Camba. Festa do 2005, 6 e 7 de agosto.
Juan
07/08/2005

banco camba01 diego eirexa
banco.jpg         camba01.jpg         diego.jpg         eirexa.jpg        
grameleiro incendio01 incendio02 incendio03
grameleiro.jpg         incendio01.jpg         incendio02.jpg         incendio03.jpg        
incendio04 incendio05 incendio06 incendio07
incendio04.jpg         incendio05.jpg         incendio06.jpg         incendio07.jpg        
incendio08 incendio09 incendio10 incendio11
incendio08.jpg         incendio09.jpg         incendio10.jpg         incendio11.jpg        
piscina01 piscina02 piscina03 piscina04
piscina01.jpg         piscina02.jpg         piscina03.jpg         piscina04.jpg        
piscina05 piscina06 piscina12 procesion
piscina05.jpg         piscina06.jpg         piscina12.jpg         procesion.jpg        
xuventude xuventude01    
xuventude.jpg         xuventude01.jpg        

     Un banco en escaleira (obra de inxenería de alta montaña made in Jorge), o eterno verde de Camba arredor dunha palleira esborrallada co lousado fundido, Diego (xuventude en bicicleta, o rapaz que coñece a serra coma a palma da mau,como a coñecían os vellos), a eirexa por dentro (fermosa bóveda de cañón, retablo querido, cores e luces, e sobre todo sentementos. Aquí rezamos dende hai séculos polos nosos mortos. Aquí están as raíces máis fondas das nosas almas), lumbeiros de Camba vistos dende o Grameleiro, e a noticia do día 7 de agosto do 2005 (o abraiante incendio da Pica, a medio camiño entre os pobos de Trez, As Eiras, Portocamba e Cerdedelo. O lume matando árbores e ferindo o corazón da terra. Uns animais foxen e outros arden. Os homes miran impotentes coa faciana curtida en mil guerras xa vividas. Os nenos choran de rabia. Están matando a natureza. Asesinos. As chamas son mais altas que o campanario. Parece imposible apagar este lume. Chegan os helicópteros. Logo os hidroavións. E pouco a pouco van controlando o lume). Pero non todo é lume. Hai máis cousas: a piscina con auga fría (na que pouca xente se baña, pero que sirve para dar fresco, e como lugar de reunión e charla), a xuventude, os nenos (facía moito tempo que non se vían en Camba tantos nenos pequenos), a música, a festa, o baile (ese reencontro coa adolescencia, cando os corpos fervían de sangue, de lume e de soños). Buscando o pasado. Atopando as raices. Vivindo o presente. E poñendo os cementos do futuro. E a familia que abraza, acolle, convida. A mesa na que non falta o cabrito. Esto é o pobo, a xente e a vida. Camba: onde nace todo o que somos.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador