INSTITUTO
DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
|||
MARIO BUNGE
No número 10 da revista ÁGORA DO ORCELLÓN publícase un interesantísimo artigo do filósofo MARIO BUNGE que leva por título Información +Comprensión = Coñecemento.
Mario Bunge é doutor en Ciencias Fisicomatemáticas, filósofo e profesor en varias universidades. Naceu en Bos Aires (Arxentina) no ano 1919. Fillo de Augusto Bunge e María Schneider. Ós 25 anos fundou a revista Minerva, adicada a promover a filosofía anti-irracionalista. Fundou a Universidade Obreira no ano 1938. Estudou física na Universidade da Plata. Viviu e traballou en varios países. Actualmente traballa na universidade McGill University (Montreal-Canadá).
A súa visión da filosofía rompe cos moldes ó uso. Fai a filosofía partindo da ciencia. Filosofía da ciencia.
Mario Bunge é un dos filósofos vivos máis importantes do mundo. Entre outros moitísimos recoñecementos recibiu o premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 1982.
O feito de poder publicar un artigo de Mario Bunge no número 10 de ÁGORA DO ORCELLÓN supón un éxito enorme da revista.
No mes de maio de 2003 celebráronse en Vigo as XIII Xornadas de Filosofía, que foron un homenaxe internacional ó filósofo MARIO BUNGE, que tamén participou nelas. As conferencias que alí se pronunciaron recolléronse logo nun libro do que se pode ver de seguido a portada e a contraportada. Os títulos das conferencias recollidas no devandito libro son:
Se alguén está interesado en adquirir o libro, que o solicite por email