Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
POTIÑOS

Hola Amig@s..FELIZ 2008....


"Un domingo que non tocaba roteiro fóisenos o amigo Pepe Castro. Saiu só e colleu o camiño das estrelas..."

BENVIDOS: entrade no foro


     Lémbrase que rillamillas é un grupo totalmente aberto e que calquera persoa pode vir a camiñar con nós: soio fai falta que apareza á hora da saída na estación de autobuses do Carballiño. Non fai falta apuntarse, nin pagar cuotas. Esto dígoo especialmente para tí que estás dudando ... Anda. Ven e deixate de lerias.

PROXIMAS RUTAS PREVISTAS:

...informaremos....

- ANDAINA EN PIÑOR (de Cea) - ROTEIRO FOTOGRAFICO "DESCUBRIR PIÑOR-2008"

O día 9 de Novembro, recorrido estructurado en 4 fases con 8 km de recorrido que está diseñado para sacar fotografías
1º fase Parte de Arenteiro e remata na fábrica de papel de Lousado, 1hora ,30 minutos de duración
2º fase Visita da fábrica antiga con xantar de campaña, 2 horas 30 minutos
3º fase Saída de Lousado ata Arenteiro (tramo distinto do anterior) con muiños e pontes , 1 hora 15 minutos
4º fase Sorteo de dous vales para cea de dúas persoas en restaurantes colaboradores da zona (Ateneo e Parador de Torguedo)

Comezará as 11 da mañá, sendo preciso estar media hora antes (máquina de fotos en ristre) para recoller o material (plano, camiseta e instruccións). O roteiro está sinalizado con amarelo e branco no seu recorrido total. Dificultade media-baixa, pois o que se trata é de facer fotos.

Inscribirse na web do Concello www.pinor.es ou nos tfnos 988-40.32.12 ou no 988-40.33.26 antes do 8 de novembro.

Ó concurso de fotografía poderanse presentar fotos en papel ou en cd/dvd dixital ata o 30 de Novembro (máximo 3 fotos por participante) e o tema estará relacionado ca andaina e son valores a premiar: Valores humáns, deportivos, organización, culturais, etnográficos, artísticos e paisaxisticos, así como os camiñantes e as xentes que se atopen no recorrido.

Pódense presentar en papel fotográfico (tamaños maximo 40x50 e mínimo 15x28 ou en dixital nun cd/dvd.

Presentación: En un sobre as fotos ou o cd/dvd cas fotos en dixital,(cor ou branco e negro), (non poden levar o nome do autor só o titulo/s) e noutro sobre (pechado) aparte un papel-folio cos datos personais do autor, enderezo, telefono de contacto e relación ou título das fotos presentadas. Todo elo presentalo ou por correo no Concello de Piñor, na Rúa Principal s-n 32137 Piñor (de Cea)- Ourense.


Premios: 150, 100 e 50 euros, escolleranse 30 fotos para facer unha exposición a posteriori dándolle a difusión necesaria a través dos medios, non podendo acumularse nunha mesma persoa máis de un premio e os gañadores ceden os correspondentes direitos a favor do Concello de Piñor. A interpretación das bases corre por conta do xurado e da organización, etc. etc....


Xa sabedes, aquí podese pasar o tempo camiñando e sacando fotos (que tamén nos gusta) e si por riba levamos premio, ...mellor que mellor.

- O día 16 de novembro 2008: Gran MAGOSTO RILLAMILLAS. Magosto anual con roteiro en Vilarderrei (Cenlle). Roteiro e comida. Apuntarse ANTES DO DIA 13 DE NOVEMBRO EN XOIERIA ESPA-QUARTZ (LUISA).

-Ver o tempo:

http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelchamosolamas/metereoloxia.com.htm


Foro rillamillas: "Para xente xoven de espíritu que camiña sempre cara os seus soños, sen medo"

RUTAS E FOTOS DOS RILLAMILLAS

Pincha no que che interese para ve-las fotos.