Marcofán e A Fenteira
para rematar no Paraño.
As labores de retirada dos piñeiros do monte perxudicaron un pouco
o percorrido xa que o camiño enlamado facía un tanto difícil
o camiñar con bo paso.
Fíxose con ritmo alto, xa que a maior parte do traxecto era llanear,
e tan só dúas baixadas: ó regato de Magros e máis
á Campa da Fenteira.
As costas tamén foron contadas, inda que con un bo desnivel, a
subida á torre de incendios da Fenteira e maís a subida
ó bar do Paraño.
Como novidade, que na baixada da Fenteira e na subida ó Paraño
xa chegou alá o progreso, e o alfalto deixouse ver nunhos recunchos
onde fai tres anos esta era unha rota totalmente de terra.
O remate, no bar do Paraño unhos e outros no bar do Melchor, deron
boa conta de sendos cocidos; ...os menos tomaron camiño de O Carballiño
para xantar nas súas casas.
O día de sol axudou en todo tempo na rota e gozamos de maxestuosos
paisaxes da zona baixa de Magros e Beariz, de Feás e Becoña,
do Suido e da Pena Corneira entre brétemas, e máis do encanto
da montaña do Paraño. Todo elo co verde escuro do manto
vexetal do monte autóctono desta zona. Para repetir na primavera
e comparar as cores!". Fotos
de José Luis Diz
-
23-10-2005: Roteiro
pola parroquia de Partovia. Visitando as covas das Adegas. Senderismo.
Escalada. Espeleoloxía. Fixemos un pouco de todo nunha fermosa
mañán. Ó redor de 20 camiñantes. Fotos
-
09-10-2005: Roteiro
circular por cerca do Carballiño, de 10 a 13 km.
Fotos
-
2-10-2005: Participamos
na ruta de Penacorneira, organizada pola asociación de veciños
de Partovia. 17 camiñantes. Algúns deles viñeron
dende Xinzo. Fotos aquí.
-
25-09-2005: Primeira
ruta internacional dos rillamillas por terras de Portugal. Saímos
as 8:30 da estación de buses. 9 rillamillas. Deixamos un coche
en Valença e levamos os outros dous a cerca de Monçao. Fixemos
o roteiro: Ecopista Monçao-Valença. Terreo totalmente chan
que discurre pola antigua liña de ferrocarril de vía estreita.
Chegamos cedo e demos unha volta por uns fermosos camiños en Valença
ata que nos pareceu hora de xantar. En total andivemos mais ou menos 15
km. Comemos churrasco, carne richada, arroz, patatas, e outras cousas
que xa non me lembro de cómo se chamaban. Estaba todo moi rico.
Foi no Restaurante O Cabanas. Despois de comer algúns viñemonos
xa para a casa e outros valentes volveron pola parte de España
camiñando cara Monçao. Como anécdota contar que en
Valença topamos un chino que ía camiñando e que nos
preguntou se aquelo era España, e cando lle dixemos que non, que
era Portugal, preguntounos por ónde se ía a España.
¡Supoño que non viría andando dende China!!!. Fotos
aquí. Máis
fotos de Portugal aquí.
-
11-09-2005: Ruta corta,
circular, por cerca de Carballiño. 10 km. 5 rillamillas. Un comenzo
suave para recomenzar sen traumas as nosas fermosas andainas
-
Domingo, 26 de xuño
de 2005. Andaina de Carballiño á Madalena, rematando con
currascada. Andiveron dez, máis ou menos. Pero para comer estabamos
cerca de trinta. Foi un día marabilloso. O churrasco estaba moi
rico. ¿Quén o cociñaría?. A sombra dos carballos
daba fresco. A xente estaba contenta. Estivemos na gloria. ¿Queredes
velo? Fotos aquí.
E con esto rematou a temporada, por este ano. En setembro retomaremos
as andainas.
Esta derradeira etapa cóntase
así no foro: "A ruta deste domingo levounos deica a Madanela,
pasando por Veiga, a Costiña, Madarnás, a Esgueba, Pena
das Avespas, Ramil (pobo deshabitado onde vimos unha lerme de medio kilo
negra coma o medo), Pico da Peniza - fixemos un alto para osixenar e mirar
as fermosas vistas- e xa baixando cara a Madanela a compañeira
Rosa levounos a ver a Casiña da Moura, un abrigo natural cheo de
enerxias, coido que positivas, por que sentarse ali en silencio e mirar
o Val do Arenteiro reconforta grandemente. Xa no santuario da Madanela
fixemos o xantar de peche da tempada, donde se achegaron os que non diron
madrugado para camiñar e os lesionados(o final da tempada foi duro)
¿A comida? a fartar: viño do Ribeiro, auga da Madanela,
doces de Juan (salirolle moi bos), o dia bárbaro, a compañia
cojo-(algun)-nuda ¿que como o pasamos? pois si, BEN". Xa vedes
que o comentario é fantástico, como son sempre os do "cronista".
-
Domingo, 5 de xuño
de 2005. Participamos na 6ª andaina
da Serra do Xurés. O Andainas
puxo este comentario no foro: "Sorprendente!!!, FRANCAMENTE SORPRENDENTE!!!.
Foron 17 km, de morte, pero ao remate déronse conta deles do mellor
xeito posible, non sin certo esforzo e suando arreo a camiseta, pero quedou
o pavillón alto, sobre todo por parte dos nosos rillamilas "punteiros",
que nada máis sair xa puxeron toda a "carne no asador"
e enfiaron a senda dende Cela deica Alvite, logo a Salgueiro (onde xa
non vive naide, pese a que a Consellería de Medio Ambiente está
a rehabilitar o pobo), para rematar no centro de interpretación
da serra do Pisco, a menos de medio kilometro da fronteira con Portugal.
A pesar de sair con casi unha hora de retraso, os punteiros xa estaban
no alto do Pisco as 12,30 e os que máis tarde chegamos, fixémolo
perto das 14,30. Pero con todo cando chegam,osúltimos a xantar
ao camping de Muiños inda quedaba galufo de arreo e viño
para acompañar. Polo demáis, bastante ben a organización
a cargo de o concello de Muiños xunto con Redonet deportes, e coa
colaboración da Xunta, Protección Civil, e máis...
A meta atopábase a 17 km. da saida que arrincaba de 700 metros
de altitude para rematar nos 1.300 do alto de Pisco, con costas empinadas
que chegaban a sobrepasar o 20 por cento de empinación, con tan
soio catro curtos tramos de baixada, suficintes para reporse da subida.
Mal o tramo final do Pisco, porque é moi ladeiro e con risco de
torcedura ao par de que é estreito. Quedamos emplazados para a
do ano próximo, pois está é proba de campións,
onde o importante é saber ir con tino, dosificar o esforzo, e cabilar
que o importante é chegar ao remate sin importar o tempo que se
tardee". Fotos
de Juan Rúa. Fotos
de José Luis Diz.
-
Domingo, 29 de maio
de 2005. Participamos na andaina de Ourense.
-
Domingo, 15 de maio
de 2005. Ruta: Carballiño, Godás de Arriba, Saleta, Batalláns,
Esgueva, Madarnás, Carballiño. Pouco mais de dez km. Choveu
algo de pouco en pouco. Mañán fresca. E soio tres rillamillas.
Pero a ruta non se suspendeu.
-
Domingo, 1 de maio de
2005. Ruta cascabel. Carballiño, Muiño das Lousas, Godás,
Enfesta, Saleta, Ponte Veiga, Carballiño. 10 km. Caeron unhas pingadas
de cando en cando. Pero non chegou a chover de verdade. Unha boa mañán
para camiñar. Chegamos cedo á casa. Fotos.
-
Domingo, 17 de abril
de 2005, ruta pola zona de Garabás, concello de Maside. Preciosa
solaina en Varon de Seoane, Capela de San Pantaleón en Faquín,
petroglifo en Bolo de Senda, Igrexa e pinturas medievais en Louredo, fonte
santa en San Facundo, fermosos camiños... ¿Que cómo
o pasamos?... pois sí, BEN. Por certo a ruta non a fixo Norberto
foi feita e conducida por XANO (O cronista).
-
Domingo, 03 de abril
de 2005, ruta por Cenlle. Da ruta case naide se acorda ... pero contan as
crónicas que rematou cun espectacular COCIDO en Vila de Rei. 25 camiñantes.
Pero para o cocido eran cerca de 40. E seica estaba rico rico. Está
claro que ós rillamillas lles gusta mais papear que camiñar.
Ainda que o de camiñar tampouco se lles da nada mal.
-
Domingo, 20 de marzo
de 2005, ruta polos arredores do Carballiño.
-
Domingo, 6 de marzo de
2005: ruta polo río Barbantiño. No foro pódense ver
fermosos comentarios como estes:
O cronista: "Pois eso,posiblemente unha das rutas mais
fermosas da nosa zona, basta decir que o adxectivo mais usado, polos RILLAMILLAS
da andaina, foi bonita e os seus sinónimos, por certo é unha
ruta tan completa que incluso fomos testigos de un fenómeno meteorolóxico
moi estrano nos últimos tempos,¡CHOVEO!pero so deica a ponte
Sobreira deseguida o dia se virou luminoso e morno e pasamolo ¿?
si señor,¡BEN!"
O andainas: "A
ruta do Barbantiño do domingo 6 de marzo do 2005 foi todo un reto
á climatoloxía. Dezeseis rillamillas toman a inicitiva dende
o "Restaurante Testas" de Cea cando comeza a chover, e cando chegamos
á Ponte Sobreira xa escampou. O primeiro tramo do río, dende
o Testas ata Ponte Mandrás e totalmente llano, comeza a baixada eiquí
e sen grandes desniveis, para cambear de marxe do río e chegar por
fin a Ponte San Fiz,-terceiro dos pontes medievais que ten esta ruta-, e
logo de pasar por baixo do tunel da vía chegamos a minicentral do
Barbantiño -que tanta tinta fixo correr nos periodicos fai unhos
anos-. Como variante seguimos por a nova senda da marxe esquerda deica á
Fervenza, con vistas espectaculares cara ó sur,para rematar con visita
dende parte alta e máis a os muiños restaurados. Observamos
a caida da auga dende o fondo e máis aproveitamos para darlle un
repouso ao corpo. Seguimos deica á piscifactoría e dende alí
deica á ponte de Viñao, onde se cumpliu o recorrido en menos
de tres horas e con un sol que se deixaba notar. Observacións á
ruta se comentou que este recorrido podería ser bo de facelo dende
a Fervenza ó Testas, xa que ó ter as subidas no primeiro tramo,
fai descansado o resto do camiño".
Fotos
aquí.
-
Domingo, 20 de febreiro
de 2005, ruta de Carballiño-Puzo do Lago-Carballiño. Bastante
asfalto. Moitos chegaron cansos. Pero contentos. No foro rillamillas o cronista
puxo este fermoso comentario: "Pois a
ruta do dia de hoxe non foi cascabel a pesar dos avisos, foi mais ben unha
ruta cascaPES - bastante asfalto e pouca escalada-
Si ben teño que recoñecer que a ruta, como o 105 % das rutas
RILLAMILLAS, aportounos satisfación, cansancio(+-17Km) e coñecer
estilos artisticos novos (o BLOQUERESCO)gracias
a compañeira Marga que aportou o sua sapiencia a falta do erudito
Dario que hoxe non nos acompañou , en definitiba BEN, coma sempre".
Recoñezo que a alusión ó estilo "bloqueresco"
é xenial.
-
Domingo, 6 de febreiro
de 2005: ruta de Carballiño a Seoane ida e volta, con visita ó
centro de recuperación da fauna de Outeiro (Seoane).
-
Domingo, día 23
de xaneiro de 2005, arredor de 20 rillamillas subimos de Leiro a Penacorneira,
pasando por Lebosende e Paredes. Logo "intendencias chato, sa"
ofreceunos unha abundante churrascada. E logo baixamos andando ata Leiro,
a toda máquina. Foi un día moi fermoso. Aquí hai algunhas
fotos.
-
Domingo, día 9
de xaneiro de 2005, dirixidos por Norberto fixemos unha ruta "cascabel"
dende Carballiño a Zafra, ida e volta, con estupendas empanadas en
Vila Lara (tamén coñecida como casa Tesouro). 17 rillamillas.
17 km. Dificultade: tres cascabeles. Volvemos para comer. Pincha aquí
para saber o que é unha "ruta
cascabel". Fotos
e descripción detallada da ruta aquí.
-
Día 12 de decembro
de 2004, ruta pola serra do Suido, dende a Portela ó pobo da Edreira,
ida e volta. 15 km. 18 rillamillas. Mañán fresca e soleada.
Aire puro. E, como sempre, bó ambente. Fotos
aquí.
-
Día 28 de novembro
de 2004, fermosa ruta que rematou en Pol de Piteira onde celebramos
o magosto. Asistiu moita
xente. Todo estuvo moi ben.
-
Día 14 de novembro
de 2004, ruta do viño tinto de Cabanelas, da que Xano deixou no foro
este magnífico comentario:
"Dia increiblemente bo para calquera cousa, incluido camiñar,
algo que decidimos facer 13 RILLAMILLAS durante 14km por os concellos de
Carballiño e Boboras, misturando algo de varias rutas (Montes do
moucho,Xubencos,ruta señor Francisco,Pazos de Arenteiro..) e como
o dia estaba como dixen antes,bo para calquera cousa, 6 RILLAMILLAS deixamos
de RILLAR para ROER o pulpo e a carne o caldeiro en Cabanelas, tamen viño
novo para recuperar liquidos,¡pero sin abusar! que a volta foi en
coches.
P.D. esperemos que para a ruta da ESCOBA o tempo sexa parecido e topemos
a frouma enxoita. "
-
Día 31 de octubre
de 2004, ruta por Vilarderei (concello de Cenlle). 14 rillamillas. Mañán
fresca e soleada, fermosa, ideal para camiñar. Comida para rematar.
Fotos aquí.
-
Día 17 de octubre
de 2004: fermosa ruta pola Martiñá.
E logo xantar en Cotelas.
-
Día 3 de octubre
de 2004, ruta circular (con algo de zig-zag) de Ventosela a Ventosela, pasando
por San Paio .... Esta ruta xa a fixemos o 25-01-2004. Daquela fomos 17
e pasámolo ben. E o 3-10-2004 -¡casualidade!- volvemos a ir
17 e tamén o pasamos ben. Buscamos o pobo -hoxe abandonado- de Santa
Marta ... e case que o atopamos .... se non fora polos fentos ... Fotos.
Fotos
da parroquia de Ventosela. Mapa da
ruta e fotos de Ribadavia.
-
DOMINGO, 19 de Setembro
de 2004: 10 rillamillas. Esta ruta
foi comentada no foro polo andainas deste xeito: "A saida deica a Saleta
tivo un claro horario de festa e saliuse as 10,30 a.m. da estación
de autobuses. Variouse o itinerario no ultimo momento por mor de facelo
máis suave xa que se incorporaron ó grupo varios que o facían
por primeira vez e non era do caso darlles unha "mallouca" de
entrada. Recorrido pola beira esquerda do Arenteiro dende o Balneario, Avenida
do Arenteiro e Muiño das Lousas, para pasar á outra marxe
e por baixo da ponte de Godás chegamos a Pontarriza, onde xa os operarios
de Patrimonio da Xunta remataron as obras de consolidación da ponte.
Sendeiro deica a Moldes e de seguido por a estrada a Nonás, Xesteira
e cruzamos a N-541 deica Rodas e a igrexa de Xuvencos. A través do
eucaliptal do Riande subimos o alto dese outeiro que hai por tras da eirexa
e dende alí, por o cortafogos deica a canteira da Saleta, para sair
nas ultimas casas de Fondo de Vila, perto da casa do "ferreiro do helicoptero",
parada na fonte a recuperar foles para a derradeira subida deica a Saleta.
Chegamos cando a procesión remataba e o compás da banda de
música fixemos acto de presencia na carballeira. O primeiro foi buscar
acougo e máis ás pulpeiras, para dar conta de unhas racións
de polbo, pan de Cea e viño tinto do Ribeiro, e ...que vos aproveite!!!!!!
".
Foto de J.L. Diz.
-
-
DOMINGO, 5 de Setembro
de 2004: Ruta circular (Abelaira-Abelaira) polo concello de Irixo, por cerca
do parque eólico do testeiro. Xano, o noso millor cronista,
comentouna así no foro: "decirvos que foi unha maña recomendable
para camiñar , sobre todo por sitios tan bonitos como o alto de Parteme,
a solaina do raposo (abrigo natural con vistas sobre Navás), pena
negra (844mts) ,o val do camba pasando por o seu nacemento; e bordeando
o curro de Parada de laviote voltamos a salida; total 13 km un por cada
un dos RILLAMILLAS que estubemos na presentación do novo curso .Ó
millor algo fuerte para empezar pero estuvo animada".
-
DOMINGO, 4-7-2004.- Ruta polo Concello
de Cenlle. Arredor de 10 km. Un grupo de rillamillas pasearon con calma
charlando amigablemente. Foi nunha fermosa mañá. Con ágape
ó remate.
-
DOMINGO, 27-6-2004.- Ruta polo Concello
de Leiro, subida a Penacorneira. Arredor de 12 apóstolos rillamillas.
Un fermoso día.
-
DOMINGO, 13-6-2004, día de eleccións
europeas. As 9:30, como de costumbre, os rillamillas "botaron"
a andar. Xano escribiu no foro estas fermosas palabras para contar a andaina
deste día: "Este domingo pasado fixemos unha
camiñata que non pisou ningun camiño dos que se citaban para
ese dia , pero eso non importou nada , fixemos unha ruta señor francisco
, moi boa , sobre todo por que recuperei o espiritu rillamillas que o tiña
algo confundido con tanta carreira e boa clasificacion que me caia algo
largo.A deste domingo foi de 12km , pero de charla , e disfrutando da compañia
dos andantes , fomos catro , dous de cada sección , algun botou antes
e outros despois. Diu para todo. E quedei con gana de volver ó camiño".
-
DOMINGO, 6-6-2004.- ANDAINA POLA SERRA
DO XURÉS, organizada polo concello de Muiños. Participaron
varios rillamillas. Noraboa ós heroes que aguantaron tan grande escalada
con tan grande calor.
-
DOMINGO 30 DE MAIO de
2004. Rafa, Fina, e menda, saimos dende a estación de Buses de Carballiño,
pasamos por Veiga e Madarnás, collemos un camiño en dirección
á Medela, subimos, torcemos á dereita por un camiño
equivocado que nos levou a un toxal sin saída, voltamos para atrás
e seguimos o camiño principal ata que chegamos a outro cruce onde
torcemos á dereita polo camiño correcto, baixamos a Souto,
seguimos ata Zafra, vimos o Tesouro, logo fomos a Pol, onde baixamos ata
o Arenteiro e pola beira do río baixamos a Arcos, pasamos polo Bañiño
e pola Piscifactoría, e chegamos a Carballiño. 4 horas de
camiñata. Uns 16 km. Nunha mañá medio quente medio
fresca con unha temperatura moi agradable para camiñar. Veileiquí
algunha foto.
-
DOMINGO, 16-05-2004, 8
rillamillas e unha rosa saimos ás 9:30 da estación de autobuses
de Carballiño, pasamos por Cea, por Oseira, ... e chegamos a Povadura.
Alí deixamos os coches e comenzamos a camiñar. Monte arriba.
Por un sendeiro cortafuegos que tiña unhas subidas e baixadas que
caseque non nos tiñamos de pé. Facía calor. En menos
de duas horas chegamos ó Monte do Faro. Fuximos das antenas, pasamos
beira da eirexa e baixamos polo sendeiro do viacrucis ata chegar a unha
fonte, perto da cal había unhas mesas de pedra. Alí comemos.
Na gloria. Despois de comer voltamos ata Povadura. Facía máis
calor. E as costas arriba parecían aínda mais empinadas. De
todos modos as vistas eran alucinantes. E o ambiente inmellorable. Bebemos
auga na fonte de Povadura e collemos os coches para Carballiño. Cando
chegamos á estación de autobuses faltaba algo. Unha pequena
anécdota que espero que rematase ben. Veleiquí
as fotos.
-
SABADO, 15 de maio de
2004, saída fotográfica dende "Casa Testa" pola
ruta do río Barbantiño. Camiñar pouco e despacio. Facer
fotos. E disfrutar da fermosura da natureza, das froles, das árbores,
das pontes, dos muiños, ....Darío pasoume un CD con un feixe
de fermosas fotos que me dixo foron feitas por José Luis Diz. Algunhas
delas pódense ver aquí.
-
DOMINGO, 02-05-2004, fíxose
a Ruta do CASTRO, polo concello de Castrelo de Miño, con invitación
final a picar e comer. 10 rillamillas. Foi un bó día. Todos
viñeron contentos da ruta e do anfitrión.
-
DOMINGO, 18-04-2004, fixose
a fantástica Ruta do RIO BARBANTIÑO. 13 KM. Muiños
e pontes de fermosura e mérito. E ó final un microbús
que agardaba ós camiñantes. Todo saiu redondo. Unha ruta moi
fermosa que haberá que repetir.
-
DOMINGO, 04-04-2004, fíxose
de novo a Ruta dos MONTES DO MOUCHO.
-
21-03-2004. Guiados por
Horacio fixemos unha fermosa ruta por terras do concello de Castrelo do
Miño. Subimos, baixamos, subimos, baixamos, furamos por entre toxos
e silveiras, e sorteamos dificultades varias. Ó final, o exceso de
fame e de cansancio fixo que cambiasemos a subida a un castro de cuxo nome
non me lembro por un cacho de empanada, un anaco de bica, un cacho de tarta
de Santiago, .... todo regado con bó viño da casa. A verdade
é que Horacio portuose ... e foi unha ruta chea de dificultades e
de complexidades técnicas ... pero con final feliz. Puderon ser 11
km (cuarta arriba cuarta abaixo). Pero chegamos cansos como se foran 20.
Agora que valeu a pena, pois tuvemos unha moi boa mañá e pasámolo
ben.Fotos
aquí
-
O DOMINGO, 07-03-2004,
fixose a Ruta do CASTRO DE S. VICENZO (no concello de Avión). Contan
no foro que foi así: "Foi esta unha ruta das
mais completas, e esto é por que a todas as cousas que teñen
as camiñatas que se fan cada 15 dias, nesta engadiuse un prequecemento
para non ter formigos durante a andaina, e decir foi unha ruta RILLAMILLAS
cen por cen. Despois deste exercicio preliminar que consistiu en confundirnos
de camiño e facer unha circular de aproximadamente 1km,topamonos
as forzas da natureza (os homes de medioambiente) que nos puxeron no camiño
apropiado comenzando unha bonita ruta por a parroquia de san Xusto de Avion
para chegar o castro de san Vicente algus fixeron alpinismo e decir subiron
a pino e outros seguiron a ruta señalada, o final disfrutamos os
nove que fomos das vistas, incluso vimos a xente tomando o aperitivo no
Carballiño mirade si ten vistas o castro, volta os coches que os
tiñamos en Valderias,total contando o quentamento 17km,por certo
a proxima ruta promete ser mais RILLAMILLAS si cabe"
-
15-02-2004. Dende o fermoso
balneario de Laias empezamos a camiñar beira do Miño, río
arriba, pasamos beira dos dominios de HORTOFLOR, cruzamos por enriba da
autovía, enfilamos unha costa a peto, vimos como estaba a montaña
clavada contra a montaña para que non se esborrallase enriba da autoestrada,
pasamos á beira dunha valla metálica protectora posta para
defender a civilización rodada dos rupestres penedos chouchantes,
baixamos unha pequena costiña, e chegamos, por fín, ó
monte. Seguimos subindo por entre pinos, paxaros e toxos. Monte arriba.
Topamos unha piscina sorprendente, no medio do bosque. E rematamos chegando
á capela de San Trocado, onde reinaba un fresco "general"
procedente do noroeste que batía con franqueza nos nosos corpos.
Había moi boas vistas, que ollamos con certa presa. Botamos un pouco
de gasolina, e collemos monte abaixo, por atallos, fuxindo daquel frío
polar que facía no alto. Nun plis plas chegamos de novo ó
pobo de Laias, a tempo para coller os autos e circular para O Carballiño,
na percura do xantar. Foron arredor de 15 km. para 17 rillamillas que os
subimos e baixamos en boa armonía. Tuvemos un día fermoso,
sin chuvia, e, quitando o fresco da cima, con boa temperatura. Unha boa
xornada, con bo resultado. Fotos
aquí
-
DOMINGO, 8-2-2004, fixemos
unha fermosa ruta polos montes do Irixo e Boborás, saínda
da Pedriña, camiñamos por terras da parroquia de Corneda (zona
de agochados castros), e chegamos á sempre fermosa vila de Astureses,
onde visitamos a súa eirexa románica do século XII,
e logo seguimos a ruta ata voltar á Pedriña. Mais ou menos
16 km por camiños bos entre montes de toxos. 21 rillamillas. E conversas
sobre o plátano: que si é bo para non ter maniotas, ou que
si produce maniotas, ou .... pero todos de acordo en que é "dulce".
Pois vale. Fotos aquí.
-
DOMINGO día 25
de XANEIRO de 2004: fixemos unha ruta circular pola parroquia de San Paio
de Ventosela. Fixo moi bo día. Nin choveu nin fixo frio nin houbo
neboa pecha que nos impedise ver os fermosos paisaxes que se nos foron amosando
ó noso paso: o encoro de Castrelo de Miño, Santa Cristina,
Ribadavia, ..... Foi unha fermosa camiñata para 17 amigos rilllamillas.
Fotos da parroquia de Ventosela.
Mapa da ruta e fotos de Ribadavia.
-
DOMINGO DIA 11 DE XANEIRO
DE 2004: Ruta polo Concello da Lama (Pontevedra): Ruta da FERVENZA DO RIO
XESTA )(11 KM). No foro dos rillamillas, o Gran Cronista (descendente, a
ben seguro, en liña recta de don Miguel de Cervantes, deixou esta
fermosa e refrescante "crónica":
" Dez, foron dez
os tolos do RILLAMILLAS que se animaron a facer unha incursión en
terras de Pontevedra (penso que habia terra debaixo de tanta auga).O tempo
non nos engañou, parecía que ameazaba chuvia, e choveo como
si no no fixera nunca; así e todo o peor foi a niebla que non nos
deixou disfrutar do que aparentaba ser unha zona con fermosas vistas sobre
o val do Xesta. Solo se fixo a ruta da fervenza pois o dia non axudaba,
incluso se facia peligroso por os patinazos e hasta un paisano moi amable
en Paradela nos acompañou por un camiño distinto da ruta sinalizada
xa que era por un canal que estaba impracticable, incluso nos contou que
a el mataraselle algunha vaca despeñaándose nesa zona. En
definitiva: pasámolo ben,e total, despois dun tempo inactivos é
estupendo hidratar as articulaciós...". Non
hai fotos ... pero non fan falta, ... con este relato vemos a etapa como
si estuveramos alí ... Gracias Gran Cronista. Quedas para outra.
-
20 de decembro do 2003,
houbo cena no Derby, con asistencia
-
DOMINGO, 14 de nadal de
2003, alomenos dez rillamillas fixeron a fermosa ruta do xabarín,
tamén coñecida polo nome de "a ruta das matanzas".
Saíndo dende Moldes, facendo un roteiro circular, pasando
por Boborás, Cameixa (onde se visitou a fermosa Eirexa de San Martín),
logo baixando a Pazos de Arenteiro, subindo a Cabanelas (cuidado coa subida,
hai que facela amodiño, para non se afogar), baixandoá Ponte
do Castro, subindo a Paradela, e rematando de novo en Moldes. É unha
ruta fermosa, de uns 15 km, de dificultade media, pero esixente no tramo
que vai de Pazos a Cabanelas. Entre os dez que camiñaron había
incluso un extranxeiro procedente de non lembro qué pais europeo.
¿Finlandia, pode ser?. ¡Ai que ver cómo se vai estendendo
a sona dos rillamillas!.
-
O DOMINGO, 30-11-2003,
fixose unha ruta por Miomás, Ponterriza, Moldes, Saleta, Carballiño.
Foi pouca xente. Chovera de noite, facía frío, e moitos dos
rillamillas andaban griposos ou acatarrados. Pero alomenos houbo tres valentes
que deron a cara e fixeron a ruta. Noraboa.
-
DOMINGO, 16-11-2003: Roteiro
polo Camiño de SANTIAGO, pola VIA DA PRATA, de Cea a A Gouxa. Foi
unha ruta moi fermosa, como o proba este estupendo comentario que Xano puxo
no foro: "!Non choveo,portugues! -non cuadrou. Non é
verdade de todo: algo chuviñou, practicamente o final da ruta. Por
certo, ¡fermosa ruta!; moi completa: subidas, baixadas, camiños
anchos, estreitos, congostras, breas, paisaxe, vistas, monumentos,... algo
de todo; por certo os que decian que moito asfalto estan engañados:
moi pouco, e o que había (salvo algun prós votos) moi ven
botado para acercarte a pobos dignos de ver: Cea, Oseira, Cales, Pazo, Outeiro,
A Gouxa (final de ruta). Total 15km aproximadamente. Viñemos ben
contentos". Fotos
de Cea.
-
DOMINGO,
9 DE NOVEMBRO 2003, fixemos unha ruta por Miomás, Ponterriza, Moldes,
Nonás, Sande, Saleta. Aquí hai unha foto
de algúns dos que fomos. Ó terminar a ruta fixemos
un magosto (foto) (con castañas,
chourizos, pan, viño, bica, ...) na Saleta. E pra deixar todo ben
limpo ó rematar barremos o bosque (foto).
-
DOMINGO,
2 DE NOVEMBRO 2003, fixose unha ruta polo concello da LAMA (PONTEVEDRA).
-
O DOMINGO, 26 de outubro
2003 fixose a ruta de LEIRO a PENACORNEIRA, ida e volta (18 km). Foi unha
fermosa ruta: un bó día, fresco pero case sin chover; arredor
de 15 persoas; bonito paisaxe e fermosa conversación. .... Un bó
día. Houbo tamén algunha que outra anécdota:
Marcelo, por exemplo, non se decatóu do cambio de hora e chegou á
estación de Autobuses ás 8:30, e como non víu a naide
colleu o coche e foise para Leiro, pensando que xa todos iban alá;
en Leiro tampouco topou a naide; entón buscou un kiosko para mercar
o periódico, e topouno cerrado. Pasou un pouco e chegou a señora
do kiosko. "¡Qué pouco madrugan aquí!, dixo Marce.
"Oi señor, é que ainda lle son as nove da mañá".
Marce mirou o seu reloxo e marcaba as dez. "Vostede non cambiou a hora",
díxolle a señora. Marce caeu da burra e voltou ó Carballiño,
onde ó cabo de un pouco se atopou cós seus compañeiros
rillamillas na estación de Autobuses: eran as 9:30, pola hora nova.
Un rillamillas, que o debeu pasar ben, deixou este bonito mensaxe no foro
dos rillamillas, despois de facer a ruta de Penacorneira: "Os primeiros
pasos son os que máis custan, pero con xentes que teñen o
camiño por norte, a esperanza atópase onde remata o sendeiro.Cultura,
natureza, deporte, ocio, ..e cen cousas máis, fan que dende Rillamillas
vivas unha historia con historias, sintas o arrecendo da terra humida, conserves
un corpo 10 e... ata sintas o lecer de unha improvisada gastronomía
dando conta do "bocata" enriba dun penedo no medio do monte. Ben,
...moi ben, ...por Rillamillas. !Que cunda o exemplo!".
-
DOMINGO 19-10-2003: ás
9:30 da maña chovía sin parar. Pero as ganas de camiñar
non se deixaron vencer pola auga e fixemos unha camiñata de duas
horas: Parque, Muiño das Lousas, Miomás, Mesego .... Volvemos
mollados. pero contentos. Aquí
están algunhas fotos.
-
-
-
-
Domingo, 20 de xullo 2003. Ruta de 16 km polo Concello
de Cenlle, rematando con visita á Cooperativa.
-
-
Sabado, 7-6-2003:
Saimos ás 17:30 da Estación de Buses de Carballiño,
fomos en coche ata a gasolinera de Irixo, e dende alí empezamos unha
fermosa andaira que nos levou polos fermosos paraxes de pobos tales como
Tellado, Cusanca, Eirexa, .... Por camiños de terra, subimos por
un sitio, e baixamos por outro, ata voltar ós coches. Unhas tres
horas de lixeira camiñata. Vimos que Norberto é unha mina
de ouro, e que leva dentro a ciencia pura dos camiños ¿hai
algún camiño que Norberto non coñeza????..
Aquí
hai algunhas FOTOS.
-
SABADO, 31 de maio de 2003, 50 km de Allaríz.
-
RUTA DOS MONTES DO MOUCHO: SABADO, 24 de maio de 2003,
pola tarde, saimos ás 17:00 da Estación de Autobuses de Carballiño,
baixamos á beira do río Arenteiro, camiñamos río
abaixo, atravesamos para o lado de Toscaña, subimos río arriba,
cruzamos a carretera, subimos pola beira da Cruz Roxa, e a camiñar
monte arriba, chegamos ós Montes do Moucho, pasamos o pé da
Saleta, e baixamos para Carballiño. Rematamos todos comendo cereixas
de unha cerdeira que había na beira da carretera, e que naide sabe
por qué os paxaros non as tiñan comido (a verdade é
que sabían ricas). A tarde estaba fresca. A compañía
era agradable (soi estabamos 11, pero había moi bo clima). E a senda
era estupenda: nin un metro de asfalto, todo por camiños de terra,
sin grandes subidas nin grandes baixadas, con paisaxes variados e fermosos.
Foi como un paseo polo ceo. Rematamos todos moi contentos, pensando que
esta é unha ruta que podemos repetir as veces que faga falta, unha
ruta facil, fermosa e levadeira, unha ruta que vale a pena. Unha ruta que
pensamos sinalizar, para que a poida facer moita xente.
Fotos:
1.- Beira da vía.
2.-
Perto do antiguo night club.
-
16 e 17 de maio de 2003, duas novas etapas do CAMIÑO
DE SANTIAGO, de Arzúa a Santiago
-
RUTA POR CENLLE: DOMINGO, día 11 de maio de 2003,
pola mañán, os rillamillas fixeron unha fermosa ruta de 13
km por terras de Cenlle.
-
1, 2, 3 e 4 de MAIO Camiño de Santiago, dende
o Cebreiro ata Arzúa. 110 km en catro días. Contan os que
foron que foi algo xenial, unha experiencia inolvidable, como non podía
ser menos tratándose do CAMIÑO DE SANTIAGO. ¡Qué
pena que non pudésemos ir máis!!!.
-
UNHA RUTA POLO XURES: -27 de abril de 2003. 26 km. Dificultade
alta e fermosura máis alta. Arredor de 17 persoas. A ruta empezou
en Mogueimes. Empezase camiñando por unha fermosa carballeira, para
chegar logo a unha Ponte Romana. Logo súbese pola veira de un fermoso
río, escoitando o canto dos paxaros e o ruxir da auga. Visita a un
fermoso pobo abandonado cmamado Salgueiros. Comida. E logo volta ó
punto de partida por outro camiño. Sempre camiñando por terra,
sin asfalto (agás dous pequeniños cachos). Esta ruta preparouna
e dirixiuna Ignacio, a quén dende aquí lle damos as gracias
por levarnos a un sitio tan fermoso.
-
-
RUTA DO PUZO DO LAGO:-13 de abril 2003: Carballiño-Puzo
do Lago-Carballiño. Non temos fotos, pero foi unha boa ruta.)
-
RUTA por
CASTRELO DE MIÑO-COTO NOVELLE-ARNOIA (30-03-2003. Fotos Juan.
Dende o fermoso pobo de Castrelo empezamos a subir monte arriba por unha
costa moi empinada, á beira de fermosos bosques, cruzando un regato
alucinantemente bonito, .... E chegamos ó alto de Coto Novelle, onde
vimos ..... néboa pecha. A dificultade do ascenso foi realmente elevada,
porque subimos a un ritmo infernal. Pero logo a baixada cara Arnoia foi
suave e fermosa. Incluso deixou de chover e abriu un pouco o día.
E unha ruta corta, pero moi esixente. Pero tan fermosa que vale a pena,
e que creo que repetiremos un día mais despexado, para poder ver
as vistas mais fermosas da provincia).
-
RUTA
mixta arredor de OURENSE (16-03-2003. Fotos Juan. Perdemonos, estuvemos
secuestrados, cruzamos o río con vértigo grande, subimos a
unha cruz que non aparecía, vimos Ourense dende o ceo, baixamos casi
en parapente, e aterrizamos no Barbaña ....Acabamos todos vivos...
E pasámolo ben.)
-
-
RUTA
ALLARIZ-AGUASANTAS-ALLARIZ (16-02-2003. Un fermoso recorrido, que en
parte vai polo Camiño de Santiago. Comida de bocata en Aguasantas.
Moita xente e moi bo día.. Fotos de Juan)
-
-
PASEO
POLO BOSQUE DE RIDIMOAS (02-02-2003. Un fermoso paseo por un lugar único
no mundo: O Bosque de Ridimoas. Escoitando as explicacións do maestro
Pablo "Oitavén".. Fotos de Juan)
-
PASEO
POLO BOSQUE DE RIDIMOAS (02-02-2003. Un fermoso paseo por un lugar único
no mundo: O Bosque de Ridimoas. Escoitando as explicacións do maestro
Pablo "Oitavén".. Fotos de José Luis)
-
RUTA
DE VALDERIAS (17-12-2002. Paseo polas inmediacións do río Valderías
(Avión), na cola do encoro de Albarellos. Fotos de José Luis)
-
-
RUTA
DA SERRA MARTIÑA (06-12-2002. Ruta que percorre as terras de
Cea e Piñor de Cea dende o pobo de Cobas ata Oseira a traverso da serra
da Martiñá. Fotos de José Luis)
-
-
-
-
RUTA
DE CENLLE (27-10-2002. Logo de suspendela a seman anterior por mor da
choiva por fin pudemos percorrer os camiños de Cenlle coa inestimable guia
do amigo Gonzalo)
-
SETAS
E RUTA DE CENLLE (26 e 27 -10-2002.Vendo setas en Mouriz e no Parque
do Carballiño. E fermosa ruta polo concello de Cenlle.Fotos de Juan)
-
-
RUTA
DE BOUTEIRO (21-09-02 Ruta por terras de Banga e Bouteiro nas que descubrimos
o antigo encoro da Cheda. Fotos de José Luis)
-
RUTA
DE PARTOVIA (10-05-2002 Ruta creada pola asociación de veciños de Partovia
e que pasa polo casi abandonado lugar de Sona en donde vive "O Herodes".
Fotos de José Luis)
-
RUTA
DE ASTURESES (13-04-2002. Ruta por terras de Boboras e na que o noso
amigo Sobrado se encargou de amosarnos as riquezas paisaxsticas e arquitectonicas
que ten. Fotos feitas por José Luis)