Vía da Prata. Laza. Unha tarde de sol, dous holandeses e duas mazás.

   27 de marzo de 2004. Sábado. Día soleado, pero frío. Corre un aire de neve polas rúas do Carballiño.

   Sinto dentro unha forza inexplicable que me empuxa a ir a Laza, para facer fotos de Correchouso. Meu amigo Marce dí que é unha loucura, que hoxe a máis de mil metros de altura non hai quén pare co frío. Que él non ven.

   Pero a forza que eu sinto dentro é imparable.

   Despois de xantar collo duas mazás para a merenda, subo ó coche, e, alá me vou, coa miña cámara, a facer fotos. Soio.

   Antes de entrar en Laza vexo un indicador á dereita da carretera que pon "EIRAS 6". Nunca estuven nas Eiras. Nin teño ningunha foto das Eiras. Son as 15:45. Podo ir coñecer o pobo de Eiras e logo volver a Laza para ir a Correchouso. Chégame o tempo.

   Xiro á dereita. A carretera é moi estreita. Cáseque da medo ir por ela. Dende unha curva vese, enfrente, o pobo de Trez. Paro para facer fotos. As vistas son marabillosas. Arranco de novo o coche e sigo.

   Un pouco máis adiante vexo vir unha muller e un home, camiñando, con mochila, botas, .... Teñen un aspecto inconfundible: son peregrinos. Cando chego á súa altura paro o coche e póñome a falar con eles. Falamos mitad en español e mitad en inglés. Cóntanme que son de Holanda. Que están facendo o Camiño de Santiago pola Vía da Plata. Que empezaron o camiño en Sevilla. E que hoxe xa levan andado máis de corenta kilómetros, que veñen dende a Gudiña e que van a Laza. Dígolles que vou a facer unhas fotos do pobo das Eiras e que logo volvo. Que os verei mais tarde.

   Eu sigo o meu camiño e eles seguen o deles. Chego ás Eiras: un pobo pequeno, con catro veciños, deitado a cabalo dun lumbeiro. Condenado, seguramente, a desaparecer, como outros moitos. Casas vellas. Algunhas caídas. Unha pequena área recreativa. Unha chimenea dunha casa nova (de bloques) que bota fumo, no medio do pobo- É dificil facer fotos do pobo das eiras. Fíxome especialmente nos signos do Camiño de Santiago: arriba, na entrada do pobo, hai unha flecha amarela pintada na parede da primeira casa, no medio do pobo hai unha vieira azul, de azulejo, incrustada na parede de outra casa, outra flecha amarela noutra parede un pouco máis adiante, .... A verdade é que está ven sinalizado: neste pobo é imposible que ningún peregrino se perda. Por suposto non hai nin bares nin tendas. Fago unhas cantas fotos e volvo carretera abaixo, de cara Laza.

A luz de Santiago chega alumea de frente no pobo das Eiras. Mirande ven vese unha vieira na parede da casa. Aquí tamén late o espíritu do camiño

    Apenas levo andados 4 km cando me topo de novo cos peregrinos. Primeiro vexo á muller, que vai algo así como 200 m. máis atrás que os seu compañeiro. Volvo a parar e a saúdala. Nótolle aspecto de cansa. Como si lle faltara "gasolina". Meto a mau na bolsa das mazás e collo unha. Ofrézolla. "Gracias". Empeza a comela con verdadeira satisfacción. Sen dúbida traía fame. Despídome e sigo. Un pouco máis adiante está o seu compañeiro. Quédame soio unha mazá. É a miña merenda. Pero seguramente que él tamén ten fame. .... ¿qué fago?. Cando chego á súa altura paro o coche. Saúdo. Meto a mau na bolsa e saco a outra mazá. Ofrézolla. "Gracias". Empeza a comela. Está claro. Tamén ten fame. Lémbrome dos meus días de peregrino. E recordo o valor infinito de unha mazá en determinadas circunstancias. E síntome inmensamente felíz. Poucas veces dúas mazás produciron tanta felicidade.

   Sigo carretera abaixo. Agora xa non me dan medo os precipicios. Vou despacio. Non teño presa. ¿Por qué vou a ter presa por ir a ningún sitio se aquí e agora son feliz?

Dende as Eiras ainda faltan máis de 160 km para chegar a Santiago

    Chego a Laza. Nunha pequena rúa vexo unha tenda aberta. Paro. Entro. Vexo unhas mazás preciosas nunha caixa. Encho unha bolsa delas. Págolle á señora: un euro vintecinco. ¡Santo Deus!: ¡canto vale un euro ás veces!.

   Na picota vexo outra señal do Camiño de Santiago. Unha vieira na parede da casa onde antes había un bar. Pregunto por ónde se vai a Correchouso. Sigo. Un pouco máis adiante tópome co Albergue de Peregrinos. Sinto unha emoción especial no corazón. Sigo.

   De repente vexo un pobo moi fermoso deitado ó sol enriba dun lumbeiro. Fágolle fotos. Vexo un home beira da carretera. "Boas tardes. ¿Esto é Correchouso?". "Non. Aquí é o Navallo. Correchouso é mais adiante". Sigo. Chego a Correchouso. É un pobo verdadeiramente fermoso. As montañas son imponentes. Hai fermosos soutos. Fago fotos. Chega un señor nun tractor. Para e pregúntame "¿Qué pasou?". "Nada. Que ando facendo fotos de pueblos de Galicia, e hoxe vin a facelas por aquí". "Ah, bueno".

   Volvo para Laza. Ó pasar polo Navallo vexo un home arando cunha xugada de vacas nunha leira. Paro e fágolle fotos. Incluso o filmo un pouco en video. Esta escea xa non é facil topala hoxendía en Galicia.

   Sigo. Nunha reviravolta da carretera topo unha fonte. Paro. Bebo. Lavo un par de mazás e cómoas. Sigo sendo felíz.

   Sigo. Chego a Laza. Paso de novo o pé do albergue. Seguramente que os holandeses xa chegaron. Non me paro. Quero facer mais fotos. Vou a Vilameá. Logo a Castro, onde hai unha eirexa impresionante. Non hai xente. Está cerrada. Pero non importa porque Deus está fora. No campanario escóitase un divino cantar de paxaros. Paseo polo pobo. Falo coa xente. Fago fotos.Vexo como as pitas andan fora, ceibes. Hai un galo moi grande que quere atacarme por duas veces. Deféndome coa cámara. Sigo paseando polo pobo. Vólveme a chamar a atención o ben que cantan os paxaros neste pobo. Escoito unha melodía dunha anduriña. Vexo como unha señora garda a res nun curral. E voume. Camiño de Tamicelas. Aquí atópome de novo co camiño de Santiago. Vexo o pk. 155,349. Lougo vou a Soutelo Verde. Tamén por aquí pasa a Vía da Plata. Volvo para Laza. Estase facendo noite. ....

   Sigo en coche. Verín. Xinzo. Allariz. Ourense. Carballiño. E chego á casa despois de pasar unha das tardes mais felices da miña vida. Por certo: polas terras de Laza non facía ningún frío.

 

 

Vía da Prata. Laza: unha encrucillada no Camiño de Santiago.

   A Vía da Prata escomenza en terras andaluzas e remata en Santiago. Pero conta con varias variantes na súa entrada a Galicia. Algúns peregrinos suben ata Astorga enlazándo alí co camiño francés. Outros entran pola Gudiña e seguen por Verin-Xinzo-Allariz-Ourense. Pero hai outros que collen un camiño máis corto, pero non máis facil: o que vai dende a Gudiña a Ourense pasando por Laza-Vilar de Barrio-Xunqueira de Ambía.

   Dende a Guidiña esta derradeira ruta atravesa as impresionantes paraxes da Serra Seca, a máis de mil metros de altura, prácticamente despoboadas, e desemboca en Santiago de Campobecerros. Por aquí o camiño chámase a Verea Vella. De Campobecerros o camiño vai a Portocamba, dende onde sube ó pequeno pobo de Eiras (que pertenece á parroquia de Santiago de Trez), para vaixar despois ata a Vila de Laza.

    Laza conta con un albergue de peregrinos. Nesta Vila xúntase A Vía da Prata cos camiños portugueses que entran en Galicia por Chaves-Feces-Verín, e que logo pasan por Pousa, Mixós, Arcucelos, Retorta e Matamá, e chegan a Laza.

   Estes dous camiños siguen despoís xuntos cara Vilar de Barrio. Á saída de Laza o camiño pasa por Soutelo Verde e por Tamicelas, e vai cara a Alberguería.

   Se temos en conta ademáis que algúns peregrinos dende Portocamba desviábanse para pasar por Cerdedelo para visitar a Virxe da Pena Tallada e logo seguían cara San Mamede e Montederramo, vemos que máis da mitade do concello de Laza está "tocado" polo camiño de Santiago.

 

Fotos de Arcucelos e Retorta, dous pobos do Camiño.

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador