Fotos de Galicia. Asociación Potiños. Outono. / a_fe_entre_as_vides
Juan 14/11/2004 |
|
a_fe_entre_as_vides
Fiestra de vides. Cepas. Viñas. Historias enterradas de mil traballos. Soños entre os regos. Pensamentos de amor que dormen entre as raices. Días, anos, séculos ... pasaron ... dende que as primeiras mans cavaron por vez primeira estas terras e prantaron o primeiro cultivo.
E arriba, pétrea, calada, apuntando ó ceo, ... a Eirexa de Santa María de Beade, unindo a terra e o ceo.
E detrás de todo, agochada, a fe. A fe dos que cavaron as viñas durante séculos, a fe dos que levantaron a eirexa, a fe dos que morreron, dos que viven, e dos que vivirán no futuro. A fe en Deus, na terra, na xente, nos amigos, no viño, .... no amor, nos soños, no sorriso dun neno, na luz dunha ollada, ... a fe en mil cousas, a fe que mantén a vida viva e camiñando.
Se non hai fe en algo ou en alguén ... non hai luz e non hai foto.