|
A Casa de Baixo
No Concello de Lugo, na parroquia de Santiago de Saa, no lugar de Castro Alfonsín, hai un recanto de verde, vida, silencio, música, paz e maxia. Un lugar acolledor, fermoso e diferente: A Casa de Baixo. Una casa de turismo rural. Onde o corpo descansa e a alma revive. Onde os nenos se atopan coa terra, coa natureza, cos animais, e coas fontes da vida. E onde os grandes se atopan coa suas raices e cos miolos do seu propio ser.
Onde te atopas como na túa propia casa. Onde te atenden con cariño, ledicia e imaxinación. Onde te sintes ben.
Para chegar a este recuncho é moi facil. Pódese ir en poucos minutos dende Lugo collendo a carretera de Portomarín (LU-612) e logo torcendo á dereita a uns 6 km da capital. E si se vai dende Ourense ou dende Santiago pódese coller un desvio á dereita que está 7 km antes de chegar a Lugo, indo pola N-640. Veleiquí tedes un pequeno "esquema":
Da Casa de Baixo e do seu entorno son estas fotos. Son fotos de paisaxes, cousas e animais. Porque o espíritu e a maxia, que son o mais importante alí, non se deixan fotografiar fácilmente.
Pódese ver mais información desta casa nestas webs:
Fotos de lugares próximos:
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa