galicias >> instituto de estudios carballiñeses

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

 

     Curso de termalismo 2010.
     Programa do curso de termalismo 2010.

O fallo do xurado dos premios do X Concurso literario convocado polo Casino do Carballiño e o Instituto de Estudios Carballiñeses é o seguinte:

- Primeiro premio: "A Meiga Lucinda"
Autora: Marisa Barreira Quintairos de Ourense

- Segundo Premio: "Dolorosa despedida"
Autor: Manuel Terrín Benavides de Albacete.

 

     A ASEMBLEA DO INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES e a presentación do número 19 da revista AGORA DO ORCELLÓN TIVO LUGAR O SÁBADO DÍA 6 DE MARZO DE 2010


- XIX xornadas de filosofía. Vigo, días 13, 14, 15 e 16 de outubro de 2009

- As persoas que desexen facerse cun exemplar do fermoso libro UN CONTO QUE NON O É TANTO, de Eduardo Bernárdez, poden solicitalo por e-mail a esta dirección: idecarballino@yahoo.es. O prezo son 10 euros.

 

HISTORIA

     O Instituto de Estudios Carballiñeses foi inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense o 14 de xuño de 1999. Os seus Estatutos foron elaborados por unha Comisión Xestora, para máis tarde, unha vez recoñecida a asociación, ser aprobados en asemblea polos asociados.

     Os fins do Instituto, tal como se di no artigo 2º dos Estatutos, "serán fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes, etc. así como en tódalas manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca".

     O Instituto estructúrase en Seccións. Entre elas está a de Etnografía e Arqueoloxía, Toponimia, Filoloxía, Literatura e Arte, Antropoloxía, Ciencias Xurídicas e Sociais, Economía, Arqitectura e Urbanismo, Turismo e Deportes, Bioloxía e Medio Ambiente, Emigración e Comunicaciones.

     Ó frente de cada Sección hai un Presidente encargado de dirixir e coordinar os traballos.

     A Xunta de Goberno é o Órgano Executivo do Instituto e está formada por un Director, un Vicedirector, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoureiro, un Vicetesoureiro e varios vocais.

 

A Xunta de Goberno está formada por:

Director: Avelino Muleiro García

Vicedirector: Xosé Luís García Rodriguez

Secretaria: Ana Isabel Rodriguez Bernárdez

Vicesecretario: Xosé Luis Blanco Nogueira

Tesoureiro: Perfectino Fontaíñas Rúa

Vicetesoureiro: Manuel Torres Campos

 

Na actualidade o Instituto de Estudios Carballiñeses conta con máis de douscentos socios.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador