galicias>> Camba

Está é a nova casa da nosa web. BENVIDOS, amigos.
Para todos os de CAMBA: FELIZ 2014

Cousas varias:

Nieves cóntame isto: "Hola Juan: Envioche un enlace que mandou Roberto, o fillo de Isauro, dunha familia de Camba que vive no Braisl e que ten adicada unha rúa, figura unha foto de Camba por si queres subila dalgún xeito na páxina de Camba".

http://www.revistakappa.com.br/edicoes/saocarlos/edicao_78/

Entrade neste enlace e mirade as páxinas 34, 35 e 36 da Revista, onde fala da rúa ANTONIO BLANCO, no corazón do barrio de TIJUCO PRETO, na cidade de SAO CARLOS (BRASIL). Francisco Blanco e a súa muller Generosa sairon de Camba, "na Espanha", en 1907. Tiveron nove fillos. Un dos fillos deste matrimonio chamábase Antonio Blanco, e foi o que lle deu o nome a esta importante rúa. A familia Blanco tivo un importante éxito económico e social, tiveron varios negocios, e fundaron unha das primeiras escolas do barrio no que vivían.

O libro de Xosé Benito Reza: O MACIZO CENTRAL OURENSÁN, que se publicou no ano 2009, fala de Camba, e nel salen fotos de xente de Camba.

Camba en pueblos de España
Fotos da festa 2005
A CASA FORTALEZA DE CAMBA
contos de vacas

 

Foto prestada por José Manuel Rúa Prieto. Vista aérea de Camba.

     Nela vemos, ademáis do pobo de Camba, terras amigas que levan nomes coma estes: Carambo, A Ladeira dos Liñares, a Petada do Cabaleiro, A Ponte, As Carballeiras, A Veiga, O Lameirón, O Corgo de Pito, O Río, As Grandes, O Campo, As Míllaras, a Costa, As Pedras, O Recobeco, Penacoba, A Rega, Os Conchecís, A Cabeza do Carballal, A Preiriña, A Cubeliña, As Muradellas, Barravacas, O Grameleiro, O Penedo dos Corbos, A Mallada da Fraga, O Penedo da Leña, Garcianas, A Costa da Fonte do Ollo, O Campo do Rei, O Campo Grande, A Corga do Can, A Corga da Mariña, Os Viocás, As Fontes, A Corga da Avelleira, A Corga dos Mallarengos, A Guímara, A Zureira, A Fonte Escura, Picós, Os Abesedos, a Cabeza da Modia, Os Liñares, O Cotote, O Pondón, A Cotarela, As Unlleiras, A Colada, O Corgo,A Revondeira, ..... E tantos, e tantos, e tantos outros sitios que percorremos de pequenos .... cando a lúa sabía a queixo fresco nos soños dos rapaces que non tiñan caramelos.

Fotos da festa 2004

O noso amigo Francisco Costa (fillo do Isauro) informanos na páxina de Camba en MSN desta noticia para min sorprendente e alucinante:

"Antonio Blanco e Jesus Blanco nasceram em Camba. Duas ruas em São Carlos (cidade do estado de Sao Paulo) Brasil homenageiam os irmãos Blanco Nuñes" "los hermanos Blanco Nuñes eran hijos de Francisco y Genara, y nietos de José Blanco Prieto y Maria Almeijeiras Guerra -y de- Joaquin Nuñez Requejo y Eulalia Prieto Romasanta".

Foto colocada por Francisco na Web de Camba en MSN.

¡Hai rúas en Brasil adicadas a xente nacida en Camba!!!!!!. Gracias pola noticia e pola foto, Francisco.

ALGÚNS DATOS DA HISTORIA DE CAMBA:

-Era de 1327 (ano 1289): prodúcese a venda de unha propiedade de CAMBA DE CARAMBO ó Mosteiro de Montederramo. A propiedade era de SANCHO PELAEZ e vendeuna por 300 "sueldos".

-Era de 1348 (ano 1310): Donación por SANCHA LOPEZ dun Casar (casa con moito terreno) que tiña en Camba e do "Quiñon" que tiña en Cerdedelo.

-Era de 1377 (ano 1339): Donación por SANCHO LOPEZ dun Casar de Camba ó mosteiro de Montederramo.

-Ano 1417: Lugares de Quintayro, Cabana de Otero de Camba de Carambo. Foro por dous moios de centeo.

     Todos os datos anteriores están rigurosamente documentados no libro 410 do Mosteiro de Montederramo, que fala de Camba e Cerdedelo. A miña conclusión é moi simple: o pobo de Camba é moi antiguo. Anímovos a seguir investigando.

     Para os amigos de España, Arxentina, USA, Holanda, Brasil, Colombia, Australia, Portugal, Uruguai, Mexico, Chile, Perú, Venezuela, UK, República Dominicana, Francia, Alemania, Puerto Rico, Suiza, Costa Rica, Salvador, Italia, Guatemala, Canadá, Ecuador, Panamá, Andorra, Bolivia, Suecia, Nicaragua, Bélxica, Japón, Polonia, Cuba, Noruega, China, Paraguai, Honduras ... para todos...

saúde, paz e ledicia,
amor e felicidade
para todos
para este ano

 


Hola Amig@s...


"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos" (GOETHE)


 

 

O home do unto

Creencias do campesiñado galego

O cultivo do LIÑO en Camba

O nacemento do Pobo de Camba: a lenda da Casa da Neve.

fotos da festa 2003

O Outono, e as Castañas.

O CASTIÑEIRO.

 

nonos ou mozos de Camba en 1.933

En 1933 había en Camba un mestre moi bó, o Sr. Alarcón. E na escola había moitos nenos. Nesta foto hai arredor de 80 persoas (incluíndo o crego e o mestre). ¿A cantos coñecedes?. Pincha na foto para vela mais grande. E a persoa que sexa capaz de decir os nomes de tódolos que están na foto recibirá un premio. (esta foto prestouma Elías, e quedamos en que tentaríamos conseguila con millor calidade para que o concurso poida ser mais doado). En calquera caso, o que chama a atención é a cantidade de xuventude que había en Camba en 1.933.


Este mesmo mestre, o Sr. Alarcón, animou ós rapaces da escola a poñer arbores pola Veiga abaixo, dende o Pobo ata A Ponte, pola veira do camiño, para que desen sombra, facendo unha fermosa entrada ó pobo.

E cando os prantaron fixo con todos os rapaces e coa xente do pobo unha festa do árbore, na que os rapaces recitaron poesías. Unha das que recitaron foi esta da que aínda se lembra de memoria José Rúa:

LOS ÁRBOLES SON TESOROS

Son los árboles tesoros
que en la tierra ha puesto Dios,
grandes bienes para el hombre
con ellos aseguró.
Tiene el aire por el árbol
saludable condición,
ecos dulces de las aves,
de las flores grato olor.
Dan los árboles la fruta,
dan madera, dan carbón,
la lluvia fecunda atraen,
las hojas quitan el sol.
Debe el niño bien criado
a los árboles amor,
defender los brotes nuevos
y evitar su destrucción
y así crecerán a un tiempo:
niño y árbol, y los dos
serán útiles al mundo
y tendrán su bendición.


Benvid@s a Camba



         Camba é un pobo moi fermoso, do concello de Laza, provincia de Ourense. Está a mais de mil metros de altura, cerca de Cabeza de Manzaneda, e lindando cos montes do Invernadeiro.

        Eu son Juan; nacín en Camba, e fago esta páxina para que sirva de punto de referencia para os "fillos de Camba" e os "amigos de Camba"; nela atoparedes fotos, versos, contos, pensamentos, cousas de senderismo (rillamillas), enlaces con outras páxinas (de temas como Galicia, o Camiño de Santiago, a natureza, o castiñeiro, o Dereito....).

       Espero a vosa colaboración para ir millorando pouco a pouco esta web: podedes enviar fotos, e calesquera escritos ou ideas a este email:camba@ya.com.


"Nunca es tarde para vivir bien" (Séneca)

Feliz cumpleaños a quienes estén de cumpleaños.

poesía

A veces sentimos que lo que hacemos es sólo una gota en el mar, pero el mar sería menor si le faltara esa gota. (Teresa de Calcuta)

PIDO Y DESEO PAZ Y AMOR PARA TODOS, PORQUE HOY ES UN BUEN DÍA PARA QUERER Y SER QUERIDO, Y PARA LUCHAR ENTRE TODOS POR UN MUNDO MEJOR, DONDE NO QUEPA LA GUERRA NI LOS ATENTADOS NI LA INJUSTICIA, Y DONDE HAYA COMIDA, PAZ, AMOR Y FELICIDAD PARA TODOS.
(Me sumo a la protesta contra todos los atentados, y contra todas las injusticias provocadas por una sociedad basada en el egoismo, el dinero, la avaricia, ...... y me sumo a las oraciones por una sociedad más justa, donde haya comida para todos, paz para todos, y entendimiento entre las personas y entre los pueblos. Me sumo a la oración por el respeto a la vida, y a la lucha por una vida más digna para todos los seres humanos de todo el planeta)

¿Onde está Camba?Mira aquí.

 

 

galicias.com/camba

"Encol da AMIZADE" (enviado por Alicia Bello)

Declaración de compromiso coa lingua galega promovida pola Fundación Premios da Crítica

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

o meu

 

 

 

 

P A Z

Amo la paz,

el silencio,

y la sombra,

y el fresco.

Y me tumbo,

y me tiendo

en la yerba,

en el suelo.

Feliz vivo,

¡ay!, sin tiempo

en mi sueño

y mi cielo.

. . . .

Me gusta la sombra,

y el fresco,

y la paz,

y el silencio.

(Neno, 04-10-82)

 

Contador
Benvidos a Camba

 

Ver o meu libro de Visitas Deixar unha mensaxe no Libro

 

Google

FUTURO DE CAMBA

Camba albisca

escuros séculos

de incerto futuro,

de calmada paz,

de fonda soidade,

de monte sin res,

de casas sin xente,

de fincas sin pan,

sin berzas, sin nabos,

sin patacas, sin ... nada.

Esmorecerá no tempo,

no monte e no aire,

no vento, no trono,

no ceo e na auga.

Quedará de ti

un fondo recordo

en corazón cambés,

en fotos, en libros,

en voces de historia

nos contos de vellos

nacidos eiquí

que viven lonxe,

que morren fora

que voltan frios

ó teu regazo.

Camba albisca

longo tempo

de olvido certo,...

de inexistencia.

Esmorecerá no tempo,

no leve recordo

de mentes que oiron

apaixoados contos

de vellos cambeses

nacidos eiquí,

que viviron lonxe,

que morreron fora,

que voltaron frios

ó teu regazo

Quedará de ti

un lene recordo,

un nome no mapa,

nun libro, no monte,

no ceo, no aire,

na neve, no vento

que move as gallas

dos castiñeiros

comidos do tempo,

das silvas, das xestas

das uces,...

do lume.

¿Qué quedará de ti?

(Camba, 23-12-2000)