galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Ïndice de Artigos de ágora do Orcelón

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
ÁGORA DO ORCELLÓN

Inicio
Ïndice de Artigos de ágora do Orcelón
 

PRESENTACION
(Do número 2 da revista Ágora do Orcellón)

AVELINO MULEIRO GARCIA

DIRECTOR

     Na comarca do Carballiño, coma noutros moitos pobos de similar ancestral raigame, sempre hai algo esquecido que ós seus coterráneos nos importa de cerca. A ese encuberto pasado ven retando decote na súa aínda breve xeira o Instituto de Estudios Carballiñeses, dende o que se impelen luzadas de entusiasmo e refachos de fantasía para incrementar a nómina de achados. Cada un deles é un elo máis co que se tece e fornece a intrahistoria das Terras do Arenteiro. Ende ven, cada vez somos máis os que a retesía reconchegamos azos neste terrádego cultural, agargalando achádegos relegados e afáns esparexidos.

     Ágora do Orcellón, como voceiro que propala o dinamismo cultural do Instituto, é a estampa panóptica dan constante rebulir intelectual que non cesa nesta comarca ourensá.

     Tódolos estudios que van saíndo á luz nesta publicación contribúen a ampliar a historia da comarca, activando o pulso da súa vida cultural.

     O segundo número ven confeccionado con estudios de incuestionable rigor científico e preséntase deliciosamente interesantes. Espero que o éxito acadado pola primeira entrega penda ser igualado por esta segunda. Abofé que as expectativas son optimistas, porque a aposta que fixemos tanto polos colaboradores coma polos asuntos aquí relatados auguran resultados espectaculares e do máximo interese. Os escritores, que recaman con achego cada páxina desta revista, gozan de sona e de brillante predicamento cultural, engaiolándonos co relento agarimoso no que se impregnan as súas ideas. Os estudios que vertebran os contidos desta publicación representan, dende a miña perspectiva, un auténtico reclamo para tódolos vilegos carballiñeses que teñan inquedanzas por coñecer episodios singulares dunha historia que tamén e a súa.

     No apartado das gratitudes, permítanme singularizar o agradecemento ó Concello de Leiro, que por medio do seu empendedor e ilustrado alcalde, don Francisco Xosé Fernández Pérez, fixo posible, en boa parte, a saída do prelo desta segunda entrega de Ágora do Orcellón. En segundo lugar, a nosa gratitude á Dirección Xeral de Política Lingüística da Comsellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e á Excma. Deputación Provincial de Ourense palas súas colaboracións institucionais.

     E, non me quixera esquecer de expresar a nosa gratitude os profesores que colaboraron no estudio do concello de Leiro: o profesor D. Gumersindo Marcos Conde, o profesor D. Xulio Álvarez Crespo, o profesor D. Gonzalo Navaza e o profesor D. Xosé Antonio Barge Gil, coordenados polo noso deseñador D. Xoán Valcárcel. As persoas que, de modo compracente, axudaron a recopilar información para o estudio dos monumentos de Leiro -a bibliotecaria da Penzol, Marián, e os bibliotecarios de Caixanova das Travesas, Conchi e Xose Ramón- o noso recoñecemento.

     E, por último, o noso agradecemento ó excelente e magnífico pintor Antón Pulido, deseñador das portadas da revista.

 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador