INTRODUCCION

 

 

 

...... Esta non pretende ser unha páxina web técnicamente perfecta, nin moito menos. Trátase de facer un lugar de encontro para os "fillos de Camba", e para os seus amigos. Un sitio no que todos nos atopemos ben. Un sitio para compartir fotos, ideas, pensamentos, .... Un lugar para sentirnos amigos e para axudarnos uns ós outros a ser máis felices.

Aquí iremos poñendo entre todos FOTOS de Camba, de Galicia, e de calquera parte do mundo. Tamén poderemos colocar escritos, contos, libros, frases fermosas, anécdotas, .... Calquera cousa que nos parezca interesante e positiva.

E tentaremos tamén ter enlaces con outras páxinas web nas que participemos ou que nos parezcan interesantes.

Haberá tamen vinculos con páxinas do CAMIÑO DE SANTIAGO, de cousas de NOTARIOS e de DEREITO, con grupos de xente que lle gusta camiñar e disfrutar da natureza (como os rillamillas), etc.....

Que cadaquén aporte por correo electrónico todas as ideas, materiais e datos que considere oportuno para ir facendo entre todos unha páxina que nos guste e que nos axude.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador